Martes. 30.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Igualdade total na parte alta

1ª Autonómica: Igualdade total na parte alta
3 puntos de diferencia entre o 1º clasificado e o 6º na 1ª Autonómica. 40 puntos teñen Cee e Olímpico e 39 o Xallas logo da xornada 21. O Olímpico conseguía recurtar eses 3 puntos cos de Pato demostrando que a igualdade na Liga é total. Por detrás tamén están Unión, Imperátor con 38 e Sada con 37, e o Dumbría non se descolga e queda con 34 tras vencer con comodidade ao Lamela.

Xallas – Zas (9-1)

  • Goles: 1-0, min.15: Adrián Beiroa; 2-0, min.25: Ventura; 2-1, min.40: Javi Suárez, de penalti; 3-1, min.50: Ventura; 4-1, min.55: Adrián Beiroa, de penalti; 5-1, min.58: Pica, de falta; 6-1, min.65: Toni; 7-1, min.78: Brais; 8-1, min.80: Leo; 9-1, min.85: Adrián Prol.
Non tivo piedade o Xallas dun Zas que segue con verdadeiro problemas para formar un 11. O marcador rexistraba un 2-0 ao descanso pero os locais non levantaron o freo e mallaron nos zaenses.

Dumbría - Lamela (3-0)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Suso, Marco Docabo, Aarón, Alberto, Schuster, Piri, Iago, Eloy, Chula. Tamén José, Isma e Brais.
  • Goles: 1-0, min.25: Eloy; 2-0, min.41: Piri; 3-0, min.68: Iago.
Relativamente fácil encontro en Dumbría, que xa facía falta tras 4 xornada perdendo sendo esta a primeira vitoria do ano. Foi o Lamela un rival doado, pois non arriscou demasiado e ademais deixaban tocar. Eloy e Piri adiantaban antes do descanso e Iago sentenciaba mediaba a segunda metade.

Olímpico – Cee (2-0)

  • Cee: Mingos, Ruben Fiuza, Sergio (Jacobo), Rafa, Jorgito, Angeliño, Carlos Leis (Fermín, min.65), Chapu (Rivi, min.45), Fernando, Tasky, Luilli.
  • Goles: 1-0, min.10: Diego Filloy; 2-0, min.52: Javier.
  • Expulsión: o ceense Jorgito no min.75 e o visitante Luis no min.90.
Non foi o mellor partido do Cee en Vilaboa, ante o novo colíder da clasificación. O encontro xa comezaba cun gol en contra, o que fixo que os visitantes tiveran que remar constantemente. De feito, os dous goles ao comezo de cada parte foron claves para o devir do encontro, non permitindo que os ceenses recuperasen o control do partido.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios