Xoves. 03.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee di adeus á categoría

1ª Autonómica: O Cee di adeus á categoría
Xornada triste esta 29ª para os equipos da Costa na 1ª Autonómica. O Cee consumaba o seu descenso a falta de 5 xornadas e dí adeus á categoría tras caer na casa co Arteixo. Un ano duro para a familia ceense que xa pensa en volver o ano que vén. Ademais, a fin de semana colleitou tamén un novo atraco ao Ponteceso, nun partido no que o colexiado foi clave para que o cadro de Marco caese goleado. I é que parece que a sombra arbitral sobre os equipos costeiros faise facendo cada vez máis negra.

Cee - Atl. Arteixo (1-2)

  • CEE: Parroto (Ivan, min.61), Rubén, Luís, Rafa, Julio (Moncho, min.66), Fermín, Piquero, Nico, Jorge (Fer, min.50), Tasky (Diego, min.4) e Angel (Uri, min.55).
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.72: Piquero de cabeza a centro de Luís; 1-2, min.85.
  • Expulsión: Ángel que recibiu o segundo cartón unha vez substituido.
Derrota, novamente inxusta, do Cee que acaba coas súas posibilidades de permanencia. O Arteixo saíu a tocar dende atrás o balón e dominou o tempo do partido, esperando a saída do Cee para aproveitar os espazos. O gol chegaría na primeira chegada, tras un saque rapido de falta que despexa Rafa, o rexeite cáelle a Jose que bate a Parroto desde a media lúa. Asi seguíu a primeira mitade, sen ocasións. Na reanudación chegarían as primeiras ocasións para o Cee. Piquero probaba no min 65 a Fran cun tiro desde a frontal que para en dous tempos. Antes do gol ceense avisaba Uri cun cabezazo a saque de banda de Fer que desvía a córner o meta visitante. O gol chegaría no saque dunha falta que saca Luís cerca do medio campo que Piquero remata no segundo pau. E cando parecía que o partido remataría en empate, chegaría o segundo tanto tras un gran pase entre liñas a Nano que supera por riba a Iván e Jhony remata na liña de gol. Nese momento, os nervos saíron á flote pois o propio goleador dirixiuse aos afeccionados ceenses ensinándolles as súas partes nobres. Saltaron o valo dous afeccionados increpándolle a accion e o colexiado decide suspender o partido pensando que se dirixía ao seu asistente. Coa chegada da Policia Local (30 minutos despois) reanudaríanse os últimos 5 minutos de partido sen máis novidade.

Vizoño - Ponteceso (3-0)

  • PONTECESO: Norberto (Diego, min.70), Salva (Urbi, min.47) (Adrián, min.78), Fabián, Carlos Mato, Dani, Tucho, Alberto (Jorge, min.65), Puente, Ramón, Alex (Cristian, min.46), Toniño.
  • Goles: 1-0, min.17: de penalti; 2-0: de penalti; 3-0, min.84.
  • Lesións: Urbi e Toniño.
"Un atraco", esa é a valoración do cadro técnico pontecesán do partido, e xa van varias as actuacións arbitrais que se presentan sospeitosas para os cadros costeiros, tanto o Cee coma o Ponteceso. I é que foron moitas as xogadas dubidosas e en momentos clave. No minuto 5 o colexiado anula un tanto a Dani Pallas por suposto fóra de xogo, que non viron nin os locais. De seguido, aos 17 minutos, o colexiado, e só el, ve unhas mans na área pontecesá que serve para abrir o marcador. E sen tempo para dixerilo, Toniño sofre un penalti que sería expulsión pero nada... A todo isto, o partido foi un auténtico baile de xogo dos de Marco, que non serviu para nada. Non estiveron acertados os pontecesáns, iso si. Dúas vaselinas de Toniño non entraron de milagre pois foi rexeitadas polaa defensa baixo paos. E tamén marraron outras dúas claras dos xuvenís Cristian e Jorge. Por bando local, tras dous goles dende os 11 metros, só marcaron un gol en xogo no min.84.

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios