Domingo. 13.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres

2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres
Carnota-Baio-Foto- Jorge parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com Quedan dúas xornadas para o final da Liga da Costa e aínda quedan cousas pendentes. Se ben o Cee case que se despedíu das súas opcións de ascenso ou promoción, o Baio aínda loitará ata o último instante o título e o ascenso directo á Esteirana. Ambos sufriron onte en Outes o líder, e en Lombáns o Baio, e manteñen a súa distanci de 2 puntos. A Esteirana recibe ao Carnota e pecha a campaña nun difícil campo como o Carral, mentres que o Baio recibe precisamente ao Sofán e acaba en Corme. Por abaixo, ata 4 equipos miran con gran preocupación a mala situación dos equipos costeiros da 1ª Autonómica, que poden provocar ata dous arrastres. O Cabana, o que peor o ten, 2 puntos por debaixo do Mazaricos, 4 do Outes e 5 do Volantes. Todos necesitan gañar para evitar problemas. O que si se despediu da categoría foi un digno Montelouro que caía pola mínima en Zas e queda matematicamente en 3ª.

Cabana - Cee (1-1)

  • CABANA: Sergio Aranzubía, Ismael, Sande, Iván Treos, Pepe, Sandro (Mario, min.82), Rubén Rama, Manolo, Fariña (Mario, min.65), Fernando (Posiño, min.70), Adán (Berti, min.80).
  • CEE: Parroto, Nico, Rafa, Piquero, Berto (Fiuza, min.70), Carlos Leis (Yaya, min.67), Angeliño, Rivi, Diego Cespón, Serginho (Penedo, min.50), Víctor.
  • Goles: 1-0, min.46: Manolo Cruceiro; 1-1, min.99: Diego Cespón de falta.
  • Expulsión: o cabanés Ismael no min.97 e os ceenses Angeliño (min.68) e Piquero (min.80).
  • Lesión: O ceense Víctor cunha fractura na boneca.
Empate in extremis que non lle vale a ningún, pois deixa ao Cabana sumido na primeira posición de arrastre, e deixa nun milagre a segunda praza para os ceenses logo das vitorias do Baio e Esteirana. Saíu ben en Cee que xogou ben os primeiros minutos tendo dous moi claras ocasións nas botas de Angeliño, Rivi, no que o primeiro remata fóra en área pequena un centro de Serginho mentres que o de Gures non é capaz de definir nun man a man con Sergio. O Cabana inquedaba a portería de Parroto á contra e a balón parado, coma nun barullo no área ceense que fai lucirse a Parroto cunha boa parada, e pouco despois un unha mala saída liquida o rexeite cunha gran intervención. A última da primeira metade tívoa Angeliño pero o seu tiro esquinado sae desviado. Na primeira xogada da segunda parte adiantábase o Cabana, Víctor recibe unha falta que o árbitro non sanciona, un bo pase a Manolo Cruceiro déixao só ante Parroto ao que supera por abaixo. O Cee buscou a igualada pero non conseguía chegar con perigo á portería rival. Unha falta a Parroto orixinou a primeira expulsión do encontro, Angeliño reclamaba a segunda tarxeta para o capitán local pero quen acababa no vestuario antes de tempo era o xogador ceense. O seguinte en abandonar o terreo de xogo foi Piquero a dez minutos para o final, con nove homes foi cando o Cee tirou de épica. Encerrou no seu campo ao Cabana, chegaron as ocasións, pero Penedo, Rivi, Víctor ou Nico tiñan fortuna. Rafa cun gran golpeo desde a frontal facía a lucirse a Sergio que desviaba o balón a córner. Cando pasaban dez minutos de desconto, o partido estivo parado varios minutos, chego o gol de Diego Cespón que executa á perfección unha falta. O xogador ceense Víctor quen recibiu a falta previa do gol fracturar a súa boneca na caída, desde aquí desexámoslle unha pronta recuperación.

Carnota - Baio (0-1)

Pedro Pichin e Martin no Carnota-Baio-Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa, Pedro Pichín, Pablo, Manolo Chouza, Nakata (Manuel Luis, min.70), Rodrigo, Jacobo, Martín (Adrián, min.20), Pumuki (Iván, min.70), Bernardo (Manoliño, min.60).
  • BAIO: Anxo, José Antonio (Fachal, min.85), Mario, Ramón (Iago, min.55), Eloy Lema, Norber, Martín, Rubio (Fredi, min.75), Eloy, Vilas, Alberto, Martín MC (Cristian, min.60).
  • Gol: 0-1, min.20: Rubio a centro de Eloy.
  • Lesión: o carnotán Martín.
Siareiras do Baio en Lombans-Foto- Jorge Parri A un paso de certificar a promoción e a dous puntos do líder. O Baio segue completando unha impresionante campaña e sumou a súa 5ª vitoria consecutiva en Lombáns. E tocaba sufrir nun campo coma este ante un Carnota que xogou as súas mellores armas: ben firmes atrás e buscanso as contras. O Baio dominaba o esférico e nunha boa xogada combinada Eloy centraba para que Rubio fixera o único gol do partido. O Carnota sacou a artillería que lle quedaba na segunda, pero nin a saída de Manoliño nin a de Manuel Luís puideron mover o marcador. Lesion de Martin no Carnota-Foto- Jorge Pari

Buño - Corcubión (1-3)

  • BUÑO: Toni, Ángel, David, Alfredo, Diego, Jorge, Emilio, Dourado, Elías (Gustavo, min.71), Dani, Víctor (Gurita, min.69).
  • CORCUBIÓN: Cristian, Alán, José María, Senra, Julito, Balucho, Pablo Lestón, Cristian, Jonnie (Abelleira, min.80), David Lourido (Antón Lestón, min.60), Javi (Abraham, min.73).
  • Goles: 0-1, min.15: Ángel en propia meta; 1-1, min.45: Elías; 1-2, min.60: Jonnie; 1-3, min.80: Abelleira.
  • Expulsión: con vermella directa aos locais Toni, Dani e Ángel; e con doble cartón ao local Jorge e aos corcubioneses Alán e Balucho.
6 expulsións nun choque sen apenas unha patada. Pero este é o balance dun partido marcado pola arbitraxe. O Corcubión sacou partido da súa superioridade numérica, a pesar de chegar moi mermado, tendo mesmo que xogar os últimos minutos o porteiro Abelleira de xogador. E ben que o fixo o bravo corcubionés, anotando o último gol do equipo de Manolín. Adiantárase pronto o cadro visitante, pero Elías faría o empate antes de marchar aos vestiarios. Pero na segunda, xa con superioridade numérica, o extremo Jonnie e o porteiro-dianteiro Abelleira asinaban os goles da vitoria, que deixa ao Corcubión nada menos que na 7ª praza.

Outes - Esteirana (2-3)

  • OUTES: Gato, Saúl, Damián, Arturo (Rubén, min.46), Borja, Poke (Mosto, min.86), Martín, Migui (Veleiro, min.60), Michi (Pesco, min.70), Elías (Edu, min. 75), Quin.
  • ESTEIRANA: Ramón, Simón, Suizo, Pablo, Dani Rama, Uru, Pepiño (Pichi, min.50), Álex, Alberto, Kike Paluca e Roberto (Iago, min.62).
  • Goles: 0-1, min.20: Suizo; 0-2, min.45: Álex; 1-2, min.65: Quin; 1-3, min.75: Alberto; 2-3, min.85: Edu.
Tivo que sufrila vitoria o líder no Conchido. O Outes foi a por todas e loitou ata o último suspiro por un empate que lle valería para escapar dos posibles arrastres. A Esteirana comezaba pegando e Suizo no ecuador e Alex ao remate da primeira metade metían por diante aos blaugranas. Pero reaccinou o Outes na segunda e Quin recurtaba. tivo o empate o Outes pero foi Alberto tras un córner o que daba unha tranquilidade que apenas durou 10 minutos pois Edu recurtou despois de que Veleiro fallase un penalti. O líder sufriu nos últimos 5 minutos ante un Outes volcado sobre a meta de Ramón, pero os esteiráns aguantaron e acariñan o título e o ascenso directo.

Corme - Mazaricos (3-1)

Corme-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • CORME: Javi, Abel (Lucas, min.46), Jesús, Dani, Martín (Diego, min.60), Brais, Alejandro, Adolfo (Chino, min.85), Adri (Joshua, min.65), Miguel, Juan Chans.
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Matías (Sandelo, min.46), Rodri, Casais, Ricardo, Brais (José Ángel Juvenil, min.70), José Ángel, Esteban, Cristian (Aldo, min.78), Molinos.
  • Goles: 0-1, min.15; Molinos; 1-1, min.42: Adolfo; 2-1, min.55: Lucas; 3-1, min.90: Juan Chans.
Gran partido do Mazaricos no Cairo que volveu de baleiro. Foi mellor na primeira metade, na que se adiantou por medio de Molinos. Pero un tanto afortunado de Adolfo ao fío do descanso deu ás ao cadro azulón, que está completando un gran final de campaña sumando a súa 4ª vitoria consecutiva e superando ao Sofán na 4ª praza. Lucas, aos 10 da segunda, e Juan Chans xa co tempo cumplido, sentenciaron a un Mazaricos que segue mirando á 1ª pols posibles arrastres.

Volantes - San Lorenzo (3-3)

Volantes-San Lorenzo-Foto- Jorge Parri
  • VOLANTES: Iago, Juan (Miguel, min.70), Javi, Mingos, Maikel, Varo, Adrián, Pardelo (Brais, min.85), Nacho (Josiño, min.70), Ivi, Chenel.
  • SAN LORENZO: Sergio, David, Adrián, Dubra, Casillero, Cachizo, Anxo, Robin (Carlos, min.75), Chucho (Eloy, min.65), Quillo, Fuentefría.
  • Goles: 0-1, min.7: Fuentefría; 0-2, min.15: Anxo; 1-2, min.30: Chenel; 2-2, min.55: Chenel; 2-3, min.65: Adrián de penalti; 3-3, min.80: Chenel.
Partido vibrante no Eleuterio Balayo de Muros, entre dous bos equipos, cun cadro local que aínda necesita os puntos para evitar posibles arrastres. O San Lorenzo pegou primeiro e aos 15 minutos marchaba cun 0-2. Pero o Volantes non se amilanou e malia ir sempre a remolque foi quen de remontar primeiro estes dous tantos, e despois o penalti que transformaba Adrián. Foi Chenel o autor dos 3 tantos dos laranxas. Volantes-San Lorenzo-Foto- Jorge Parri

Castriz - Dumbría B (5-0)

  • CASTRIZ: Toño (David, min.46), Prego, David Pose, Agra, Luis, Pepe (Javi, min.65), Cili (Roberto, min.65), Iván, Rubén, Sebas e Anxo (Bruno, min.46).
  • DUMBRÍA B: Denís, Adrián Alcaina, Jose, Jorge, Toja, Pereira, Israel (Adrián, min.50), Ivanete (Lucas, min.46), Roy, Josiño, Martín.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván; 2-0, min.60: Sebas; 3-0, min.70: Sebas; 4-0, min.75: Sebas; 5-0, min.85: Sebas.
Como remata a campaña o capitán do Castriz. 4 tantos tras varias xornadas marcando demostran que o dianteiro rossonero está en forma, e cando o está, mete medio. Onte, os dumbrieses aguantaron unha hora de xogo pero non puideron coa potencia de Sebas na segunda metade.

Sofán - Muros (3-3)

  • SOFÁN: Bugy, Cantudo, Lista, Gustavo, Marcos (Juanjo, min.80), Pikas, Míchel, Eloy Boedo, Iván, Jacobo (Pensado, min.60), Santi.
  • MUROS: Trozo, Javi, Veloso, Teo, Paki (Ramón, min.70), Dani, Juanito, Saúl, (Javi Carnota, min.75) Manu (Piki, min.60), Kiko, Sexo.
  • Goles: 0-1, min.13: Juanito; 1-1, min.14: Paki en propia meta; 2-1, min.30: Santi; 2-2, min.40: Manu de penalti; 3-2, min.60: Pensado; 3-3, min.75: Sexo.
Partido sen tensións que permitiu que os dous equipos deixasen disfrutar ao público do Carral con 6 goles. Un choque con alternativas no xogo e no marcador, pois primeiro se adiantaba o Muros pero remontaba o Sofán. Empataba de novo o Muros antes do descanso. Na segunda chegaron os goles de Pensado e de Sexo para asinar unhas táboas que deixan aos dous equipos como estaban.

Zas - Montelouro (2-1)

Imaxe do Zas-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • ZAS: Rizos, Amado (Efrén, min.55), Lagoa, Oliver, Pereiro, Peque, Diego (Pío, min.55), Ismael, Damián (César, min.70), Pablo, Mario (Pastor, min.70).
  • MONTELOURO: Pedro, Jose, Bolo, Álvaro, Fernando (Jose, min.90), Canelo, Pepe, Isma de Cosme, Isma e Rico (Dani, min.60).
  • Goles: 1-0, min.30: Peque de penalti; 1-1, min.35: Fernando; 2-1, min.55: Oliver de cabeza.
Morre pero con gran dignidade o Montelouro xa está matematicamente descendido pero segue loitando con gran orgullo polos campos da Liga da Costa. O sábado puxo contra as cordas a todo un 6º da táboa, un Zas que tivo que tirar dun penalti e da calidade de Oliver para quedar cos puntos. Peque adiantaba aos locais á media hora tras un penaltimoi discutido polos loureáns, que respondían de contado co gl de Fernando, aferrándose á categoría. Pero non puideron os visitantes superar o gol á volta dos vestiarios de Oliver. O Montelouro despidese da Liga da Costa coon moita dignidade-Foto- Edu Olveira

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios