martes. 12.11.2024
El tiempo

O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP

O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP
Festival de webseries e Contidos Dixitais Carballo Interplay

En marcha o III Carballo Interplay. A terceira edición deste pioneiro festival audiovisual e internáutico xa ten datas. Os días 5, 6 e 7 de maio as mellores webseries invadirán a capital bergantiñá, e volverán situala como unha referencia estatal no eido dos Contidos Dixitais e un epicentro de creatividade dixital.

O Concello e a organización do evento completan a oferta cun ciclo formativo que se desenvolve nos meses previos, o FormaCIP, que nesta edición amplía a súa oferta tamén á xente miúda. Novas narrativas, marketing dixital, novas tecnoloxías, produción e financiación audiovisual, dirección de actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica codeco ou emoticonos analóxicos son algúns dos coñecementos que adultos, estudantes, nenos e nenas poderán adquirir no ciclo formativo do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, FormaCIP, dende o vindeiro 12 de marzo ata a mesma fin de semana do Festival.

Os obradoiros para adultos e estudantes

Imaxe dos obradoiros FOrmaCIP do ano pasado Imaxe dos obradoiros FOrmaCIP do ano pasado

O Fórum de Carballo acollerá a completa oferta educativa do FormaCIP, que comezará o sábado 12 de marzo co obradoiro “A web como canle para contar historias” impartido por Óscar Otero. Unha semana máis tarde, os días 19 e 20 de marzo, será o produtor Felipe Lage quen imparta o obradoiro “Produción e financiación”. A fin de semana do 2 e o 3 de abril, María Yáñez impartirá un curso titulado “Marketing na rede e dende abaixo para o teu produto audiovisual”. Todos eles custarán 20 euros.

A fin de semana seguinte, Alfonso Zarauza ofrecerá un obradoiro de tres días sobre “Dirección de actores”, que custará 30 euros. E do 26 de abril ao 1 de maio as persoas que o desexen poderán coñecer de primeira man todo o proceso de “Creación dunha webserie: Do guión á distribución”, da man de David Saínz e Teresa Segura, cun custo de 100 euros.

Obradoiro FOrmaCIP do 2015 Obradoiro FOrmaCIP do 2015

Os obradoiros para nenos e nenas

Dende o obradoiro de Robótica con Lego Mindstorms que impartirán os Code Monsters e o de Micropaleta gráfica Codeco dos Esferobite, para nenos e nenas de 7 anos ou máis; ata o de Robótica express: programación e electrónica con Arduino, impartido tamén por Code Monsters, para rapaces de a partir de 12 anos; pasando pola Creación de emoticonos analóxicos de Paula Fraile, de 9 a 13 anos; todos os obradoiros infantís do FormaCIP serán gratuítos.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na web: www.carballointerplay.com ou en [email protected].

cartel_Formacip-Carballo 2016

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios