1ª Autonómica: O Ponteceso salva unha xornada fatídica
Só o Ponteceso, e menos mal, sumou os 3 puntos nunha mala xornada para os nosos. I é que a vitoria do Laro en Arzúa, e sobre todo, a derrota do Fisterra en Padrón, deixan a parte baixa candente, con apenas 6 puntos entre o 12º e o penúltimo. No medio, os 3 equipos costeiros, polo de agora fóra dos postos de descenso, pero nin cun partido de vantaxe, seguen complicándose a vida.
O Camariñas de Berto, que segue sen coñecer a vitoria na casa, e queda con 32 puntos, 3 máis que o Laro, equipo que marca o descenso. O Ponteceso queda con 31, un por diante do Fisterra.
Para a semana un importante Malpica-Camariñas.
Ponteceso - Puebla (5-2)
- PONTECESO: Norberto, Lorenzo, Dani Pallas, Jorge, Rubén, Mendieta, Bieito (Martín Puente, min.55), Josito (Canai, min.60), Toniño, Alberto Recarey, Bolón (Canai, min.75).
- Goles: 0-1, min.10; 1-1, min.25: Alberto Recarey; 2-1, min.28: Alberto Recarey; 3-1, min.65: Martín de falta; 3-2, min.75: de penalti; 4-2, min.82: Alberto Recarey; 5-2, min.87: Canai.
- Expulsión: Toniño min.70 por segundo cartón e a un visitante no min.85.
- Lesión: Javi Peón no quecemento.
Bo partido, por fin do Ponteceso, a pesar de que o marcador é algo enganoso. Comazaba perdendo o cadro de Nacho, que soubo repoñerse, e en apenas 5 minutos do ecuador da primeira metade dáballe a volta ao marcador con dous goles dun Aberto Recarey que onte destapaba o tarro das esencias para deleite dos seus afeccionados.
Comezou mellor a segunda metade o Puebla pero o gol de Martín de falta foi clave para cambiar o rumbo do partido. Puido sentenciar Toniño que regateou ao porteiro pero tropezou e caeu e o colexiado, considerándo que simulara penalti, expulsouno polo segundo cartón. Quedaba con 10 o Ponteceso faltando 20 minutos e na seguinte xogada un xogador visitante tírase sobre Norberto e o colexiado desta volta pita penalti.
3-2 e tocaba sufrir, quedaba 15 minutos e o Puebla volcouse, se cadra demasiado, permitindo varias contras moi claras, e así chegaron os goles de Alberto Recarey, entrando dende a banda, e de Canai, para sumar 3 puntos vitais.
Flavia - Fisterra (2-0)
- FISTERRA: Joselu, Piti, Dani (Mané, min.75), Sergio Manín, Manuel Cartamil (Robertín, min.65), Santi, Roco, Hugo de Dios (Naranjo, min.80), Cotte, Bebeto (Guardiola, min.60), Aitor .
- Goles: 1-0, min.60; 2-0, min.90.
- Expulsión: o fisterrán Mané, no min.88.
Segue complicándose a vida o Fisterra, que suma a súa cuarta derrota consecutiva e o 6º partido sen gañar. A derrota de onte, máis dolorosa se cabe, pois mete de cheo na loita a un Flavia que hai varias xornadas estaba moi lonxe.
E iso que os de Juan Jesús fixeron un bo partido e mereceron a vitoria, pero dúas chegadas illadas dos locais permitiron quedar cos trascendentais puntos. O acerto, clave. A primeira metade foi inerte por ambos bandos. Só Aitor puido mover o marcador. Pero aos 15 da segunda, o gol local ante un Fisterra que estaba moito mellor, matou psicoloxicamente aos verdes que a pesar de volcarse durante a última media hora, acabaron o partido recollendo o balón de novo das mallas da meta de Joselu.
Camariñas - Villestro (1-3)
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Caamaño (Nico, min.75), Sergio, Manuel (Paco, min.70), De la Sierra, Moriño, Brais, Martín, Juan oBello, Alex.
- Goles: 0-1, min.10 ; 1-1, min.20: Caamaño coa axuda do porteiro; 1-2, min.30; 1-3, min.80.
Resístelle a Berto a vitoria no Hermanas Patiño, i é que o equipo está xogando moito mellor fóra que na casa. Onte ademais, sufríu o Camariñas a balón parado, algo que xa ven sendo habitual nas últimas semanas e varios dos goles chegaron por arriba.
Adiantouse o Villestro nunha destas, e prantexou o partido dende atrás. Caamaño logaba o empate ante un ben armado atrás cadro visitante que buscaba balóns ao seu forte dianteiro, que nunha indecisión da defensa marcaba o segundo á media hora. Aí tivo algunha ocasión para empatar o Camariñas pero os Brais, Martín e compañía non estiveron finos.
Na segunda, non puido facer dano o Camariñas ante unha defensa moi seria, e as continúas contras. Só nunha ocasión, aínda co 1-2, Alex fallou no control en vez de tirar de primeira tras un balón atrás de Juan oBello. Co 1-3, rematou o partido.
Unión - Malpica (1-0)
- MALPICA: Suso, Charly (Tato, min.70), David Castro, Martín Uruguaio, Mario Casal, Alemán, Ismael (Cheo, min.60), Rancaño, David Blanco, Fernando Varela, Adrián.
- Gol: 1-0, min.60.
- Preferente: Sen tensión.
- Resultados e análise da xornada do fútbol da Costa da volta do parón de Pascua.
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog do malpica de Luís E. Porto.
Partido que parecía abonado ao 0-0, porque os dous equipos careceron de profundidade e apenas xeneraron ocasións de perigro. Resolviu o Unión con un gran gol de volea dende o borde da área ao que Suso non puido facer nada.
O Malpica, a pesar de levar a iniciativa durante moitos minutos, volvía sí de baleiro.