Xoves. 27.01.2022
El tiempo

Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural

Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural

Este pasado martes, centos de profesionais das Artes Escénicas e do mundo da Cultura en xeral, concentráronse diante da Cidade de Cultura co lema de “Cidade da Cultura? Cultura nas cidades. Non ao desmantelamento cultural". Unhas mobilizacións que serven para denunciar diante dos responsables culturais a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector das artes escénicas e da cultura en xeral.

E entre o panorama cultural galego cada día hai máis presencia costeira. Sen ir máis lonxe puidemos ver en primeira plana actores ceenses como Toño Casais, Artur Trillo, Dani Trillo, ou Rubén Prieto Tomé que sacaba a foto que a propia Asociación de Actores e Actrices de Galicia utilizou na nota de prensa.
Non quedou aí a participación e tendo en conta que seguro que algún se nos escapa, destacamos a presenza de outro clásica da pantalla: o carnotán César Cambeiro, que nas últimas datas está triunfando no seu papel en Matalobos, a serie da TVG do momento.

Unha situación delicada

I é que segundo denuncian a Xunta segue debendo cartos do curso pasado, e chegan a falar da "morosidade" da Xunta. Xa non é só que o panorama se presente cru para os vindeiros meses, se non que as empresas acumulan atrasos nos cobros superiores aos seis meses. Deste xeito, aseguran que 200 empresas e poñendo en risco de desaparición de centos de postos de traballo.

Así, actores, directores, titiriteiros, magos, bailaríns, artistas de circo, técnicos, produtores, dramaturgos, escenógrafos, figurinistas, iluminadores, atrezistas, músicos, responsabeis das salas, etc, aproveitando a inauguración do I Foro de Espazos para a Cultura, quixeron poñer de manifesto diante do Presidente da Xunta e do Conselleiro de Cultura o seu malestar pola ausencia dunha política cultural e unha mala xestión da Administración, que está aproveitando a coartada da actual crise económica para desmantelar o sector.

Ao remate da concentración, unha representación dos alí presentes foron recibidos polo Conselleiro de Cultura ao que lle fixeron chegar o manifesto coas reivindicacións e saíron co compromiso de Roberto Varela de pedir á Consellería de Facenda unha excepcionalidade para facer frente así aos pagos pendentes que afogan a este sector.

Máis información

  • Video da Mobilización na Cidade da Cultura.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    comentarios