Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés

Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés
The Undertones e Lisa and de Lips no Festivasl VdeValares

Pois si, chegan as primeiras bandas internacionais ao Festival VdeValarés. E chegan por partida doble, dando un gran salto nas aspiracións deste Festival, que xa é cita fixa no panorama indie nacional e, pouco a pouco, europeo.

The Undertones e Lisa and The Lips poñen un poso de Festival dos grandes á cita pontecesá. Os irlandeses farán o seu único concerto en España, mentres que o novo proxecto de Lisa Kekaula achegará a Valarés a súa única cita en Galicia.
Ambos estarán acompañando aos, como xa contamos Corizonas, We Are Standard, Depedro e El&Ella DJ´s.

A historia do punk rock en Valarés

Así tocaban xa, como grandes estrellas do mundo do pop rock e new wabe irlandesa, en 1978. Dende Belfas ao mundo, xa con máis de 3 décadas enriba do escenario, cunha parada longa, de 16 anos entre a súa separación no 1983 e a súa volta aos escenarios no 1999.

Chegan con boas referencias, como uns rapaces, despois do seu concertazo no Andoaingo Rock Jaialdia de Andoain el pasado año 2013, onde aquí os vemos cantando ese mesmo Teenage Kicks, máis en forma que nunca.

Rock de sempre con Lisa Kekaula

Esta muller vale un concerto ela soa. A nova proposta da incansable Lisa Kekaula co seu compañeiro nos The Bellrays, Bob Vennum, traerán o seu puro rock and roll á Costa. Salvaxe a voz desta brava, como podedes comprobar vós mesmos.

Máis confirmacións

E estade atentos ao Facebook do Festival V de Valarés, que non son os últimos que saltarán o sábado 16 de agosto á praia de Valarés! Esperamos máis confirmacións, pero non deixes de mercar a entrada xa por 15€ en ticketea.

Máis información

Novas relacionadas

Otras novas festivaleiras

Outras novas musiqueiras

Fonte

Comentarios