1ª Autonómica: 2 equipos da Costa en ascenso

13:30 10/01/11
Segunda semana do ano e a Costa da Morte prántase con 2 equipos en ascenso. E xa toman en serio esto de chegar a Preferente os Cee e Xallas. Tanto José Manuel Pato como Iván Cancela, ambos cos pés no chan, miran cara arriba unha vez pulsado o nivel da liga. Esta semana o Cee acusaba o cansanzo do encontro de reis, pero malia caer na casa mantén o liderato. O Xallas vencía en San Tirso, e se coloca 3º empatado a puntos co Olímpico na segunda praza e a 1 só punto dos ceenses.
Completaron a mala semana os Zas e Dumbría. Os de Claudio Casal miran para a canteira e ata 6 xuvenís formaron no 11 que caeu ante o Vizoño, dando boa imaxe, iso si. Os que non deron a súa mellor versión foron os de José Canosa, que caían estrepitosamente en Arteixo.
San Tirso - Xallas (1-2)

- Xallas: David, Rubén Forján, Iván Forján, Pica, Álvaro, Brais (Ricardo, min.66), Adrián Prol (Pereiro, min.56), Jesús, Adrián Beiroa, Toni, Leo (Roberto, min.73).
- Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.22: Adrián Beiroa de penalti; 1-2, min.40: Adrián Prol tras un rexeite.
Zas - Vizoño (1-3)
- Zas: Luis de la Peña, Fabián, Luis Alvite, Dani, Javi Mancebo, Peque, Churía, Ismael, Esteban, Javi Suárez, Capote (Adrián, min.46).
- Goles: 0-1, min.30: de penalti; 1-1, min.40: Javi Suárez de golazo; 1-2, min.55; 1-3, min.80.
- Expulsión: Javi Mancebo no min.80.
Cee - Perlío (1-3)

- Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Jacobo, Sergio, Fermín (Luilli, min.50), Dani Freire, Chapu, Penedo, Tasky, Llanero e Angeliño.
- Goles: 0-1, min.50: Moncho de falta tras tocar en la barrera, 1-1, min.60: Tasky; 1-2, min.70 Saracho de penalti; 1-3, min.85: Saracho.
Atl. Arteixo - Dumbría (6-0)
- Arteixo: Periscal, Hugo, Borja (Mante min.67), Zalo, Félix (Maikol, min.74), Adolfo, Nano (Tato, min.70), Chechu, Quin, Rebolo (Pochi, min.63) e Mario David.
- Dumbría: Anxo, Iván Pequeño, Pablo Conde, Suso, Pablo Serrano, Schuster (Aarón, min.85), Iago, Tantán (Brais, min.46), Eloy (Marco, min.46), Isma e Alberto (Adrián, min.65).
- Goles: 1-0, min.15: Adolfo, de falta directa; 2-0, min.27: Felix; 3-0, min.46: Quin de cabeza a centro de mario; 4-0, min.50: Mario de penalti; 5-0, min.60: Felix; 6-0, min.70: Quin.
- Expulsión: Suso (min.60).
Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: Preferente: O Soneira suma e segue.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa.
- 3ª Autonómica: Nantón, Coristanco e Cabana comezan o ano goleando.
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas non ceden puntos co ano novo.
- 1ª Autonómica: O Xallas ameaza os postos de ascenso trala vitoria en Lamela.
- Resultados dos primeiros encontros do ano.
- Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.