Luns. 06.12.2021
El tiempo

2ª Autonómica: Só Sofán e Esteirana se manteñen invitos

2ª Autonómica: Só Sofán e Esteirana se manteñen invitos
Mazaricos-Esteirana -Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

3 de 3 levan Sofán e Esteirana, amosando xa a súa firmeza de que este ano van estar arriba. Carballeses e muradáns superaron esta fin de semana duros escollos, como son Cee (no partido da fin de semana no Carral) e Mazaricos, e xa miran dende o alto ao resto.
Por detrás asoma un grupo de 7 equipos con 6 puntos, entre os que xa está o Corme, que tralo tropezo da primeira xornada precisamente ca Esteirana, parece que retoma o ritmo; o Zas, que superou a un Dumbría B que aínda non suma; o Corcubión, que non puido manter o ritmo en Carnota; o Cee; e os muradáns Volantes e Montelouro, que demostraron que a igualdade entre os 4 cadros de Muros será total.

Por abaixo, ademais do Dumbría B, quedan sen sumar Cabana, que non podía superar o sábado ao Castriz en San Pedro, e Outes, que veía como se lle escapaba o empate no último minuto ante o Buño.

Sofán - Cee (3-2)

Sofan-Cee - Foto- SD Sofan
  • SOFÁN: Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Pensado, Eloy Boedo, Eloy Cabeza (Marco, min 92), Iván Rey (Diego, min.85), Abel (Jacobo, min.79), Michel, Edy (Iván Rojo, min.60).
  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorge, Piquero, Rafa, Nico (Chiru, min.75), Fermín, Ángel, Poyo (Rubén, min.87), Fer, Penedo.
  • Goles: 0-1, min.40: Angeliño, de penalti. 1-1, min.47: Eloy Cabeza, de cabeza en un córner. 2-1 min.70: Iván Rey, de tiro lonxano. 2-2 , min.82: Penedo, de cabeza a centro de Chiru. 3-2, min.89: Eloy Boedo, de cabeza.

Partidazo entre dous dos candidatos ao ascenso no Carral. E a afección sofanistas non defraudou e o ambiente era moi bo. Tomou a iniciativa o cadro local e gozou de boas ocasións. Pero pouco a pouco o Cee foi tomando o mando, e o Sofán, ben armado atrás, buscaba sorprender á contra.

O control era do Cee, con Ageliño, Fer e Penedo combinando ben e creando perigo. Fermín avisou dende lonxe e a SD a balón parado. Buguy parou unha de Lista e Parroto unha de Penedo e outra de Miguel Poyo á contra, mentres o centro do campo fervía da loita quehabía entre ambos conxuntos. Só ao borde do descanso, un penalti de Buguy sobre Penedo permitía a Angeliño, en racha, poñer por diante aos visitantes.

Pero non pasaron 2 minutos dende a volta dos vestiarios e Eloy Cabeza asinaba o empate tras un corner. O partido volveuse tolo, cun ritmo espectacular, dous equipos fortes e con moita calidade, e ocasións e tensión a morea. E foi o talentoso extremo sofanista, Ivan Rey, quen foi quen de enganchar un tremendo disparo para poñer en ventaxa os locais.

Tardou en reaccionar o Cee, pero non decaeu e Fermín tirou do carro, e foi Chiru o que acadaba o empate a falta de 10 minutos. Parecía que o partido ía cara o empate, cando Boedo fixo saltar á parroquia local con outro tanto de cabeza.

O Sofán consegue a súa terceira vitoria e colócase líder demostrando que esta ano se pode ser o seu, e para a semana visitan o Cubaleiro. Os de Floreal recibirán a próxima xornada ao Corme, outro dos chamados a estar na parte alta.

Sofan-Cee - Foto- SD Sofan

Castriz - Cabana (3-1)

  • CASTRIZ: Adrián, Martín, Pepe, Alejandro, Luis (Rubén, min.46), Dani (Gerpe, min.80), Bruno, Prego, David Pose (Iván, min.60), Sebas, Roberto.
  • CABANA: Añón, Ismael, Marcos, Fariña, Álex Mato, Sandro, Rubén Rama, Adrián, Fernando, Adan, Eloy (Diego, min.50).
  • Goles: 0-1, min.25: Fernando; 1-1, min.50: Prego; 2-1, min.70: Sebas; 3-1, min.80: Roberto.

Bo partido do Castriz ante un Cabana que non puido aguantar na segunda metade e ao que o cansanzo lle fixo mella. E iso que se adiantaron os cabaneses por medio de Fernando, corroborando a boa primeira metade dos seus, que dominaron e puideron ampliar a renda.

Pero cambiou o guión na segunda, os xalleiros foron tomando o mando e Prego, Sebas e Roberto deron a volta ao marcador e deixaron 3 puntos en San Pedro.

Zas - Dumbría B (0-1)

  • ZAS: Elías, César, Víctor, Óliver, Pereiro, Diego, Peque, Lagoa (Manaca, min.80), Jaime (Kevin, min.75), Pablito (Rubio, min.61), Pichín.
  • DUMBRÍA B: David, Jose, Cabana, Tati, José Carreira (Samuel, min.80), Isma Pedrosa, Pereira, Israel, Josiño, Javi, Rodrigo.
  • Gol: 1-0, min.70: Rubio, de penalti.

Partido soso con poucas ocasións, que leva ao Zas pola mínima e de penalti. E iso que o Dumbría B tivo o partido dominado en moitos momentos, pero os zaenses souberon administrar a renda.

Na segunda o Zas meteuse atrás e buscou a contra pero non puido sentenciar, e o Dumbría B puido empatar por medio de Javi, con 2 boas ocasións, ou Rodrigo.

Carnota - Corcubión (2-0)

Carnota-Corcubion-Jacobo Sande autor do primeiro gol pelea con Lema - Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro, David de Brea, Manuel Luis (Urko, min.80), Rodrigo, Jacobo Sande, Nakata (Martín Piñeiro, min.77), Joselu (Miki, min.80), Bernardo (Pablo Beiro, min.61)
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Jose de Atalaya, Conguito (Paulo, min.70), Lema, Sebas, David de Muxía, Pablo Lestón, Alán (Gabi, min.55), Jonnie (Balucho, min.80), David Lourido, Javi (Edu, min.46)
  • Goles: 1-0, min.35: Jacobo Sande; 2-0, min.70: Joselu.
  • Expulsión: o corcubionés Paulo (m.82).

Non fixo o seu mellor partido o equipo de Manolín e deixou escapar o liderato en Lombáns no duelo de UDs. I é que enfronte estaba o aguerrido Carnota de Cambeiro, que ademais onte demostrou unha eficacia letal, a pesar da baixa de Casti, que un ano máis só poderá xogar alternativamente.

Na primeira, nun choque bronco, só o ceense no Carnota Jacobo Sande o que abríu o marcador tras un pase de Pedro. Non reaccionaba o Corcubión que apenas inquedou a porta de Luís De la Peña, o eterno porteiro que volveu este ano, coma no 2008, a Lombáns. Foi Joselu o que sentenciou tras un pase de Manolo Chouza, despois de ter avisado cunha fermosa volea que petou no pao.

Carnota-Corcubion-Foto- Jorge Parri

Outes - Buño (1-2)

  • OUTES: Gato, Chúa, Martín, Saúl, Sergi (Borja, min.60), Martín Caamaño, Arturo, Ángel (Michi, min.46), Pesco, Deivi (Iago, min.83), Elías (Quin, min.60).
  • BUÑO: Toni, Casáis, Ángel, David, Diego, Jorge Calvete, Emilio, Dani Calvete (Elías, min.77), Dourado (Richard, min.80), Gurita (Juan, min.46), Víctor.
  • Goles: 0-1, min.1: Dani; 1-1, min.40: Elías; 1-2, min.88: Víctor aproveita un despexe de Gato.

Un gol nada máis comezar e outro a un minuto do final bastaron para que o Buño sacase petróleo do Conchido. Os de Esmorís levan 3 puntos moi traballados ante un Outes que volvía deixar escapar puntos da casa e segue sen puntuar no seu debut na 2ª Autonómica.

Montelouro - Volantes (2-1)

O Volantes con Fran de Bano - Foto- Gonzalo Sestayo
  • MONTELOURO: Ismael, Mingos, Álvaro, Canedo, Pablo, Fernando, Chema (Chumy, min.46), Isma (Raúl, min.60), Geiko (Denís, min.46), Pesco (Dani de Sahorta, min.70), Ancho (Pepiño, min.70)
  • VOLANTES: Rubén Santos, Fran do Español, Juan do Sivil, Mingos, Pardelo (Javi, min.65), Varito, Nimo, Seluco, Jaro (Benja, min.65), Brais, Adrián.
  • Goles: 1-0, min.20: Ancho; 2-0, min.75: Raúl; 2-1, min.85: Seluco.

Segundo derbi muradán do ano que volveu demostrar que a igualdade entre os 4 equipos do Concello vai ser protagonista. Desta volta o Volantes chegaba invito, pero os loureáns puideron, tirando de experiencia no Agra da Filgueira, para empatar a puntos cos de Baño. Uns laranxas que quixeron render a súa homenaxe antes de comezar a Fran Baño.

Foi un partido cun ambiente excelente, con brega e tensión. Adiantouse o cadro local aos 20 minutos por medio de Ancho, aproveitando a mala saída do Volantes. Un Volantes que se foi entonando pero que non reaccionou de todo ata o segundo gol dos locais, por medio de Raúl. Aí si que espertaron os visitantes, pero xa non tiveron tempo para completar a remontada. Seluco recurtou e os de Baño tiveron varias ocasións para empatar pero sen sorte.

Seluco no MOntelour-Volantes-Foto- Edu Olveira

Muros - Baio (0-1)

  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete (Manu Dosil, min.46), Mayuyo, Teo, Gael, Lisardo, Dani Corniños, Gelo (Pulpo, min.70), Saúl, Sexo, Juanito Murciano (Eloy, min.60).
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Freddie, Mario, Pablo (Ramón, min.75), Norberto, Eloy, Diego, Rubio (Cristian, min.78), Martín (Jorge, min.60), MC.
  • Gol: 0-1, min.40: Martín.

3 xornadas de liga e aínda sen marcar un gol, pois o único gol do Muros chegou en propia meta no choque ante o Montelouro. Os muradáns seguen coa pólvora mollada, e malia facer un bo partido quedou de novo sen puntos. O Baio armouse ben atrás, deixou tocar aos muradáns e buscou perigosas contras cos seus MC, Rubio ou Martin, e máis tarde co novo Cristian, toda unha sensación en Baio aos seus 16 anos.

Foi o campitan Martín o que resolveu o choque cun tiro dende fóra traendo 3 bos puntos para Baio.

Corme - San Lorenzo

  • CORME: Javi, Adolfo (Juanma, min.65), Alejandro, Jesús, Pandi, Diego (Martinciño, min.60), Juan Chans, Adrián Doldán (Chino, min.89), Alejo, Lucas (Manu, min.86), Brais.
  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián Varela, Dubra, David, Anxo, Javi Pensado, Cachizo (Miguel Varela, min.85), Eloy (Manuel, min.46), Fuentefría, Juan.
  • Goles: 1-0, min.5: Adrián Doldán tras un erro do meta; 2-0, min.30: Juan Chans a pase de Alejandro.

Xa comeza a carburar este Corme, que se adianta moi pronto gracias á pillería de Adrián Doldán e ao erro do meta visitante. O San Lorenzo intentou safarse do dominio local pero a maquinaria do Corme estaba a pleno rendemento. Foi o capitán, que volvía a poñer orde no medio campo, o que realizaba unha tremenda zogada deixando só a Adolfo para facer o 2-0 á media hora.

Non foi quen o San Lorenzo de inquedar, máis que a balón parado aos cormeláns, e terán que agardar para sumar máis do seu único punto.

Mazaricos - Esteirana

Mazaricos-Esteirana 2 - Foto- Jorge Parri
  • MAZARICOS: Juan, Pereiro, Tubi, Rodri, Sandelo (Casáis, min.55), Ramón, Brais, Ricardo, Estéfano, Adrián, Marcos (Cristian, min.70).
  • ESTEIRANA: Beni, Pablo Serrano, Maxi (Suizo, min.80), Dani Rama, Adelino, Picholeiro (Cajulo, min.70), Pepiño, Andel, Álex, Simón (Róber Pladur, min.56), Kike Paluca.
  • Goles: 1-0, min.55: Brais; 1-1, min.67: Róber Pladur; 1-2, min.80: Róber Pladur.

Volveu demostrar a Esteirana que este ano, cas caras novas, vai estar arriba. E sacou 3 puntazos do Pino do Val con dous goles de Pladur, que serviron para remontar o gol inicial, á volta do descanso, de Brais.

A primeira metade foi igualada e sen demasiadas ocasións, pero o xogo combinativo dos visitantes na segunda parte deixo boas pinceladas de fútbol en Mazaricos.

Na bancada estaba Nito, ex adestrador do Mazaricos, co seu fillo Rodri, actual xogador - Foto- Jorge Parri

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Fonte

comentarios