Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un outono de lectura en Camariñas

Un outono de lectura en Camariñas
O Concello de Camariñas vai poñer en marcha no mes de outubro un sistema de intercambio de libros entre todas as persoas que estean interesadas na lectura. Segundo explicou a tenente de alcalde do concello camariñán, Sandra Insua, nunha entrevista a Radio Nordés, no Concello tomaron nota desta iniciativa por mor de que xa se puxo en funcionamento noutros concellos de España. O asunto consistirá en que as persoas interesadas se rexistren como socios da biblioteca e ofrezan unha serie de libros que reúnan unhas condicións mínimas. Estas persoas terán dereito a obter outros libros nos que estean interesadas, sen custe algún e sen límite de tempo. Poden participar neste intercambio os veciños e as veciñas do concello camariñán e tamén persoas que non estean censadas en Camariñas Esta iniciativa terá un espazo propio na web municipal. Nesta se rexistrará unha listaxe cos libros disponibles. Libros de texto Os libros de texto para o curso escolar tamén se poderán intercambiar. Neste caso, serán as ANPAS as encargadas de xestionar o préstamo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios