Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Fisterra e o Baio van lanzados

1ª Galicia: o Fisterra e o Baio van lanzados
Nova vitoria do Fisterra que o afianza na segunda plaza do campionato. Os de Angel Canosa estanse a mostrar intratables, sobre todo no Ara Solis, e desta vez derrotaron ó Esclavitud, un dos equipos punteiros do campionato. O Baio, cunha vitoria tremenda en Lalín, segue a estela dos fisterráns, e mantense en postos nobles. Os outros tres equipos sufriron derrotas. O Dumbría levou un duro correctivo ante o Flavia, candidato ó ascenso. O Soneira caeu ante o Praiña, un rival directo, nun mala tarde, e a Esteirana segue en postos de descenso despois de non ser quen de imporse ó Val do Ulla. S.D. FISTERRA 3 - ESCLAVITUD S.D. 1 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés, Rubia, Fabián, Aarón, Bruno, Mackay, Pablo Lestón, Jesús e Dani Martínez. Tamén xogaron Adrián Castro, Piti, Mané, Gabri e David Marcote. GOLES: 1-0 21´Bruno   2-0 44´Bruno   3-0 53´Mackay   3-1 90´Gonzalo O campo condicionou a ambos equipos polo anegado de auga que estaba, e foi o Fisterra o que mellor se adaptou. Xa na primeira xogada según sacaron de centro unha combinación entre Mackay e Pablo Lestón puxo a Bruno diante do porteiro pero o dianteiro non anotou. Mackay e Aarón puideron marcar pero foi Bruno nunha falta lateral o que adiantou o Fisterra. Antes do descanso un pase de Pablo Lestón permitiu ó mesmo Bruno anotar o segundo tanto. No segundo tempo sentenciou Mackay a pase de novo de Pablo Lestón, e Mané ou Adrián puideron ampliar a goleada, pero foi o Esclavitud o que anotou antes do final un gol a todas luces infructuoso. C.D. LALÍN 1 - C.D. BAIO 2 CD BAIO: Dani Varela, Alex Varela, Isaac, Damián, Peque, Alex Figueiras, Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo e Santi Díaz. Tamén xogaron Moreno, Josiño e Pablo. GOLES: 1-0 49´Rucho  1-1 53´Iván Rojo   1-2 68´MC Vitoria de gran prestixio do Baio en Lalín nun encontro que tivo que remontar no segundo tempo. Despois dun primeiro tempo onde o máis destacado foi un cabezazo do local Rucho ó longueiro no minuto 9, nada máis iniciarse o segundo tempo o mesmo xogador facía o primeiro tanto. Pero reaccionou rápido o Baio, e un balón recuperado por Damián, servido a Iván Rojo e este anota o empate. Pouco despois tense que lucir Dani Varela a disparo dun xogador local, e Alex Varela saca baixo paos o rexeite. Apareceu MC para forzar o penalti que le mesmo transformou e que significou o 1-2. Tivo a sentencia MC tras gran contra de Iván Rojo, pero non fixo falta un gol máis, o Baio levouse os puntos da terra do cocido. FLAVIA S.D. 4 - C.F. DUMBRÍA 0 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Juan, Canario, Matías, Pablo Paz, David, Marcos Mouro, Rivi, Yuyo, Cespón e Darío. Tamén xogaron Xabi, Iago, Charly e David Carreira GOLES: 1-0 29´Uxío   2-0 52´Uxío de penalti   3-0 65´David Pérez   4-0 71´Marcos  Sufriu unha forte derrota o Dumbría na súa visita a Padrón para medirse a un dos favoritos ó ascenso, o Flavia, que logrou vencer por 4-0. O ex do Xallas Uxío anotou o primeiro antes do descanso e o segundo de penalti, onde o Dumbría quedou con dez homes, o que fixo moi costa arriba a remontada. Os dous goles finais non fixeron máis que engordar un marcador que xa estaba sentenciado. SONEIRA S.D. 1 - PRAIÑA SPORTING CLUBE 3 SONEIRA SD: Javi Souto, Darío, Samu, De la Sierra, Aarón, Agra, Alex Taibo, Alemán, Nazo, Sandelo, Basti. Tamén xogaron Sito, Fran e Adrián Pose. GOLES: 0-1 5´Javi Sánchez   0-2 31´Fafú  0-3 77´Fafú   1-3 89´Adrián Pose Mala tarde do Soneira que non se adaptou ben ó encharcadísimo campo Municipal de Vimianzo, e perdeu ante un rival directo. O Praíña tivo en Fafú, o zurdo da Estrada o seu estilete, pois anotou dous goles. O Soneira xa perdía por dous tantos ó descanso e a pesar de que o intentou non foi quen de remontar. O máis positivo foi o debut de Adrián Pose, ex Bergantiños xuvenil e Boimorto, que anotou un tanto co encontro case rematado. S.D. ESTEIRANA 2 - VAL DO ULLA U.D. 3 S.D. ESTEIRANA: Alex, Codesido, Dani Rama, Samu Pensado, Josiño Alves, Raúl, Maroñas, Alex Rama, Roberto Pladur, Pablo Rama e Elías. Tamén xogaron Adrián, Josiño Barreiro e Manu. GOLES: 0-1 6´Julio   0-2 24´Cristian Ingelmo   1-2 28´Alex Rama   1-3 87´Carlos de penalti   2-3 89´Elías Máis do mesmo no Xosé Luis Vara. A Esteirana ten que remar contra demasiados elementos para levarse puntos en xogo, e hoxe ante o potente Val do Ulla non foi quen de logralo. Dous goles iniciais dos visitantes, de Julio e do brillante extremo Cristian Ingelmo puxeron moi difícil a cousa, aínda que pronto recurtou diferencias Alex Rama. Os de Esteiro buscaron a igualada, sobre todo cando o equipo visitante se quedou con 10 homes, pero un penalti a pouco do final acabou coas súas esperanzas. O gol de Elías foi case que co tempo cumplido.  

Comentarios