Sábado. 02.11.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Un punto sabe a pouco

1ª Autonómica: Un punto sabe a pouco

Non puido o cadro ceense quedar cos 3 puntos nesta xornada 7. E iso que mereceu moito máís ante un Noia que só foi pola vitoria nos minutos finais.

A xornada xa abría o pasado mércores, cun Ponteceso que caía en Sada por 2-1. Ambos equipos quedan na zona media-baixa con 7 puntos para os de Berto e 6 para os ceenses.

Cee - Noia (1-1)

  • Cee: Parroto, Rubén (Víctor, min.75), Luís, Julio, Rafa, Fermín, Fernando (Jorge, min.66), Piquero (Jacobo, min.85), Tasky, Ángel (Diego, min.80), Nico.
  • Noia: Toledo, Mario (Osiris, min.79), Jorge (Damián, min.65), Marc, Santi, Brais, Josiño (Canabal, min.55), Toniño (Luis Trasbach), Joseiño, Beni, Carlos Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.6: Tasky tras roubar e desfacerse de varios defensas. 1-1, min.48: Brais peina unha falta lateral ante a pasividade da defensa local.

Moito máis mereceu o Cee que fixo un gran partido e volveu sacar o mellor de si. Só un despiste defensivo nunha xogada a balón parado permitiu o gol do empate e empañou lixeiramente o bo partido realizado polos de Llanero.

Na primeira metade, o Cee saíu arrollador. Taski, xa aos 5 minutos adiantaba aos ceenses cunha xogada de garra e calidade. Ángel tivo dúas ocasións tremendas para ampliar a reda, pero o man a man mandouno fóra e na segunda, tras facer unha fermosa xogada persoal escorouse demasiado e mandou fóra.

Só nos últimos minutos do primeiro tempo o Noia conseguí achegarse á meta de Parroto pero sen demasiado perigo.
De feito non necesitou crear perigo para empatar, pois foi nunha falta lateral cando Brais acadou o empate ante a pasividade da defensa local. O Cee seguía mandando e perdoou varias ocasións, como unha volea de Jorge, un remate de cabeza de Rafa, e sendas ocasións que non puideron aproveitar os Taski, Ángel e Fernando.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios