sábado. 15.03.2025
El tiempo

O Rockin`Carballo abre a temporada de festivais na Costa da Morte

O Rockin`Carballo abre a temporada de festivais na Costa da Morte
Presentacion-do-Rockin-Carballo

Xa vimos os vídeos dos 4 grupos protagonistas. Pero é que o festival Rockin’ dá para moito, reforzando o papel de Carballo como concello dinamizador da creatividade xuvenil. Os representantes do goberno local, da Asociación Cultural San Xoán e dos grupos participantes presentaron onte o cartel, mostrando outra ollada do que nos ofrece Carballo.

O Rockin’ é un deses espazos pensados para os máis novos, e este ano chega ademais arroupado por un importante salto de calidade en canto a imaxe. Por parte do Rockin’, polo cartel presentado hoxe pola mañá, un deseño de Gende Estudio que todos os participantes no acto destacaron pola súa forza, a mesma que vai ter o festival.

“Empeza a tempada de festivais, e empeza bastante forte”, apuntou Xosé Antonio Deus, un dos organizadores, en clara sintonía co potencia da Axenda Sonora da Costa da Morte.

“Facemos unha aposta por grupos alternativos, que se moven máis no underground nacional e mesmo internacional”, dixo. Aí están The Government, de Madrid, que xa tocaron no XiriaPop, e que “son tres pero parecen trescentos”, comentou. Dos valencianos Wau y Arrrgs puso a énfase no vocalista, “un auténtico animal no escenario”, e de Idealipsticks, a “voz canalla de Eva”. Pero hoxe o protagonismo foi para os da casa, os Apart, que estiveron en pleno na presentación. A súa vocalista, Inés, agradeeu a “gran oportunidad” de tocar con estes grupos e expresou o seu desexo de que o Rockin “llegue más lejos y más fuerte”. O seu compañeiro Pedro agradeceu á Asociación Cultural San Xoán “que contasen con nós”.

O resultado desta mestura de procedencias, estilos e voces, entre as que destacan dúas femininas, verase e escoitarase o 27 de xuño, na zona dos Baños Vellos. A noite pecharase con dous dj que darán moito que falar.

Máis información

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte

Comentarios