2ª Autonómica: Empate no alto

15:58 03/10/11
A 5º xornada da Liga da Costa tiña un encontro destacado, o que enfrontaba no Hermanas Patiño ao Camariñas e ao Club do Mar. Non defraudou o choque entre estes dous aspirantes ao ascenso, e malia que o fútbol non fose o protagonista, a tensión e a igualdade deixaron un encontro vibrante. O empate non despexa dúbidas pero deixa claro que ambos estarán loitando polo título.
Polo demais, destacada a vitoria do Baio ante o Malpica; a do Dumbría B en Castriz; e a nova derrota do Pindo, que é o único equipo que non sumou aínda.
O partido entre o Camariñas e o Club do Mar era o choque máis esperado da xornada, dous equipos que aspiran ao máis alto e primeiro enfrontamento para medir as forzas duns e doutros. Ao final un empate que non despexa moitas dúbidas de quen estará por enriba de quen ao final da tempada, pero o que semella claro é que o título disputarano entre eles.
Foi un encontro moi lento e con moito xogo no medio campo, moitas faltas e interrupcións constantes. O Club do Mar adiantouse ata en tres ocasións no marcador, pero os Camariñáns conseguiron igualar con moito traballo e orden.
Bertín adiantou aos de Caión ao recibir un centro de Fran Borrazás, en colaboración con Pombo que tentou coller o balón cunha man en vez de despexar e este quedou franco para Bertín. A piques do descanso o camariñas trenzou unha xogada dende o medio campo e ante numerosas combinacións acabaron na área e cunha cesión de Leo de tacón para Juan que non fallou.
Tralo descanso a intensidade foi en crecemento e non houbo un dominador claro, numerosas faltas e xogadas moi directas. Os locais reclamaron un posible penalti sobre Leo, pero o colexiado, moi desacertado durante os 90 minutos, non quixo sinalar nada. Pouco despois Juan Lareo anticipase moi ben ao seu par e marcaba de cabeza tras un córner ao rematar no primeiro pau. Nesa mesma xogada Pombo deu un bo xusto, quedou tendido cun forte golpe no peito e o xogo estivo detido uns cuantos minutos. O porteiro pontecesán, sabedor que non tiña recambio no banco seguiu no campo pese a estar tocado.
O Camariñas en ningún momento se veu abaixo e soubo reaccionar moi rápido aos goles do rival. Leo que está demostrando estar moi motivado e nunha boa forma, gañoulle na carreira a Chechu, que semellaba que chegaba con superioridade ao balón, pero unha indecisión co porteiro acabou co derribo deste ao dianteiro ceense. O propio Leo tirou e empatou de novo o encontro. Pombo foise sentindo cada vez peor e optou por deixar o terreo de xogo, a falta de porteiro suplente fixo que Breo se tivera que poñer baixo paus, o muxián xa tivera que poñerse os guantes algunha vez en Muxía. Deste feito aproveitáronse os visitantes e nun córner Alberto poñía o terceiro, celébrano moito os xogadores e grada ateigada de seareiros de Caión, semellaba que se levarían os tres puntos, pero unha pésima decisión máis do colexiado impediullo. Juan Obello recolleu un balón na frontal da área entrou na área e alí deixouse caer enganando ben ao colexiado que posiblemente quixera compensar o anterior a Leo non pitado. De novo Leo marcou, pese a que tivo que repetir o lanzamento por decisión do colexiado. Houbo unha longa prolongación polo tempo perdido pero o marcador xa non se movería deixando un empate que posiblemente coa cabeza fría lle guste aos dous equipos.
Camariñas - Club do Mar (3-3)

- CAMARIÑAS: Pombo (Diango, min.83), Alberto, Carlos, Breo, Maikel, De La Sierra (Nico, min.72), Moriño, Javi (Adrián Negro, min.78), Brais, Juan Obello e Leo.
- CLUB DO MAR: Iago, Alex (Corral, min.75), Repi, Chechu, Fran Borrazás, Alberto, Tonecho (Juan Lareo, min.46), Jacobo, Bertín (Manu, min.70), Santi Silva e Vituco.
- Goles: 0-1, min.30: Bertín no segundo pao a centro de Fran Borrazás; 1-1, min.40: Juan oBello tras unha parede na área con Leo; 1-2, min.59: Juan Lareo nun córner; 2-2, min.71: Leo, penalti do porteiro sobre el mesmo; 2-3, min.89: Alberto nun córner; 3-3, min.90: Leo, de penalti.
- Expulsión: O segundo adestrador do Club do Mar, Yuli (min.87)


Corcubión - Esteirana (1-1)
- CORCUBIÓN: Cristian, Jose da Atalaya, Sergio, Papi, Conguito, Alberto, Edu, Alán (Brais, min.70), Paulo (Balucho, min.55), Mario e Sebas.
- ESTEIRANA: Ramón, José Varela, Maxi (Adrián, min.46), Pichu, Dani Rama, Eloy, Alex, Cajulo, Iago (Isma, min.65), Roberto Pladur e Adelino.
- Goles: 1-0, min.20: Mario cun golazo de volea; 1-1, min.55: Adelino tras un xogadón de Roberto Pladur.
Baio - Malpica (4-2)
- BAIO: Pollo, Matías, Iván, Fredi, José Antonio (Pardo, min.85), Eloy, Pirucho (Rubio, min.60), Alberto, MC (Fermín, min.89), Canay (Martín, min.46) e Javi Suárez.
- MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado, Dani, (Daniel), Iago, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Andrés e Alfredo (Manu Pardo).
- Goles: 1-0, min.10: Javi Suárez; 1-1, min.40: Neucha de falta directa. 1-2, min.55: Neucha dende fóra da área; 2-2, min.65: Javi Suárez; 3-2, min.70: Martín. 4-2, min.75: Javi Suárez aproveita un erro da defensa visitante.
- Expulsións: o baiés Matías (min.69) e o malpicán Cheo (min.80).
Mazaricos - Muros (2-0)

- MAZARICOS: Juan, Casais, Marcos, Chico, Matías, Brais, Rodrigo, Esteban (Ramón, min.55), Cristian (Ferreiro, min.85), Estéfano (Sandelo, min.77) e Rafa (Kevin, min.48).
- MUROS: Lupi, Iván (Teo, min.5), Marco, Mayuyo, Manu Dosil, Dani, Bibi (Yanki, min.46), Óscar, Seluco, Alberto (Mingos, min.46) e Sexo.
- Goles: 1-0, min.15: Rafa; 2-0, min.35: Estéfano.
- Lesión: Iván cunha torcedura.

Buño - San Lorenzo (2-1)
- BUÑO: Brais, Braix, Diego, Angel, Oscar, Jorge Calvete, Rubén, Dani Calvete (Emilio, min.60), Elías (Isma, min.50), Miguel (Richard, min.75) e Víctor.
- SAN LORENZO: Rercarey, Santi, Adrián, Dubra, Puñal, Cachizo (Javi Pensado, min.75), Chechu, Anxo (Chucho, min.70), Marcos (Jorge,m in.55), Fuentefría e Miguel (Carlos, min.55).
- Goles: 0-1, min.25: Marcos tras unha combinación con Chechu e Miguel; 1-1, min.44: Dani Calvete; 2-1, min.60: Víctor.
Castriz - Dumbría B (0-3)

- CASTRIZ: Herrera, Martín (Pejo, min.46), Sergio Pose, Álex, Toniño (michi, min.30), Alberto (Jorge, min.70), Mauri, Toño, Jonhi (Rubén, min.46), Sebas e Iván.
- DUMBRIA B: Anxo, Samuel, Sergio Cives, David Carreira (Samuel, min.75), José Manuel, Tati, Jesús, Riki (Fernando, min.60), Miguel Poyo (Alex, min.85), Pablo Lestón (Wsteban,in.46) e Toni (Ivanete, min.80).
- Goles: 0-1, min.20: Toni a pase de Riki; 0-2, min.70: Toni tras unha xogada de Esteban; 0-3, min.82: Ivanete de vaselina.
- Expulsión: o xalleiro Iván (min.55), por protestar cando anulou un tanto do Castriz pitando unha man a favor.
Sofán - Corme (1-2)
- SOFÁN: Richard, Víctor, Adri (Juan Rabuñal, min.75), Juanjo, Meniño, Alemán (Manuel Varela, min.75), Iván, Suso, Abel (Edu, min.70), Mario e Jacobo (David Pensado, min.55).
- CORME: Susiño, Abel, Adolfo, Jesús, Lelo, Alejandro, Lucas, Diego (Gonzalo, min.75), Adri, Iago (Chino, min.88) e Martín (Dani, min.82).
- Gol: 1-0, min.10: Mario tras uns rexeites; 1-1, min.65: Martín tras unha boa xogada; 1-2, min.80: Iago tras un rexeite a unha boa xogada de Adrián e un tiro ao poste.
O Pindo - Fisterra (0-2)
- O PINDO: Garrido, Herminio, Manolito, Álex (Javi Conexo, min.55), Juan, Diego, Lolo, Nano, Carlos Leis, Hugo e Carlos.
- FISTERRA: Joselu, Piti, Pana (Juan, min.65), Gus, Roco, Nico, Santi (Cote, min.70), Guardiola (Marco Docabo, min.80), Dudo, Mané (Tata, min.80) e Rivas (Roa, min.60).
- Goles: 0-1, min.46: Mané de cabeza á saída do descanso; 0-2, min.85: Tata.
Nantón - Zas (Suspendido)
O encontro foi suspendido pola morte do fundador do Nantón, ex presidente do clube cabanés, Faustino Montes. Montes falecía o pasado sábado repentinamente aos 57 anos.Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: Os 4 equipos se afianzan na parte alta da táboa.
- 1ª Autonómica: O Cee estréllase fóra da casa e o Ponteceso aprende a gañar.
- Resultados da primeira xornada de outubro no fútbol da Costa.
Máis novas
- Video entrevista co xogador malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o blog da SD Sofán, o do CD Baio, o do Malpica de Luís E. Porto.