Xeocaching: En busca do tesouro agochado
Unha comunidade mundial de máis de 5 millóns de persoas, centos de milleiros de tesouros espallados pola xeografía de todo o planeta), e pouco a pouco, o xeocaching vai achegándose a Costa da Morte.
Trátase, a modo de explicación rápida, dunha especie de xincana mundial na que os "xogadores" ou "xeocachers", colocan e descubren tesouros por igual coa axuda dun GPS. Un "xogo de caza do tesouro dos tempos modernos", que diría Pepe San Luís, un dos máis activos aventureiros da zona.
"É unha razón para saír da casa. O xeocaching combina a tecnoloxía coa aventura e é unha forma de explorar novos lugares, preto ou lonxe da casa. Pódese practicar ao facer acampada, BTT, camiñadas, turismo ou calquera outra actividade", continúa coa explicación, apta para unha boa charla de instituto en instituto".
Así pois, a idea é a de disfrutar da natureza (se ben hai moitos tesouros no medio urbano, en lugares históricos, acuáticos, deportivos, familiares, xogo de aventura, resolución de crebacabezas, visita guiada, etc...), fomentar o sendeirismo e o respeto polo medio natural.
I é que para colocar un tesouro, non vale con saír da casa e poñelo na primeira pedra que atopes; cómpre escoller un lugar interesante, un lugar fermoso, un lugar que, por exemplo, pertenza a unha ruta de sendeirismo, un lugar digno de visitar.
A dia de hoxe, e a xuzgar polo número de tesouros agochados pola nosa xeografía, non pasan de media ducia os "cachers" que ben son da Costa, ben disfrutan dela. Difícil saber cantos somos os afeccionados, pois como todo vai por "pseudónimo", dificil é tamén que coincidamos polo monte", coméntanos Alex Feba, un "cacher" cabanés amante do sendeirismo ata o punto de ter un dos blogs de referencia do sendeirismo na zona.
Pois curiosamente, a pasada semana, en plena ruta vimiancesa por Camariñas, fumos topar con 2 a un tempo. Xa é difícil, pois aló estaban os Pablo Sanmartín, arqueólogo que fai de guía da ruta e afeccionado ao xeocaching, Alex Feba e O Golpe, concretamente o que primeiro descubríu o tesouro agochado na Ermida da Virxe do Monte e asinou a súa típica imaxe co tesouro.
Tesouros agochados pola Costa da Morte
A día de hoxe (sabedes xa que en calquera momento alguén pode colocar un tesouros onde considere), facendo un reconto polo mapa da Costa da Morte, atopamos todos estes tesouros, uns 40 en total, dos 500 que hai por toda Galicia:
- A Cova da Xoana (Carnota), A Moa (Carnota), Caldebarcos (Carnota), Muíño de Vento de Lariño (Carnota), Boca do Río (Carnota), Monte de Muros (Muros), Monte Naraio (Muros), Tal (Muros), Monte Louro (Muros), Cabo Fisterra (Fisterra), Cabo da Nave (Fisterra), Castromiñán (Fisterra), Dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo, Pico de Meda (Zas), Muíños e Fervenza do Rabiñoso (Zas), Muíños dos Abeláns (Cabana), Torre da Penela (Cabana), Miradoiro da Fernandiña (Cabana), Castro A Cibdá (Cabana), Rego dos Muíños (Cabana), Pena do Castro (Laxe), Praia do Trece (Camariñas), Cabo Vilán (Camariñas), Capela da Virxe do Monte (Camariñas), Punta da Buitra (Muxía), Cabo de Touriñán (Muxía), Praia do Pendón (Cabana), Área Recreativa de Navaliños (Cabana), Praia da Urixeira (Cabana), Caracochas na Ría de Corme (Ponteceso), Monte Branco (Ponteceso), O Roncudo (Ponteceso), Caracochas no Roncudo (Ponteceso), Torre do Faro de Brantuas (Ponteceso), Caión (Laracha), Marismas de Baldaio (Laracha), Cabanamouro no Río Donas (Outes).
Así, xa estamos pensando en ir colocar un tesouro en cada Recuncho da Costa. E de feito, varios dos tesouros están colocados neles, pero tamén nos serve de referencia para descubrir outros moitos segredos da Costa da Morte
Máis información
Información relacionadas
- Recuncho da Costa.
- A bitácora da semana (CXLV): Camiños da Fin da Terra – Sendeirismo na Costa da Morte.
- A bitácora da semana (CLXIII): Rutas Costa da Morte por Camariñas.
Novas relacionadas
- Vertebrando a Costa a pé.
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Un roteiro ata a Casa do Demo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- A Costa en Verde: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- Redacción de QPC ([email protected]).