2ª Galicia: igualdade máxima
11:52 18/09/17
Total igualdade no inicio de liga na 2ª Galicia. Moito empate e resultado moi apretados, o que da a indicar o que nos espera durante todo o ano. Todo o mundo vai a vender caros os puntos, e xogar como visitante vai a ser dificilísimo. Os ascendidos Lira e Muxía son boa proba disto, pois empezaron con dúas boas vitorias. Nos partidos estelares, igualadas en Buño e Baiñas, e ganancia do Mazaricos ante o Sp.Zas.
CORISTANCO 0 - MUXIA 1
CORISTANCO - Diego Mallo, Miguel Mallo, Javi, Mato, Andrade, Damián, Cristian (Vázquez 45´), Corral, Alex Botana (Añón 80´), Samuel (Jonathan 71´), Jorge Lorenzo (Miguel 60´)
MUXIA - Hugo, Borja Munitis, Michael, Tomas, Josiño (Mario 70´), Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martinciño (Iván Chans 75´), Conguito, Victor Alcaina (Ruso 75´), Julián.
0-1 85´Manu Nogueira
O Muxía levouse os puntos de Coristanco
Partido clásico na Rocheira, de loita e disputa e moito balón parado, marcado polas dimensións do terreo de xogo. No primeiro tempo o Muxía tivo unha clara ocasión de gol por medio de Josiño, e o Coristanco tentábao a balón parado. Cada corner era un perigo auténtico para o Muxía, que se defendeu como puido nestas accións. No segundo tempo o dominio do xogo foi para os visitantes, pero o Coristanco mandou un balón ó pao, e pronto a expulsión do muxián Tomas no 60´parecía decantar o duelo do lado local, pero a fichaxe estrella do Muxía, Manu Nogueira, xustificou a súa categoría e conseguiu o único tanto do encontro.
CAMARIÑAS 3 - MONTELOURO 1
CAMARIÑAS - Pablo Novo, Rodri, Nico, Joseba (David 74´), Maikel, Santos (Soule 82´), Moriño, Brais (Dani Costa 89´), Adrián (Kevin 89´), Javi Antelo, Mickael
MONTELOURO - Iago (Fer 60´), Vidal (Manolo Chouza 77´), David, Pedro García, Cesar, Adrián, Raul, Miguel, Geiko (Mayo 83´), Juan de Celia (Gabri 69´)e Riki
GOLES: 1-0 26´Mikael 1-1 48´Raul 2-1 51´Javi Antelo 3-1 89´Soule
O gardameta do Montelouro recibiu un forte golpe
Igualado partido en Camariñas, que se decidiu por pequenos detalles. O Montelouro non estivo excesivamente centrado, quizais pensando mais na traxedia de Lariño e no seu mister Oscar Leis, que está a pasar difíciles momentos familiares. Por encima o partido non foi a mellor das novas para alegrar estes complicados días, pois ainda que Raul foi quen de igualar o gol inicial de Mikael, pronto o talentoso Javi Antelo poñía en vantaxe ó Camariñas. Soule, regresado do Dumbría, sentenciaba no treito final.
ESTEIRANA 1 - CERQUEDA 1
ESTEIRANA - Roberto, Code (Eloy 80´), Simon, Samu Pensado, Jaime, Brais (Estévez 56´), Manu Tobío, Alex Rama (Adrián 63´), Josiño, Roberto Pladur, Pablo Rama
CERQUEDA - Diego Dourado, Dani, Javi Souto, Javi Pazos, Eloy (Adrián 58´), Michel, Manu Guillamet, Martín, Cristian Méndez (Julián 66´), Iván Mato (Dani Mato 89´), Darío (Atu 85´)
GOLES: 0-1 38´Iván Mato 1-1 75´Adrián
Cerqueda e Esteirana firmaron unha competida igualada
Bo encontro en Esteiro entre dous dos chamados a ser equipos importantes neste ano, cada un coas súas armas.. O primeiro tempo foi disputadísimo, con un Cerqueda replegado e a Esteirana tentando levar a iniciativa, buscando á súa estrela, Pladur. Diego Dourado ten que intervir nunha gran parada tras remate a boca de xerro dun dianteiro local, e nunha contra claro penalti sobre Méndez, que transforma Mato. A Esteirana no segundo buscou mais fútbol directo e foi superior ó Cerqueda, igualando o partido nun disparo de Adrián dende fora da area. Aínda se salvou o Cerqueda da derrota nunha falta acabando o encontro que bateu na cruceta e na liña de gol. A Esteirana dou boa imaxe do que pode ser este ano, un conxunto moi dinámico, de fútbol veloz e de calidade. O Cerqueda na súa liña, rocoso e duro para os equipos rivais, con un Dourado en plan estelar na tarde de onte.
MALPICA 0 - CEE 2
MALPICA - Lamas, Pablo (Joel 78´), Mante, Santi Cambón (Reigia 3´), Jesús, Martín, Elhadji, Gustavo, Dariel, Carro e Rubén Castro (Juanjo 66´)
U.C.CEE - Carlos, Esteban, Aitor, Borja, Guardiola, Jorge, Javi (Adrián 71´), Martín, Uri (Leo 79´), Juan Bello e Nes (Carlos Castiñeira 81´)
GOLES: 0-1 44´Javi 0-2 62´Martin
O Cee aproveitouse da falta de conxunción do Malpica
Un Malpica en construcción foi xustamente derrotado polo U.C. Cee de Pato, que se aproveitou da incertidumbre que acompañou ós Malpicáns nos últimos días, sin tan siquiera saber con certeza se o equipo ía poder a sair a competir. Unha falta lonxana de Javi e un gol de Martín tras un disparo rexeitado polo gardameta Lamas foron suficientes para os ceenses, que presentaron un equipo moi xoven e prometedor, con Guardiola e Juan Bello, na súa volta a Malpica, como mestres de ceremonias.
BUÑO 0 - CORME 0
BUÑO - Brais, David Alvarez, Eloy, Moscoso, Canedo (Manu 80´), Jorge Calvete, Petis, Fran (Pedro 73´), Martín (Richard 78´), Emilio e Adrián (Juan Antelo 85´)
CORME - Susiño, Jesús (Alex 80´), Dani Cousillas, Pandi, Javi Peón (Josiño 78´), Sueiro, Diego (Eloy 75´), Doldán, Brais Torrado (Uru 73´), Lucas, Toniño
O Buño competiulle moi ben a un dos favoritos
Moita xente en Xaviña con nutrida presencia da afección visitante. Gran primeiro tempo, con ocasións para ambos lados. O Corme tivo dúas claras opcións: a primeira nas botas de Lucas a pase de Doldán e a outra nun remate de Brais Torrado. En ambas o gardameta local Brais estivo excelente. Respostou o Buño por medio de Petis pero o seu remate cruzado sacouno Suso cando se cantaba o gol.
O segundo tempo foi mais cerrado, con moito centrocampismo e poucas ocasións. Afeouse o encontro cun par de tanganas. Tivo a vitoria o Buño nunha xogada de Petis que Richard non foi quen de materializar. Foron expulsados Sueiro no 67´por parte do Corme, e Moscoso no 89´por parte do Buño
LIRA 2 - OUTES 0
LIRA - Peipo, Adrián (Eloy Karocho 89´), Pedro, Javichu, Jano, Yerai, Miguel (Isma 83´), Cristian, Toni, Pesco e Joseph
OUTES - Xandre, Borja (Veleiro 75´), Cutu, Dani Maroñas, Pose, Chía (Iago Dosil 66´), Martín, Eli, Jura, Dani Corniños (Babu 89´) e Marito.
GOLES: 1-0 74´Cristian 2-0 87´Isma
Partido propio de inicio de tempada en Lombáns, con dous equipos ainda en rodaxe pero que mostraron o que poden ser na tempada, sobre todo este Lira que ilusiona, con xogadores de calidade en todas as liñas. A iniciativa foi do Outes pero o equipo de Cambeiro evidenciou unha elevada falta de acerto cara a gol . O Lira soubo esperar a súa oportunidade. No minuto 74 Cristian remate en area pequena libre de marca á saída dun corner. O Outes volcouse pero a pouco do final Isma nun falta latera remata so en boca de gol a sentencia do encontro.
BAIÑAS 1 - PONTECESO 1
BAIÑAS - Víctor, Cristian, Roi Carril, Jesús (Coto 75´), Héctor (Cachi 69´), Pejo, Canosa (Damián 87´), Felipe, Luis (Oreiro 63´), Esteban, Javi Souto
PONTECESO - Xurxo, Martín Puente (Dieguito 71´), Luís Alvite, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Rubén Sotelo, Iago (Juanma 79´), Mendieta, Ismail (Luca 74´) e Eloy Alvarez (Yago 66´)
0-1 30´Eloy Alvarez 1-1 75´Felipe
Partidazo no estreo de Tito Pedreira no banquillo pontecesán, entre dous dos favoritos ó título costeiro. Igualdade no primeiro tempo. Javi Souto tivo unha boa opción no 22´, e Eloy Álvarez no 25´respostou cun tiro lonxano. O mesmo dianteiro foi o que anotou o 0-1 tras varios rexeites na area. O Baiñas saíu a polo empate no egundo tempo. Tivo o segundo gol Recarey nas súas botas pero o pao evitouno. A igualada chegou tras unha falta lanzada por Javi Souto, rexeitada por Xurxo e Felipe na liña de gol anotou o tanto. Gran partido, de ti a ti, con fútbol de quilates de dous equipos chamados a cousas grandes este ano.
MAZARICOS 3 - SP.ZAS 2
MAZARICOS - Toni, Raul (Oreiro 78´), Miguel, Pereiro, Roberto, Martín (Amoedo 52´), David, Ricardo, Manuel Luis (Barbeira 58´), Molinos (Carreira 40´), Estéfano (Iago 89´)
SP.ZAS - Tivoli, Jaime, Isma, Vecino (Brais 75´)(Rubén 80´), Alex, Bruno, Manu Fuentes, Josito (Pablo Fuentes 55´), Diego Fdez., Rubio, Dani Mato (Andres 66´)
GOLES: 1-0 5´Manuel Luis 2-0 9´Manuel Luis 2-1 36´Alex 2-2 50´Josito 3-2 79´Carreira
Partido entre candidatos en Mazaricos. Unha saída dos vestiarios moi tibia do Zas propiciou que pronto os locais se puxeran con 2 goles de vantaxe. Isto condicionou o choque, e cambiou os plans de ambos adestradores. O Zas lanzouse a polo empate, recortou diferencias por medio do ex do Castriz Ales, e puido empatar con dous remates ó pao. A igualada chegou ó inicio do segundo tempo. Ata o final, o partido gañou en intensidade. Ambos equipos puideron levarse o encontro, pero foi o Mazaricos quen se levou o gato á auga, cando xusto na xogada anterior o Zas tivera unha ocasión clara para anotar o terceiro tanto.