Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM
Xa lle deramos un repaso ao deuvedé “Faros da Costa da Morte” que desenvolveron dende Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SEMESCOM). Un dvd que nos serve para ver o que non nos permiten as autoridades, e que serve para seguir reivindicando os Fachos como patrimonio cultural, e turístico, da Costa da Morte.
Hoxe, dende a entidade soneirá, cóntannos unha moi boa nova, como é a publicación de dous vídeos documentais na web do Consello da Cultura Galega, o portal soporte do audiovisual galego AVG (www.culturagalega.org. Estes son os de Faros da Costa da Morte e mais o de As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte.
Ambos documentais foron realizados pola SEMESCOM dentro do proxecto "Percorrendo Vieiros", que foi subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.
Faros da Costa da Morte
As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte
- Ficha da documental "As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte".
- Ver documental.
Novas relacionadas
- Notas dunha viaxe da SEMESCOM ao Fisterra córnico con Manuel Vilar.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- Corcubión foi de viaxe polos Faros da Costa da Morte guiados por Manuel Vilar.
- Pola recuperación dos Fachos como patrimonio cultural da Costa .
- O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presenta un DVD da Ruta das Antas .
- O Seminario de Estudos Comarcais reflexiona, para ben e para mal, sobre a declaración de BIC do Castro Borneiro.
- A Terra de Soneira do Seminario de Estudos Comarcais traspasa fronteiras.
- A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
- Nota de prensa do Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte.