Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os nenos porán o broche a un gran FIOT

Os nenos porán o broche a un gran FIOT
O Concurso de Teatro Lido centrará a Gala Final do domingo para pechar o FIOT

Hoxe, xoves 31, toca a última sesión de sala cunha obra da madrileña Prod. Teatrales Contemporáneas, que pechará este impresionante programa do Festival Internacional de Outono de Carballo FIOT, xa convertido nunha referencia a nivel nacional.

Pero o broche de ouro chegará este domingo 3 de novembro ca gala final, na que seis grupos de afeccionados ao teatro radiofónico defenderán as súas interpretacións no Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”,. A compañía de clown “Os 7 Magníficos máis 1” presentará a gala, cun espectáculo destinado a público familiar.

Serán un total de 39 nenos os que defenderán as súas pezas nunha edición na que participaron uns 150 mozos de colexios e asociacións da comarca de Bergantiños divididos en 20 grupos. Os clasificados recibirán premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850€ e canxeables por libros e material didáctico.

Na primeira categoría, integrada por grupos nenos e nenas de ata 10 anos, as pezas radiofónicas elixidas polo xurado foron “A noite das mudanzas” do grupo Cances, do CRA Ponte da Pedra; “Nin ouro, nin prata, nin rabo de gata do grupo”, de A Esmorga do CEIP Canosa-Rus; “A visita do inspector” do grupo Os Pillabáns do CEIP Xesús San Luis Romero; e “Puchiño vermello” do grupo Os Revoltiños do CPI As Revoltas.

Na segunda categoría, grupos de nenos e nenas a partir de 11 anos, as escenificacións que pasan á final son “A inspectora preguntona”, do grupo Os Respondóns do CEIP Bergantiños; e “O auto do labrego” do grupo Escola Municipal de Teatro de Cabana de Bergantiños.

O Xograr de Ouro para Pico

O fillo de Pico recibindo o Xograr de Outono a titulo postumo-Foto-Raul Lorenzo

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) outorgou nesta edición o Xograr de Outono a Xosé Manuel Olveira “Pico” a título póstumo. O falecemento do actor en xuño de 2013 aos 58 anos causou gran conmoción no sector audiovisual e teatral. O acto de entrega tivo lugar o sábado 26, como vén sendo habitual, antes do inicio da función de sala de Teatro do Aquí (21.00h), a compañía do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, primeiro Xograr de Outono do FIOT en 2002.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios