Venres. 29.03.2024
El tiempo

"O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección"

"O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección"
Xose Regueira na FITUR O deputado carballés Xose Regueira nunha das presentacións da FITUR

Falabamos onte da dispersión costeira na FITUR. Un problema case endémico sobre o que hai que traballar para dar unha imaxe de territorio único (en todos os sentidos).

E precisamente nesa liña vén de falar na Radio Nordés Cadena Ser o deputado carballés Xosé Regueira, un dos responsables da entidade provincial a nivel turístico e que pasa estes días na feira madrileña. Despois das presentacións, recoñece que o verdadeiro traballo é do dos días seguintes, de "networking" cas axendas nas persoas especializadas do sector. E fala de unión, esa palabra tan necesaria para vender ben o noso inmellorable produto.

Regueira considera que "foi unha xornada moi positiva a xornada para presentar as potencialidades turísticas do noso territorio nun dos escaparates máis importantes do mundo". Destacou o Camiño dos Faros, e xa sinalou que a Deputación aposta pola homologación como Ruta de Longo Percorrido, e lembrou a presentación da web da patronal, CMAT, moi ben defendida, por certo, segundo nos contan varios dos asistentes.

Iso si, lembrou que "todos os produtos que se traian á feira son positivos sempre que se fagan na mesma dirección. Todo está ben se somos capaces no futuro se somos capaces de buscar unha liña de actuación conxunta, coordinada, colaborativa, entre todos, e aí será onde conseguiremos os bos resultados", sinala.

Nese sentido, continúa sinalando que "hai moitos axentes implicados no desenvolvemento turísticos que temos que aunar esforzos e tirar na mesma dirección, tanto administracións públicas como sector privado nun ámbito colaborativo. Na deputación apostamos por aparecer baixo o paraugas do stand de Turgalicia, pois creo que Galicia é a referencia mundial no que temos que protexernos. E nese stand intentar que a mostra da Costa da Morte teña unha forza máis atractiva. E iso só se consegue unificando esforzos. Cremos que é a única maneira porque dispersando esforzos o único que imos provocar é que con máis cartos imos facer menos cousas, por iso temos que buscar vías de colaboración, repartíndonos o traballo pero onde todo o que se faga sexa na estea orientado no mesmo obxectivo".

Falou do CMAT Regueira, e se ben persoalmente considera que o Consorcio sería a mellor vía para xestionar un Xeodestino, unha vez desbotado pola Xunta, entende que "unha entidade que aglutine a parte pública e privada é fundamental. E o CMAT, ademais da alta dose de esforzo e traballo, ten unha alta dose de ilusión e iso é moi importante. É fundamental que dende este ente que se ordene cal ten que ser as acción do turismo no futuro. Por iso intentamos apoiar e dar os nosos puntos de vista como ten que facer todos os que estamos representados nese ente.".

A nova estratexia provincial

Regueira presentaba o xoves a nova estratexia provincial en materia turística. “O turismo, para o goberno provincial, é un sector estratéxico, pola súa importancia económica, máis tamén cultural e territorial”, defendeu Xosé Regueira en FITUR na presentación dunha nova etapa na que a aposta vai ser pola calidade, a competitividade e a promoción dos xeodestinos. Un sector competitivo, sempre desde criterios de sustentabilidade, é o obxectivo marcado polo goberno da Deputación que actúa sobre un territorio que, segundo o responsábel da área, ten un amplo abano de posibilidades e un enorme potencial de atracción turística. “A nosa proposta concrétase no aumento da calidade dos servizos turísticos, na axuda á profesionalización e mantemento da información e planificación turística e na posta en valor de recursos turísticos e do patrimonio ademais dunha aposta pola diversificación, promoción e mellora da comercialización”, resumiu, da nova proposta que ten a súa nova imaxe no programa “1 Provincia en 6 Destinos” que se presentou en FITUR e se repartiu en diversos soportes. Itineriario Europeo do Megalitismo Entre os numerosos contactos que FITUR facilitou para a área de goberno da Deputación en materia de Turismo especialmente interesante foi o encontro con Delphine Martins, responsable da comunicación de Bretaña con que se estudaron novas vías de colaboración. Xosé Regueira avanzou tamén en encontros con representantes da Universidade de Barcelona a posibilidade de incorporación da Costa da Morte e a Barbanza no Itinerario Europeo de Megalitismo. “Queremos marcar unha estratexia conxunta con territorios que xa están incorporados ao itinerario porque confiamos na riqueza e interese do noso patrimonio megalítico e esa é unha das novas liñas de actuación polas que queremos camiñar”, apuntou Regueira. Recordou ademais a especial atención que despertou a presentación do Camiño dos Faros. “Trátase dun produto sostíbel economicamente que espertou un singular interese. Neste proxecto estamos a colaborar cos concellos do litoral polos que transcorre a rota e non temos dúbida de que é un camiño a apoiar”, comentou o responsábel de Turismo da Deputación nunha presencia en FITUR que tivo o sendeirismo como unha das súas apostas.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios