Seavia regueifa pola Rexoubeira de Bergantiños

09:25 02/01/14

Este sábado 4 de xaneiro, ás 17:00 da tarde, na escola de Seavia en Coristanco, terá lugar unha homenaxe dos regueifeiros de Bergantiños a Asunción Antelo, a artista polifacética coñecida como a "Rexoubeira de Bergantiños".
No acto intervirán D. José Pumar Gándara (ex-párroco de Seavia), José Antonio Andrade, e os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes e Guillermo da Rabadeira. Precisamente os 3 últimos regueifeiros que quedan vivos en Bergantiños, tralo pasamento de Fermín da Feiranova, demostrarán o poder que ten o cante popular galego.
Máis información
- Vieiros 2008: Entrevista en vídeo con Asunción Antelo.
Novas relacionadas
- 2010: Unha merecida homenaxe a Asunción Antelo, “A Rexubeira de Bergantiños”
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).