1ª Galicia: Afianzando o liderato na casa
12:28 17/12/18
Nova vitoria do Fisterra en Ara Solis
Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica
Cinco vitorias seguidas suma o Fisterra no seu mellor momento da temporada, e saca xa 4 puntos ao segundo clasificado. Unha festa é Ara Solis, un ano máis, cun equipo que rompe teitos.
Pola contra, cortou unha serie semellante o Dumbría cunha inesperada derrota ante o Praíña. Unha derrota que evitou Dani Fedello cunha gran parada no treito final e que salvou un importante puntiño para o Baio, que segue sumando.
Se cadra a vitoria máis importante foi a do Soneira, ante un rival moi directo como era o Bertamiráns. Agora o cadro vimiancés sobe á 11ª praza pero a apenas 2 puntos da zona de descenso.
A cousa está tan apretada que as opcións da Esteirana seguen intactas, a pesar de seguir de pechacancelas tras sufrir unha nova derrota, desta volta ante o potente Flavia, agora 2º. Os de Geno, de vencer 3 partidos seguidos, poderían saír mesmo do descenso.
Fisterra - Bastavales (3-0)
- Fisterra: Bouzón, Roco (Dani, m.10), Breixo, Julio, Rubia, Aarón, Piti, Jesús, Pablo Lestón (Edu, m.65), Roa (Mané, m.70), Adrián Makaay (Bruno, m.60).
- Goles: 1-0, m.20: Aarón de cabeza; 2-0, m.30: Adrián Makaay; 3-0, m.65: Aarón.
Flavia - Esteirana (4-0)
- Esteirana: Alex de Yi, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Dani Rama, Carlos, Code, Róber Pladur, Elías Ruso, Manu Tobío e Raúl. Tamén: Roberto Blanco, Brais, Pablo Rama, Josiño Barreiro e Adrián.
- Goles: 0-1, m.30; 0-2, m.85; 0-3, m.87; 0-4, m.89.
Soneira - Bertamiráns (2-1)
- Soneira: Javi, Samu, Aarón, Alemán, De La Sierra, Taibo (Luís, m.87), Sandelo, Agra (Chinda, m.77), Madiop (Brais, m.89), Pichi e Basti (Pose, m.60)
- Goles: 1-0, m.58: Aarón; 2-0, m.62: Samu; 2-1, m.78: Ángel.
Praíña - Dumbría (2-1)
- Dumbría: Iván Baña, Samu Quintáns, Matías, Marcos Mouro, Iago, Rivi, David García, Pablo Paz, Alberto, Jesús e Marcote.n Tamén: David Carreira, Eloy, Carlos, Xabi Castro e Jorge.
- Goles: 0-1, m.7: David; 1-1, m.28; 2-1, m.92.
Unión - Baio (0-0)
Imaxe do Union-Baio- Baio: Dani, Isaac, Yago, Álex Varela, Damián, Alex Figueiras, Bieito, Rubio, Iván Rojo, Martín MC e Santi Díaz. Tamén xogaron: Julián, Norberto, Moreno, Peke e Sergio.