O patrimonio volve ás mans da cidadanía
Dise do herdeiro forzoso en dereito, daquel ao lle que quedou unha casa de aldea (sirva como exemplo típico galego) que non quere, que non valora, que non sabe que facer con ela. Este feito, tan propio da Galicia do século XXI, simboliza perfectamente a situación do país perante o inmenso patrimonio que temos. I é que parece que tanta riqueza nos pesa máis do que nos dá.
Así leva por título este libro, ou "libelo", como gustan de chamarlle os protagonistas, que non é máis que a primeira achega da revolución que se está xa levando a cabo no mundo da arqueoloxía e da cultura galega: "a revolta que devolve a propiedade, a responsabilidade e o protagonismo do patrimonio á cidadanía".
Así levan presentando por toda Galicia o "mediático" arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista "de batalla" Manuel Gago (ollo cos curiosos e supostamente despectivos adxetivos que lle endosaron dende o eido cultural galego para restarlle importancia...). "Herdeiros pola Forza", editado por Editora 2.0, do loureán Antón Lado (esperamos telo pronto colaborando en QPC!), xa representa toda unha transformación no xeito de facer arqueoloxía, achegando ás xentes de a pé, un saber que parecía reservado ás elites.
Herdeiros pola forza é un "alegato pola transparencia informativa, criticando o escurantismo das altas instancias tratando dee devolver o patrimonio a xente. O patrimonio ten unha funcion e é noso! O patrimonio serve para vertebrarnos".
De feito, xa timos lido un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter, que dá conta da visión crítica do arcaico mundo piramidal da arqueoloxía galega que aínda existe. Unha "arqueoloxista acadecimista" que mira aos paisanos coma salvaxes, partindo dunha administración, a que fixo as leis que quitaron o valor de Ben para convertir o patrimonio nun estorbo, que máis se coñece como ente "destrutor" que conservador.
Un xérmolo revolucionario na Costa
E aló polo 1947 un tal Luis Monteagudo xa falaba de "turismo arqueolóxico" e de "posta en valor", agora con internet temos un mundo de posibilidades. E o exemplo de que esta revolución é unha realidade témolo precisamente na Costa da Morte. Tanto Xurxo como Gago falan e falan do acontecido o pasado verán en Lira co Proxecto da Torre dos Mouros, unha experiencia que está a cambiar o xeito de facer arqueoloxía engalicia.
De feito, as cousas xa están partindo dende a xente propia de Carnota, que neste Entroido artellan unha subida á Torre dos Mouros, ademais do fantástico Punto Científico, e xa están artellando un congreso para xuño baixo o título "De Castros a Castelos", do que estaremos moi atentos. "É posible facer algo o lira é un exemplo!"
Así e de claro remata Xurxo unha das súas ponencias sobre o libro, con esta imaxe de Man, a piques de morrer xusto cando o chapapote invade a súa casa: "Esta choupana mexa pola cidade da cultura en arqueoloxia da dignidade".
Máis información
- 2.0.Editoria: Hereideros pola forza.
- Capítulo 0: Heredeiros pola Forza.
- Certo: Entrevista con Xurxo Ayán e Manuel Gago.
- Blog de Manuel Gago: Capitulo 0.
- Blog de Xurxo Ayán: Arqueoneixón.
Novas relacionadas
- Un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter.
- A Costa da Morte tamén é Heredeira pola Forza.
- Carnota, Punto Científico.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- Os nenos tamén aprenden arqueoloxía cos contos da Torre dos Mouros.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).