Martes. 25.01.2022
El tiempo

1ª Autonómica: Só o Malpica volve cos 3 puntos

1ª Autonómica: Só o Malpica volve cos 3 puntos

Xornada dispar para os nosos, con unha vitoria, un empate e dúas derrotas. E non se cumpliron os pronósticos, pois un dos que o tiña complicado, o Malpica na súa saída a Padrón, volvía cos 3 putnos quedando nunha comodísima 5ª praza. O empate colleitouno o Ponteceso, pero un empate con sabor amargo pois os de Nacho mereceron a vitoria.
Pola contra, o Camariñas sufría un varapao na casa ante o Riveira mentres que o Fisterra segue nunha liña mala de resultados pero non tanto de xogo, e a piques estivo de sacar algo bo do difícil campo do Noia.

Flavia - Malpica (0-2)

Flavia-Malpica-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Ismael, min.80), Alemán, Rancaño, Neucha (David Castro, min.82), Cheo, Tato (Martín Uruguaio, min.74), Charro (Marco, min.89).
  • Goles: 0-1, min.50: Charro recibe un pase de Tato regatea a varos contrarios e marca; 0-2, min.90: en propia meta tras unha internada e centro de Cheo.

Fantástica vitoria do equipo de Baña colleitada nun dos campos máis complicados da categoría como é o de Padrón. E o fixo tras un partido sen demasiadas ocasións, controlado por un cadro local, moi combinativo pero que apenas tivo profundidade e non fixo dano na meta de Suso. Pola contra o Malpica , que se mantivo ben firme e que sacou varias contras perigosas, estivo máis certado cara gol e foi o que decantou o resultado.

Na primeira metade apenas houbo ocasións, e a segunda comezou co bo tanto de Charro. O Flavia mantivo o control de balón toda a segunda metade pero Martín Uruguaio puido poñer a sentenza a 5 do final tras un bo centro de Charro, e foi un defensa local o que asinaba o definitivo 0-2 en propia tras unha gran carreira de Cheo.

Flavia-Malpica - Foto - Wash Calvo

Camariñas - Atl. Riveira (0-3)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Julito (Paco, min.46), Rodri (Roi, min.70), Manuel (Sergio, min.75), Moriño, De la Sierra, Brais, Martín (Carlos, min.55), Juan oBello, Basti.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.17; 0-3, min.35.

Varapao en Camariñas ante un Riveira que amosou unha efectividade e verticalidade tremenda. Os da Barbaza sacaron 3 contras na primeira metade que foron letais e que mataron o partido. O Camariñas estaba dominando, sen chegar demasiado, pero con tranquilidade. Pero 3 contras de libro machacaron aos de Pepucho que aínda así manteñen unha boa posición na táboa.

Ponteceso - Bertamiráns B (0-0)

  • PONTECESO: Norberto, Javi Peón, Rubén, Dani Pallas, Jorge (Manuel, min.65), Mendieta, Eloy, Puente, Alberto Recarey, Toniño, Nando.

Mal partido no Pinguel nun choque no que os de Nacho terían que ter asegurado 3 puntos ante un equipo que aínda non coñece a vitoria. Os locais tiveron a posesión do balón durante os 90 minutos pero non chegaron as ocasións de gol. De feito, as máis claras chegaron nos últimos minutos e para o conxunto visitante, e de non ser por Norberto o Ponteceso podería ter quedado, inxustamente, sen puntos.

Noia -Fisterra (1-0)

  • FISTERRA: Joselu, Sergio Manín, Manuel Cartamil, Roberto, Borja Munitis (Robertín, min.85), Eddy (Cote, min.46), Hugo de Dios (Rubén Insua, min.65), Roa (Tata, min.55), Roco, Marco do Cabo, Aitor.
  • Gol: 1-0, min.60.

"Os resultados non acompañan pero o equipo está ben, estamos pagando demasiado caros os erros". Así o ve Juan Jesús, o míster fisterrán que, a pesar da posición na táboa, ve ao equipo en forma e ben preparado. De feito, dos 5 partidos, 3 foron contra os 3 primeiros, e onte o Noia, un dos mellores da categoría, tivo moita posesión pero fixo pouco dano na meta de Joselu. Un Noia que aínda non recibiu un só gol en contra e só leva 6 a favor, o que dá conta da eficiencia. Mentres, o Fisterra é o equipo máis goleado (13 goles en contra) pero tamén o máis goleador (11).

Así e todo, o Fisterra puivo volver con algo positivo de Noia. Os de Juan Jesús estiveron moi seguro atrás, pero só cometeu un erro, e o pagaron caro. A raíz do gol, O Fisterra xogou bastante mellor, e Tata e Aitor puideron empatar. Iso si, o Noia tamén tivo unha ocasión que solventou Joselu cunha grande doble intervención.

A pesar de que Juan Jesús recoñece que polo de agora as arbitraxes están sendo moi boas, onte tivo queixas dunha xogada clara. Corría o min.80 e unhas mans clarísimas dentro da área non eran pitadas polo colexiado, que ao final do partido recoñecía que "non todas as mans son penalti"....

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios