mércores. 14.05.2025
El tiempo

Xuño xa disfruta das II Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte

Xuño xa disfruta das II Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte

Xa ninguén dubida do éxito que teñen as propostas gastronómicas na Costa da Morte. Pois hoxe ponse en marcha as II Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte. Unhas xornadas que artella a Asociación Neria, en colaboración con Turgalicia con 28 establecimentos da bisbarra dende Malpica ata Muros.

Así, dende hoxe e ata o día 30 deste mes de xuño os restaurantes ofrecerán un menú especial baseado en produtos da zona, tanto do agro coma do mar (o marisco é un dos protagonistas), cunha preparación profesional especial. A innovación mestúrase coa tradición para demostrar que a gastronomía da Costa da Morte está a gran nivel. O menú custará 35 euros por persoa, adega aparte.
Neste sentido, colabora na iniciativa Adegas Valtea, de Arbo-Pontevedra, ofrecendo os seus viños do país.

Establecimentos participantes

Os restaurantes participantes nas Xornadas Gastronómicas son os seguintes: Casa Velay, O Semáforo, Tira do Cordel, O Centolo e O Fragón (no municipio de Fisterra); Vila de Ouro, O Meu Lareira e Porto Arnela (en Camariñas); Casa do Arco e Zúric (Laxe), Efe-Eme (A Picota), Insua e O Recreo dá Costa da Morte (Cee); A Lareira (Baio), A Morosa (Carnota), Casa Pego (Antes, en Mazaricos), Casa Sabina e O Castillo (Vimianzo), A Cunca (Buño-Malpica), As Garzas (Barizo-Malpica), Casa dá Crega (Caldebarcos-Carnota), Lestón e Cabanel (Sardiñeiro), O Hórreo (Corcubión), O Coral (Muxía), O Castelo e Lusco e Fusco (Muros) e Mar de Ardora (Cabana).

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Asociación Neria.

Comentarios