Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Por fin un dominio e un dicionario de sinónimos en galego

Por fin un dominio e un dicionario de sinónimos en galego
PuntoGal e Portaldaspalabras

De noraboa estamos todos os que escribimos en galego. I é que na pasada semana, tiña lugar a aparición do primeiro dicionario de sinónimos en lingua galega na rede (e moito máis), mentres a Asociación puntoGAL facía pública a aprobación do dominio .gal.

Dende QPC, membro da Asociación de Medios en Galego, consideramos ambas novas como moi importantes para a confirmación da lingua galega como unha lingua útil e noble no espectro do século XXI.

Aprobado o dominio PuntoGal

O Mazarican Manuel Gonzalez presentando a aprobacion do PuntoGal

Foi o mazaricán Manuel González, que a piques estivo de converterse no Presidente da Real Academia Galega o pasado mes, o encargado, como presidente da Asociación puntoGAL, de anunciar a aprobación por parte do organismo ICANN do dominio .gal. Unha loita que leva en marcha dende o 2006, e que contou co apoio da rede para facer presión.

González explicou os prazos e as normas que rexerán o lanzamento do .gal. Desta forma, primeiro serán os organismos públicos os que accedan a estes dominios, para comezar despois co público en xeral, que terá que tomar contacto coa entidade.
Non deixen de ler o seu completo discurso explicando a historia do movemento.

Portal das Palabras

gracias a aparición www.portaldaspalabras.org é moito máis que un dicionario de sinónimos, pero queremos destacar esta función ao ser tan novedosa.

Trátase dunha iniciativa que parte da RAG e a Fundación Barrié, levado a cabo, pola Educa Barrrié e o Seminario de Lexicografía, que afonda no mundo do léxico galego.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios