Los Enemigos volverán a Malpica polo Nordestazo Rock 2014


Seguimos descubrindo avances dos carteles dos festivais da Axenda Sonora da Costa da Morte, que parece que este ano traspasan fronteiras. Xa estivemos por Valarés coas súas bandas internacionais, polo #CasteloRock14 cun triunvirato nacional tremendo, e hoxe, tamén a ritmo de rock&roll, presentamos o avance do Festival Nordestazo 2014, que encherá de amantes da boa música o peirao de Malpica o vindeiro sábado 26 de xullo.
E se o ano pasado foi Loquillo o gran referente que encheu o porto, este ano tócalle a outros dos míticos. Los Enemigos volvían xuntarse o ano pasado e tras pasar un verán enchendo festivais e un inverno enchendo salas, os Josele Santiago, Fino, Chema e Manolo estarán este vindeiro verán están en Malpica, rememorando aquel concertazo do 2001.
Quedan varias bandas por confirmar, pero o segundo avance que nos dá a organización da Tralla é a banda coruñesa Ånima, cun rock propio sen definir e xa cun disco editado, Tresmilonce, baixo o brazo.
Unha mostra do que son capaces Los Enemigos nesta nova etapa, cun "Complejo" igual de espectacular que antano:
Máis información e compra de entradas
A venda de entradas para esta edición do Nordestazo iniciarase o próximo mércores a partir das 10:00h da mañá en Ticketea e Novagalicia entradas a un prezo de 15,50 € as 300 primeiras entradas ou ata o día 30 de abril, momento no que mudarán de prezo.
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas da Axenda Sonora
- Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Los Suaves, Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).