Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca

10:05 04/04/12




Recoñecemento á Sala Nasa

Repetindo candidaturas
E de novo, os nosos non volven de baleiro desta gala. O ano pasado foron a actriz de Talía Marta Ríos e o malpicán Santi Romay os galardoados; no no 2010 foi a obra Palabras encadeadas a triunfadora para os premios á Toño Casais como Mellor Actor e Artur Trillo como director; e no 2009, os premiados eran precisamente Artur Trillo e Víctor Mosqueira.E unha pinchada para rematar
A noite coruñesa pechábase cuns petiscos e un pouco de música da man da pincha coruñesa Analís.
Os gañadores dos Premios María Casares 2012
MELLOR MAQUILLAXE: Na categoría de mellor maquillaxe a gañadora foi: Trini Fernández Silva (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Os outros nomeados eran Fani Mosqueira (por American Café, de Teatro do Morcego) e Raquel Fidalgo (por Tango, de Sarabela Teatro). MELLOR VESTIARIO: En mellor vestiario levou a xerra Carlos Alonso (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Os outros finalistas eran Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste); e Ruth D. Pereira (Tango, Sarabela Teatro). MELLOR ESCENOGRAFÍA: En mellor escenografía a xerra de María Casares foi para Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste). Os outros nomeados foron Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Chévere (Citizen Total, Grupo Chévere). MELLOR ILUMINACIÓN: Na categoría de mellor iluminación destacouse a Octavio Mas (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Os outros nomeados eran Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Fidel Vázquez (Citizen Total, do Grupo Chévere). MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Na categoría da mellor música orixinal gañou Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total, Grupo Chévere). Os outros finalistas eran: Nacho Sanz (Soños, Bichakadela) e Piti Sanz (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: A mellor adaptación-tradución foi parar para Avelino González (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas. Os outros finalistas eran:) Pepe Sendón (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Xosé Manuel Pazos Varela (por “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico). MELLOR TEXTO ORIXINAL EN GALEGO: Na categoría de mellor texto orixinal en galego destacouse a Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende (por Pelos na lingua, de Talía Teatro). Tamén estaban nomeados en mellor texto orixinal Manuel Cortés (Citizen Total, Grupo Chévere) e Santiago Cortegoso (con 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures). MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Como mellor actriz secundaria destacouse a Mónica García (Citizen Total, Grupo Chévere). As outras nomeadas eran María Lado (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); Marta Pazos (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego); e Victoria Pérez ( Piratas, Teatro do Noroeste). MELLOR ACTOR SECUNDARIO: O galardón para mellor actor secundario foi para Vicente de Souza (Tango, Sarabela Teatro). Os outros finalistas eran César Goldi (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego) e Víctor Mosqueira (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego). MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Na categoría de mellor actriz protagonista premiouse a Patricia de Lorenzo (Citizen Total, do Grupo Chévere). As outras finalistas eran: Luísa Merelas (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico); e Susana Dans (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), Teatro do Atlántico). MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: A xerra como mellor actor protagonista foi para Evaristo Calvo (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Os outros nomeados eran Antonio Durán “Morris” (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte) e Josito Porto (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte). MELLOR DIRECCIÓN: Na categoría de mellor dirección destacouse a Xesús Ron (Citizen Total, Grupo Chévere). Os finalistas foron Avelino González (por Pelos na lingua, de Talía Teatro) e Xúlio Lago (con “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico). MELLOR ESPECTÁCULO: Finalmente, na categoría de mellor espectáculo destacouse a Citizen Total (Grupo Chévere). Os outros nomeados eran O florido pénsil (Eme2 emoción&arte) e Oeste solitario (Producións Teatráis Excéntricas)Máis información
- AAAG.
Novas relacionadas
- 02-03-12: Talía Teatro, Víctor Mosqueira e María Lado nominados para os María Casares.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”.
- María Casares 2011: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
- María Casares 2010: Talía Teatro leva 2 premios nos María Casares.
- María Casares 2009: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).