Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
08:10 20/04/16
Dalle Jas é unha das webseries en galego finalistas no Carballo Interprei
Despois de facer unha selección entre as 122 propostas de todo o mundo, o comité de selección do Carballo Interplay - formado por seis persoas de diferentes ámbitos do sector audiovisual e da rede - elixiu 36 webseries de distintos puntos: 9 galegas, 15 do resto do estado e 12 do resto do mundo. Entre as internacionais hai webseries de Arxentina, Nova Zelanda, EE.UU., Canadá, Francia, Alemania, Reino Unido, Italia e Suíza. 30 delas competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real e 6 á de animación, 12 ao premio á mellor webserie internacional e 7 á de versión orixinal en galego.
O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está a cocer no mundo das webseries a nivel global. O humor terá unha presenza abrumadora (28 das 36 webseries finalistas son comedias), pero as temáticas son moi variadas: ciencia ficcción, viaxes, aventura, sátira política... Tamén haberá oco para o drama, o documental e o thriller. E, por suposto, un amplo abano de mesturas e de experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo.
As 36 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques - un de versión orixinal en galego, dous internacionais e tres do estado - nas tardes do xoves 5, do venres 6 e do sábado 7, no Auditorio de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta até completar aforo.
As finalistas
Na maior parte das webseries finalistas - en 28 das 36 - o humor e a temática dominante
As webseries galegas elixidas son: PIB (Produto Interior Bruto), Gafas e Pallaso, Dalle Jas, Chola&Lola, Veciños, Poetarras, Teño unha horta en San Sadurniño, Orfanato Atroz e El método sueco (estas dúas últimas, en castelán). As do resto do Estado son: Briget Jon de Triana, Beto, Rubia en apuros, Dos más dos cinco, La Supercafetera, Viveylate, Waytrippers, Pedro Reyes for president, Niño Ratón, El Colega Canario, El Partido, Crisis Cartoons, Breaking Bed, Black Stuff e Les coses grans. E as do resto do mundo son: Whatever Linda, Mundillo, Instrucciones para humanos, Zozo "The Fugitive Of The Space", Aventuras de corazón roto, K Rd Stories, Night School. The Web Series, Emmas Welt, El Caso Q, Arthur, The MUTE Series e Status.
As seis persoas encargadas de elixir as webseries gañadoras serán Noel Ceballos, xornalista especializado en cultura popular; Miriam Hernanz, directora do Lab de RTVE.es; Niko Gómez, creador de Cálico electrónico, a webserie de animación máis relevante dos últimos 10 anos; Carlota Núñez, unha das youtubers galegas máis seguidas; Araceli Gonda, en representación da Asociación Galega de Guionistas; e Jorge Coira, en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia. O resultado da súa deliberación coñecerase na gala de clausura, conducida por Yolanda Muíños, o sábado 7 ás 20 horas, no Auditorio.
Máis información
Novas relacionadas
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Carballo Interplay