Pratos de ouro para dous restaurantes de Fisterra e Laxe


Segue Costa da Morte sempre sacando a cabeza en materia gastronómica. E desta volta, estivo presente na Coruña, na entrega de Radio Turismo dos Premios Nacionais de Gastronomía, Pratos de Ouro, a restauradores da provincia.
Os restaurantes Tira do Cordel de Fisterra e mais a Casa do Arco de Laxe estiveron entre 9 premiados da provincia. Ao carón estaban os Mesón A Roda de Santiago, O Mesón de Deus de Ordes, A Cantina do Rio Covés de Pontedeume, O Asador Betanceiro de Carral, O Son do Miño de Teo, O Señor Maior de Arteixo, o Restaurante Ricardo e o Restaurante Abuín, ambos da cidade da Coruña.
Estes Pratos de Ouro recaen naqueles profesionais da gastronomía, chefs e restaurantes e co que se pretende recoñecer e incentivar o sacrificado labor dos profesionais da gastronomía. A primeira edición dos Premios Nacionais de Gastronomía, Pratos de Ouro tivo lugar en Madrid en 1985 e naquela ocasión os galardonados foron restauradores da talla de Arzak ou Arola entre outros.
Doble noraboa para o Tira do Cordel
De doble noraboa está o Tira do Cordel. O seu propietario vén de facerse cargo, xunto ao empresario costeiro Jesús Picallo, do mítico Playa Club da cidade da Coruña. E xa decidiron poñerlle nome: "Tira do Playa".
Novas relacionadas
- O polbo da Costa da Morte estrea marca propia dende a rede.
- En marcha os menús arqueogastronómicos de Vimianzo.
- Receitas do Outono Carballés: Lasaña de pasta caseira con boletus e castañas.
- Apenas 5 Casas de Turismo Rural da zona participan no Outono Gastronómico de Turgalicia.
- A Gran Orden Gastronómica da Costa da Morte estreouse no Xantar.
Fonte
- FEAGA.