O GAC Costa da Morte aposta por Xapón


Semella que o GAC Costa da Morte aposta pola comercialización de produtos do mar no mercado asiático, con especial fincapé no Xapón. Así o amosaron os responsables da entidade así como conselleira do Mar, Rosa Quintana, que presentaron o acto de presentación de proxectos do GAC 3 en Malpica.
Da importancia da transformación
O que parece realmente importante do proxecto é que a Costa mira por fin cara a transformación do produto, o que lle outorga ese valor engadido e o que permite que os cartos queden na zona.
Nesa liña, Quintana destacou a positividade, o “bo rumbo” e a importancia da iniciativa relacionada coa comercialización e a transformación, “a gran materia pendente da pesca e do marisqueo galego”, engadiu. I é que esta iniciativa servirá para contribuír á subida das exportacións de produtos do mar de Galicia, que en 2010 foi dun 6% e para aumentar o valor dos produtos do mar galegos en primeira venda, que o ano pasado ascendeu nun 8%.
Libro "Costa da Morte destino gastronómico"

En canto ao libro "Costa da Morte destino gastronómico", que contén receitas gastronómicas e información sobre os concellos da Costa da Morte, a conselleira destacou que terá un éxito garantido, xa que liga “tres potencialidades galegas: a paisaxe, a gastronomía e os produtos do mar”. A conselleira felicitou ao GAC 3 por estas iniciativas que permiten que Galicia sexa un exemplo na Unión Europea no desenvolvemento do eixe catro do Fondo Europeo da Pesca que debe dar sostibilidade á actividade marítimo – pesqueira de Galicia.
Finalmente Quintana destacou que a Consellería investíu máis de 729.000€ nos proxectos aprobados polo GAC Costa da Morte.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Consellería do Mar.