![sereas e piratas Evencio]()
O Concello de Carballo presentou nas últimas horas no Pazo da Cultura o Festival Sereas e Piratas. A cita celebrarase na praia de Razo na xornada deste sábado, 23 de xullo de 2011. No acto de presentación estiveron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e varios representantes da Asociación Cultural Rebeldía, organizadores do evento, ademáis doutros responsables.
Trátase da sexta edición do evento, que un ano máis encherá a praia de Razo con
surf, boa música e moita xente con gañas de festa. Este ano contarán ademáis cunha carpa e espazos reservados para a acampada.
José Antonio Deus, presidente da Asociación Cultural Rebeldía, subliñou que o festival “segue na mesma liña dos anos anteriores, con
grupos galegos de moita calidade e nesta edición con El columpio asesino como cabeza de cartel”. Outra das organizadoras, Vanesa Ínsua, ficho un chamamento ao civismo para o coidado da praia. Como novidade, este ano haberá que pagar por primeira vez. O custe da entrada é de 5 euros, un prezo que dende a organización consideran “baixo para desfrutar dun cartel como o que temos”. I é que contarán con seis bandas punteiras do panorama indie galego e nacional. Podemos ollar o cartel aquí.
Programa![Sereas e Piratas]()
A cita comeza no mediodía deste sábado, 23 de xullo, co Roxy Longday Festival, que se prolongará ata o comezo das actuacións nocturnas, ás 21:00h. A sesión matinal comeza cunha Longskate Session. Contarán ata cunha sesión vermú e unha churrascada, que estará amenizada polo grupo barcelonés Me and the Bees. Ás 16:00h será a quenda para unha Longboard Session, e xa ás 18:00h repartiranse uns agasallos entre os participantes da mesma. Durante todo o día a artista EME customizará táboas de surf e patíns.
Á tardiña está previsto a actuación de Watios, con aires de hip hop. Xa ás 21:00h abrirase a carpa, na que haberá comida e bebida. O cartel está formado polos carballeses Snots e tamén por Mano de Obra, Dirty Socks, The Sugar Co., The Cobras e o peche de El columpio asesino.
Dende a organización sinalan que o festival mantén a filosofía de ser “unha plataforma de escena galega” e de conseguir “grupos punteiros e arriscados no panorama indie” sen esquecer “darlle cabida a grupos locais”. O rexedor local louvouse de que “Carballo continúa a ser un referente en festivais de calidade”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).