2ª Autonómica: A Liga ponse de amarelo
14:36 25/01/16
A Esteirana fixo sufrir ao Zas-Foto-Alejandro Mel
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
O partidazo da xornada xogábase na Pedra do Ouro, onde o Mazaricos confirmou a súa candidatura ao título vencendo a un dos máximos aspirantes, como era o Ponteceso. Foi nun partido moi tenso, non falto e polémica, que deixa ao cadro de Néstor a só 4puntos do liderado, superando xa ao equipo de Barca.
Por arriba non fallou o Zas, pero tocoulle sufrir ante un gran Esteirana. E dos 7 de arrriba, fallou tamén o Baíñas, ante unCerqueda que parece que lle ten tomada a medida. En todo caso, só separan 8 puntos ao Zas do equipo de Corredoira, polo que aínda queda moito por decidir.
Por abaixo, as malas liñas de Ameixenda, Cabana e Carnota van provocando cambios. Os ceenses estrearon, sen sorte, adestrador, con Raúl Periscal no banco. E a nova derrota dos cabaneses provocou a dimisión de Tono e Ordóñez.
Mazaricos - Ponteceso (1-0)
- Mazaricos: Miguel, Miguel, Marcos, Matías, Ricardo, Ramón (Brais, m.60), Ferreiro (Molinos, m.70), Brais, Estéfano (Tuco, m.85), David e Chenel (Martín, m.89).
- Ponteceso: Xurxo, Juanma, Charly, Adrián, Collazo (Youssef, m,75), Laik, Baba, Recarey, Puente, Mendieta e Dieguito (Ismail, m.65).
- Gol: 1-0, m.44: Ramón remata unha falta botada por Estéfano.
Zas - Esteirana (3-1)
Zas-Esteirana-Foto-Alejandro Mel
- Zas: Tívoli, Martín (Sande, m.6), Josito, Manu, Dieguiño (Diego F., m.60), Rubén Forján, Adri (Cili, m.88), Isma, Dani (Pablo, m.83) e Chapela.
- Esteirana: Roberto, Code, Tobío, Rada, Adrián, Martín, Marcos, Alex, Andel, Pablo (Brais, m.88), Campos e David (Simón, m.25).
- Goles: 1-0, m.50: Chapela remata un pase de Rubio; 1-1, m.58: Álex dende a frontal; 2-1, m.70: Chapela oportuno aproveita un rexeite do porteiro; 3-1, m.83: Rubio en xogada persoa.
Bo partido da Esteirana en San Andres-Foto-Alejandro Mel
Carnota - Coristanco (2-4)
- Carnota: Peipo, Tono, Manolo Chouza (Berni,m.50), Pedro Pichín (Cibrán, m.50), Adrián; José Ángel, Miguel, Nakata (Oreiro, m.55), Pumuki, Raúl e Óliver.
- Coristanco: Herrera, Mato, Iván, Pablo, Samuel (Marcos, m.85), Alexis (Álvaro, m.49), Pazos, Toni, Ivi (Joaquín, m.80), Magovi (Mallón, m.70) e Gonzalo.
- Goles: 0-1, m.20: Samuel; 0-2, m.35: Iván de penalti cometido sobre Gonzalo; 0-3, m.50: Magovi; 1-3, m.55: Cibrán de tiro lonxano polas escuadra; 2-3, m.65: Oreiro de tiro lonxano polas escuadra; 2-4, m.94: Gonzalo nunha contra.
Cee - Porteño (0-0)
- Cee: Paulo, Nico, Borja (Andrés Trillo, m.75), Aitor, Chiru, Penedo, Esteban (Piquero, m.20), Josiño (Jorge, m.65), David, Leo e Dani.
- Porteño: Martín, Pejo, Oli, Caamaño, Manue, Doyle, Quilmes, Iago (Rodrigo, m.65), Porto (Martín, m.82), Cristian e Wii (Marcos, m.75).
Camariñas - Ameixenda (3-2)
Camariñas-Ameixenda-Foto-Camariñas
- Camariñas: Pablo, Vicente, Maikol, Kevin, Niko, Paco, Moriño, David (Pablo Suárez, m.65), Sule, Yuyo (Rodrigo, m.85) e David Vieites (Meular, m.55).
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Javichu, Bichiño, Antón Lestón (Grille), Álex, Demetrio (Rafa), Serginho, Bicho (Brais), Borja e mario.
- Goles: 0-1: Mario; 1-1: Yuyo; (descanso); 2-1: Paco; 2-2: Bichiño; 3-2: Paco.
- Expulsións: os localis Paco e Sancho.
Camariñas-Ameixenda-Foto-Camariñas
Alta tensión
Partido de alta tensión no Hermanas Patiño polo que se xogaban os dous conxuntos. Foi un toma e daca, tanto de ocasións como de estopa. O Ameixenda, xa con Raúl Periscal no banco, estivo algo espeso e falto de tranquilidade co balón. Tivo algunhas ocasións a balón parado pero ten marxe de mellora tras 12 xornadas sen gañar.
Comezou marcando o equipo visitante a balón parado por medio de Mario, e antes do descanso puideron empatar os locais tras cun gol de Yuyo e mesmo poñerse por diante por un posible penalti sobre un Moriño que fixo un partido espectacular, coma sempre.
Na segunda Paco anotaba un golazo dende fóra da área para meter por diante aos de Javi Baña, pero Bichiño empataba de novo. Paco convertiríase no protagonista total do partido marcando outro golazo de falta por toda a escuadra, e despois sendo expulsado. Paco en toda a súa esencia.
Cerqueda - Baíñas (3-2)
Cerqueda e Baíñas saltando ao campo de Xaviña-Foto-UD
- Cerqueda Diego, Darío, Uru (Jon, m.62), Atu, Dano, Sergio (Brais, m.60), Luchi (Gemelo, m.60), Manu (Jonás, m.83), Martín (Martín, m.63), Lorenzo e Fer.
- Baíñas: Joselu, Cristian (Jaime), Mario Casal, Alemán, Matías; Jorge, Miguel, Cabeza (Canay), Dani Casal; Javi Suárez e Pablo Muíño.
- Goles: 1-0, m.10: Martín aproveita unha indecisión da zaga visitante; 1-1, m.18: Dani Casal de penalti; 2-1, m.30: Manu Guillamet coa axuda dun defensa; 2-2, m.40: Pablo Muíño; 3-2, m.93: Eloy nunha contra.
- Expulsión: o visitante Mario Casal.
Volantes - Castriz (3-4)
- Volantes: Rubén, Tiko (Mingos, m.55), Javi, Juan, Pablo, Roi, Pardelo (Mou, m.80), Kajulo, Piki, Andel (Uru, m.70) e Iago.
- Castriz: Añón, Gemelo, Miki, Uru, Alex, Maneiro, Dani, Bolón, Iván, Darío Capelo, Alex Flores. Tamén xogaron: Serrucho e os xuvenís Richi, Víctor e Roony.
- Goles: 1-0, m.9: Darío chuta, toca nun defensa e entra; 1-1, m.22: Piki aproveita un erro da defensa; 1-2, m.37: Iván a pase de Álex Flores tras xogada con Darío; 1-3, m.41: Álex Flores tras un córner; 1-4, m.51: Darío; 2-4,m .62: Iago a pase de Andel; 3-4, m.89: Javi de tiro cruzado.
Cabana - San Lorenzo (0-6)
- Cabana: Vázquez, Valiña, Raúl, José Cabana, Grille (Aurelio 56) Fernando (Diego), Adrián, Miki, Adán (Reigia, m.70), Manolo e Santi.
- San Lorenzo: Javi Souto (Puyol, m.60), Isaac, Kevin, Juanjo, Rubén, Álex Taibo, Álex Figueiras, Parafita, Fuentefría (Adrián m.65), Luís (Anxo m.30).
- Goles: 0-1, m.9: Luís; 0-2, m.39: Isaac; 0-3, m.50: Fuentefría; 0-4 m.60: Dani Pena; 0-5, m.65: Álex Figueiras; 0-6, m.80 Isaac.
O presidente Michel toma o mando do banco do Cabana
6 derrotas e un empate nas últimas 7 xornadas son demasiada lousa para a parella de adestradores do Cabana, Tono e Ordóñez, que presentaron a súa dimisión. O San Lorenzo foi demasiado rival para un Cabana que aguantou a primeira metade, pero que ao comezou da segunda, cando se veu abaixo no marcador e baixou os brazos.
Toma o mando do equipo, segundo nos confirma a directiva, o presidente Míchel, coa axuda de Pablo, directivo que tamén está botando unha man cos xuvenís.
Fisterra - Buño (6-3)
- Fisterra: Ángel, Muni (Manuel Cartamil, m.46), Julito (Cote, m.46), Robertín, Dani, Roco, Pablo Lestón, Bruno, Roa, Adrián Makaay (Santi, m.80) e Mané (Adri, m.70).
- Buño: Toni, Miguel, Dimitri, Pablo, Gesto, Emilio, Dani, Gurita, Juan, Víctor (Alex) e Richard.
- Goles: 0-1, m.15: Juan Antelo; 1-1, m.25: Mané remata a pracer un pase de Adrián Makaay; 1-2, m.30: Víctor remata uncórner botado por Pablo; 1-3, m.40: Juan Antelo nunha contra; 2-3, m.65: Mané de penalti sobre Cote; 3-3, m.70: Mané remacha a pracer outro pase de Adrián Makaay; 4-3, m.75: Adrián Makaay; 5-3, m.80: Bruno; 6-3, m.85: Manuel Cartamil nun córner.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).