248 ciclistas percorrerán os montes de Dumbría na I Ruta BTT


Este sábado día 5 de febreiro a partir das 9,30h, terá lugar a I Ruta BTT Concello de Dumbría. E serán nada menos que 284 participantes os percorrerán 42 km montados nas súas mountain bike polo termo municipal dumbriés.
Os participantes teñen que ter asinada a inscrición para recoller o dorsal correspondente. A saída e chegada da proba realizarase dende as instalacións deportivas do “Novo Conco”.
A ruta
A ruta ten unha dificultade media – alta, na sua maioria por camiños e pistas forestais. Parte da proba colle camiño Xacobeo, e dende distintos puntos poderase observar, dependendo do día, varias zonas da nosa bisbarra. A organización ten previsto 2 avituallamientos, o primeiro na ermita das Neves en Buxantes, e outro voluntario no lugar de Paradela.
Iso si, a ruta non é de carácter competitivo.
Ao final da proba os participantes desfrutaran duns pinchos nas instalacións deportivas, así coma unha camiseta conmemorativa e un calendario do Concello dumbriés.
Máis información
- Concello de Dumbría: Listaxe de participantes [pdf].
Novas relacionadas
- 1ª Ruta de Mountain Bike “Concello de Dumbría”.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
- Un exemplo sostible no carril-bici.
- 01-09-10: Bombeiros de todo o país colocan Ponteceso no centro do deporte multiaventura .
- 31-08-10: A Ruta BTT encheu Vimianzo de ciclistas.
Fonte
- Concello de Dumbría.