venres. 08.11.2024
El tiempo

Unha nova e impresionante voz para Luar na Lubre

Unha nova e impresionante voz para Luar na Lubre
Pode ser a banda vencellada á Costa da Morte máis importante da historia. Luar na Lubre, a banda galega de maior proxección internacional, non deixou, dende a súa formación hai 25 anos, de refrendar a súa vinculación coa nosa bisbarra. Así o refrenda o nome de varios temas da banda, como o mesmo Costa da Morte, Monte Pindo, ou ata o nome dun disco no que Cabo Vilán serve de portada: Camiños da fin da Terra. Ademais, un dos seus voceiros, Bieito Romero, veciño de Bergantiños, tense amosado en innumerosables ocasións como fervente amante da natureza salvaxe do noso litoral. Pois a banda referente do folk galego no mundo acaba de estrear unha nova etapa. Onte presentábase a nova cantante, a coruñesa Paula Rey, unha bela e magnífica vocalista de 30 anos nacida en A Coruña, cunha extensa formación que engaiolou aos compoñentes de Luar Na Lubre ate o punto de escollela para ser a voz das súas composicións a partires de agora. Rey é a nova voz que sustitúe á da lisboeta Sara Vidal. De feito, xa vai cara un mes dende a entidade decidiu apostar por ela, pero durante un mes o segredo mantivo a tensión e milleiros de fans de todo o mundo escribían no Facebook da banda pedindo a berros un nome, un ton, unha demostración da nova protagonista. Non se van esquencer desta voz que precede do mundo lírico. Unha voz carregada de matices e de enerxía que combinada coa riqueza instrumental i estilística da banda, non deixará indiferente a ninguén, valoran dende a propia banda. Algo ademais que podemos corroborar, pois só o feito de escoitarlle á capela pon, literalmente, os pelos de punta e o estómago encollido. Pero Paula prefire este mundos. De feito, nos últimos meses foi vocalista da banda coruñesa de jazz latino Duplo Son, aínda compunxidos pola marcha da súa cantante pero encantados co salto que supón. Durante a presentación, Luar Na Lubre, xa coa súa nova vocalista ao fronte, interpretou os temas “Tu Gitana”, “Ven Bailar Carmiña” e “A Carolina”, nos que os medios acreditados á rolda de prensa puideron ver e escoitar á nova cantante e comprobar que Paula Rey brila con voz propia.

Luar na Lubre e Paula

2011 é o ano no que Luar Na Lubre celebra o seu XXV aniversario: 12 traballos discográficos, 9 deles editados por Warner España, máis de 300.000 discos vendidos, 2 discos de oro, 9 Premios da Música e 1.000 conciertos en máis de 23 países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis consistente i estable de Galicia. Neste ano 2011, Luar Na Lubre é embaixador musical da súa terra realizando máis de 35 concertos e levando a marca “Galicia” polos mellores teatros e festivais do estado cun éxito máis que notable. Pola banda, Paula adicábase ao mundo académico. Cun Máster de Logopedia - Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da fala, pola Universidade Vic de Barcelona, e colexiada polo Colexio de Logopedas do País Vasco, exerce como educadora de música, inglés i estimulación da linguaxe no “Espacio Educativo Arkhé” en A Coruña. Formouse en canto lírico en Austria con Helena Lazarska, catedrática da Escola Superior de canto en Viena ou con Ana Luisa Chova, na Universidade do País Vasco. E non para, xa que actualmente segue recibindo clases de mantemento e perfeccionamiento coa Profesora Doctorada Diana Somjhieva. Dende a Costa da Morte tamén lle desexamos unha feliz e longa andaina na banda máis importante de Galicia.

Estrea no Luar

Máis información

Luar na Lubre na Costa da Morte

Outras novas

Fonte

Comentarios