Luns. 19.10.2020
El tiempo

1ª Autonómica: Fisterra sae do pozo e Malpica colócase 3º

1ª Autonómica: Fisterra sae do pozo e Malpica colócase 3º

Dúas vitorias e dúas derrotas foi o balance desta 9ª xornada na 1ª Autonómica para os equipos da Costa. Colócase 3º o Malpica trala vitoria no sempre complicado campo de Arzúa, ao que ademais deixa a 6 puntos. Sumou os 3 puntos o que máis necesitaba, o Fisterra, que colleitaba a súa 2ª vitoria da tempada e se coloca con 9 puntos igualado con Cacheiras, Unión e o propio Riveira, pero ademais está a só 3 puntos da 7ª praza.

As derrotas, merecidas pola falta de intensidade, foron para Camariñas e Ponteceso, que perderon unha boa ocasión de sumar 3 puntos ante rivais asequibles, facendo fraco favor ademais aos fisterráns.

Arzúa - Malpica (0-1)

Os-xogadores-do-Malpica-celebran-o-tanto-en-Arzua-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso, David Castro, Martín Uruguaio, Víctor, Juanjo Rabuñal, Mario Casal, Neucha, (Marcos Amado, min.85), Rancaño, David Blanco, (Charro, min.81), Tato, (Ismael, min.79), Adrián, (Charly, min.90).
  • Gol: 0-1, min.65: Juanjo Rabuñal remata unha falta de Tato.

Gran vitoria do Malpica no dificilismo campo do Arzúa. Foi un partido bronco, con moito xogo no medio campo sen apenas ocasiónsd e gol. As defensas estiveron moito máis seguras que finos os ataques e só unha xogada illada a balón parado rompeu a igualada.

Os de Baña estiveron moi ben colocados e moi seguros durante todo o encontro e só viron perigrar a súa portería nunha xogada xa case que co tempo cumplido, cando Suso tivo que salvar os 3 puntos cunha gran intervención a un tiro dende a media lúa. Antes, e co conxunto local volcado, os malpicáns puideron sentenciar pero Adrián, nunha boa contra, marrou ante o porteiro.

Arzua-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Atl. Riveira - Fisterra (1-3)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Piti, Manuel Cartamil, Robertín, Sergio Manín (Naranjito, min.86), Roco, Guardiola (Jorge, min.80), Hugo de Dios (Rubén Insua, min.62), Aitor, Roa (Jose, min.70)
  • Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.5: Aitor; 1-2, min.8: Guardiola; 1-3, min.65: Aitor.

Vitoria importantísima do Fisterra que comeza a ter a sorte de cara. E iso que o partido se puña costa arriba co tanto inicial do Riveira. Pero non tardou en reaccionar o Fisterra, e nun aluvión de xogo e intensidade deu a volta ao marcador en tan só 3 minutos e antes de que se cumpliran os 10 primeiros minutos.

A partir de aí, o Fisterra foi un equipo firme, seguro atrás e solvente na zona media. Foi durante os segundos 45 minutos cando amosou máis fortaleza non permitindo que o Riveira se achegase sobre a meta de Joselu. Foi Aitor, que xa leva a tremenda marca de 12 tantos, o que asinou o 1-3 definitivo para deixar que os minutos finais transcorresen con normalidade.

Ponteceso - Cacheiras (1-2)

  • PONTECESO: Gerardo, Javi Peón, Alberto, Jorge, Dani Pallas, Alberto Recarey (Puente, min.70), Tucho (Bolón, min.46), Rubén, Nando (Brais, min.60), Canai (Bieito, min.60), Toniño.
  • Goles: 0-1, min.20: de penalti; 1-1, min.22: Toniño de penalti sobre el; 1-2, min.70.

Mal partido dos pontecesáns ante o penúltimo, un Cacheiras que tampouco ofreceu demasiado e que levou demasiada renda. Comezou o Ponteceso intentando xogar, pero tendo que abusar do balón longo. Era un partido sen ocasións e o marcador só se movía en dúas penas máximas sinaladas en apenas 2 minutos do ecuador.

Parecía que o partido ía cara o empate, ou que o que marcara ía levar o partido, e así foi. Xa no min.70 o Cacheiras meteuse por diante e o Ponteceso xa non tiña folgos para reaccionar. Xa contra o final, Brais tivo a única opción clara de empate, tras unha boa xogada tras un sombreiro pero parou o meta rival e acabou o choque.

Camariñas - Amio (0-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Brais Mouzo, Julito, Sergio, Carlos (Manuel, min.70), Paco (Basti, min.55), Moriño, De la Sierra, Martín (Roi, min.75), Brais, Juan oBello.
  • Gol: 0.-1, min.83: de penalti.
  • Expulsión: Juan oBello por picarse cun afeccionado local á volta do descanso.

Partido malo, cun Amio moi lento, que contaxiou o ritmo a un Camariñas que nunca se atopou. E iso que os de Pepucho comezaron ben, avisando por medio de Brais que tivo un man a man. Pero pouco a pouco foise contaxiando do ritmo lento dos visitantes que, iso si, avisaban a balón parado.

Comezaba a segunda cunha xogada clave. Juan oBello era expulsado e o equipo sufriu demasiado sen o seu referente. Basti e Brais chegaron dentro da área pero o colexiado non viu nada punible. Aínda tivo De la Sierra unha boa ocasión pero tirou cando tiña ao carón a Basti e o balón saíu desviado.

Nun deses balóns parados o Amio recibiu o premio do gol, e con só 7 minutos por diante, nos que o camariñas colgou balóns e intentou empatar sen demasiado perigo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios