Unha distintivo identificará aos establecementos asociados do Camiño de Fisterra-Muxía
07:10 11/12/15
Solpor pretende erradicar os establecementos ilegais tan presentes no Camiño
A asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra-Muxía Solpor xa comezou a traballar na campaña turística do próximo verán. Na reunión da xunta directiva da organización, que se celebrou o pasado mércores, acordaron levar a cabo diversas actuacións. Unha delas será a de crear unha especie de marca entre os establecementos asociados, que inspire confianza aos peregrinos. Neste senso, un primeiro paso será o colocar, xa antes de finais de ano, un distintivo en cada un dos locais pertencentes ao colectivo. Deste xeito preténdese tamén evitar que o camiñante acabe nun negocio ilegal.
Outro dos asuntos acordado foi o de manter unha xuntanza con os nove alcaldes da ruta, que está prevista para mediados de xaneiro. Ademais de ofrecerse para colaborar nas accións no Camiño, a patronal prantexará aos rexedores temas como a eliminación de aloxamentos ilegais e de tramos de asfalto, sinalización e estado da ruta, entre outros.
Solpor prevé levar a cabo igualmente unha campaña de prantación de árbores no entorno da prolongación xacobea. Sería a primeiros de febreiro e desenvolveríase en colaboración cos colexios.
Por último, foi acordado colocar dous milladoiros nos puntos do Camiño nos que o peregrino ve o mar por primeira vez. Estarían situados nos concellos de Cee e Muxía, e a súa ubicación concreta consensuaríase cos responsables de ditos concellos.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR.
- O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- Nava Castro revisa as obras no Camiño.
- A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT.
- A Xunta comprométese a promocionar o Camiño de Fisterra-Muxía no exterior.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Solpor