Programa de actividades para o Verán en Carnota

08:58 11/06/13

Chega o verán cheo de actividades dende Carnota. Asociacións e Concello póñense da man para presentar un calendario cargado de propostas lúdicas, repartidas nos meses de xuño, xullo e agosto. Para moitas delas hai que apuntarse no Concello, deixar os datos e asinar a autorización correspondente.
Mes de xuño
- Sábado 15: Festival de Baile Galego en Lombáns (ANPA CEIP de Carnota)
- Mércores 19, ás 19:30h: Festival de Fin de Curso Escola de Música Municipal.
- Venres 21, ás 17:00h: Festa de Fin de Curso da Escolas Deportivas Municipais.
- Venres 28: Ruta didáctica pola natureza con Sven (previa inscrición)
- Do 24 ao 30 de xuño: Xornadas de pesca no Pindo con diversas actividades (Confraría do Pindo)
Mes de xullo
- 6 e 7: Festa da Empanada de Millo e da Cabaseira en Lira (Asociación CANLE)
- Sábado 6: Subida guiada á Moa, no Pindo (previa inscrición).
- Do 8 ao 12: Campionato de Tenis para maiores de 16 anos (previa inscrición)
- Venres 12, ás 11:30h: Contacontos na Axencia de Lectura do Concello.
- Do 12 ao 14: Encontro Monte Pindo co Trail Galicia Máxica do Pindo (ADRC Pedramar)
- Martes 16, ás 11:00h: Proxección de película infantil en Lariño, no local veciñal.
- Mércores 17: Ruta de sendeirismo para todas as idades (previa inscrición)
- Xoves 18: Excursión pola natureza con Sven (previa inscrición)
- Venres 19, ás 11:30h: Contacontos na Axencia de Lectura do Concello.
- Do 22 ao 24: Torneo de Fútbol Praia para menores de 16 anos (previa inscrición)
- Luns 22, ás 11:00h: Proxección de película infantil en Lira, na Casa do Mar.
- Do 29 ao 31: Campionato de Tenis de Mesa para menores de 16(previa inscrición).
- Martes 30: Excursión pola natureza con Sven (previa inscrición)
Mes de agosto
- Venres 2, ás 11:30h: Contacontos na Axencia de Lectura do Concello.
- Luns 5, ás 11:00h: Proxección de película infantil en Carnota, no Concello.
- Martes 6: Excursión pola natureza con Sven (previa inscrición)
- Sábado 10: Carreira pedestre e sardiñada en Lira. (CANLE)
- Do 12 ao 23, de 10:00h a 13:00h: Campamento Urbano Municipal para os nacidos no 2009 en diante (previa inscrición, do 1 ao 15 de xullo. 35 prazas por orde de inscrición)
- Venres 16, 11:00 h: Andaina pola praia para menores de 14 anos (previa inscrición)
- Domingo 18: Subida guiada á Moa, no Pindo (previa inscrición).
- Sábado 24: Carreira das Areas pola praia de Carnota (previa inscrición)
- Martes 27: Excursión pola natureza con Sven (previa inscrición)
- Xoves 29, ás 11:00h: Proxección de película infantil no Pindo, no CEIP, nas instalacións da Escola de Música e Subida á Moa (previa inscrición)
Novas relacionadas
- As Xornadas de Pesca do Pindo botarán outro ollar ao mar na procura da diversificación.
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
Fonte
- Concello de Carnota.