xoves. 01.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: o Mazaricos aguanta a persecución da Esteirana

2ª Galicia: o Mazaricos aguanta a persecución da Esteirana
MAZARICOS C.F. 2 - MUXÍA C.F. 1 MAZARICOS C.F. - Toni, Danis, Martín, Sueiro, Raúl, Orlando, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano e Pereiro. Tamén xogaron Molinos, Barbeira, Amoedo e Iago. MUXÍA C.F. - Hugo, Iván Chans, Michael, Conguito, Martín, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Mario, Mauro, Lagoa e Manu Nogueira. Tamén xogaron Isma, Tomás, Pereira e Ruso. GOLES: 1-0 29´Manuel Luis   2-0 71´David de pti   2-1 83´Ruso Partido a cara de can no Pino do Val. O Mazaricos aproveitou as súas ocasións ante un Muxía respondón. Despois de ocasións de Manu Nogueira e Mario para os visitantes adiantouse o Mazaricos por medio de Manuel Luis á media hora. O Muxía buscou o empate pero nunha contra local o Mazaricos atopouse cun penalti que transformou David. A pesar de que acortaron diferencias os visitantes non tiveron tempo de atopar o empate. S.D. CORISTANCO 0 - U.D. MONTE LOURO 1 Diego Mallo estivo moi seguro como sempre S.D. CORISTANCO - Diego Mallo, Cristian, Lagoa, Pazos, Botana, Cebey, Samuel Vázquez, Rial, Javi, Damián e Samu. Tamén xogaron Braian, Mato e Diego Castro. U.D. MONTE LOURO - Marcos, Abel, Pablo Vidal, Cesar, Dani Corniños, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Dani de Sahorta, Juan de Celia e David. Tamén xogaron Geiko, Gabri, Manolo Chouza e Juanma. GOL: 0-1 94´Alex Siaba Atopouse coa vitoria o Monte Louro no tempo de desconto cando todo o mundo daba por bo o empate. Partido típico da Rocheira, con moito fútbol directo e poucos espacios para crear xogo combinado. Ambos equipos sabían da importancia dos puntos e non concederon facilidades defensivas. Cando o partido esmorecía un disparo de Alex Siaba bateu nun defensa e descolocou a Diego Mallo, sendo o único tanto do partido. Juan de Celia, sempre perigoso, estivo moi vixiado pola defensa local CAMARIÑAS F.C. 1 - U.D. CERQUEDA 2 CAMARIÑAS F.C. - Martín, Rodri, Rodrigo Santos, Moriño, Maikel, Nico, Mickael, Soule, Adrián Bardanca, Diego, Brais. Tamén xogou Dani. U.D. CERQUEDA - Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Javi Pazos, Martín, Michel, Gonzalo, Marcos Pensado, Iván Mato e Manu Guillamet. Tamén xogaron Castro, Eloy, Bastón e Uru. GOLES: 0-1 22´Javi Souto   0-2 50´Iván Mato   1-2 77´Maikel O Cerqueda defendeu con seriedade en Camariñas Xusta vitoria dun Cerqueda superior en Camariñas. Anotou Javi Souto á saída dun córner ós 20 minutos. O Cerqueda tivo ocasións nas botas de Gonzalo, Iván Mato e Pazos para aumentar a conta. Nunha contra no segundo tempo Iván Mato fixo o segundo, e volveron a fallar claras ocasións para sentenciar. Nun erro defensivo do Cerqueda acortou distancias o Camariñas de penalti, e os locais acosaron, cunha ocasión nun disparo de Moriño que se foi fora. Javi Pazos marrou unha boa ocasión S.D. ESTEIRANA 3 - U.C. CEE 1 S.D. ESTEIRANA - Rober, David, Codesido, Dani Rama, Josiño Alves, Alex Rama, Xián, Rober Pladur, Pablo Rama, Eloy e Manu Tobio. Tamén xogaron Jaime, Cristian, Brais e Eloy Fdez. U.C. CEE - Carlos, Martín, Borja, Nico, Aitos, Esteban, Penedo, Castiñeira, Charly, Juan Bello e Canosa. Tamén xogaron Javi e Ale Agulleiro. GOLES: 1-0 3´Rober Pladur   2-0 34´Rober Pladur   3-0 37´Alex Rama   3-1 41´Penedo Expulsado Eloy e Penedo Inicio de partido demoledor da Esteirana, que anotou moi cedo por medio do seu goleador Pladur. Igualouse o partido pero en dous arrebatos de calidade os locais anotaron dous tantos máis, que deixaron o partido moi costa arriba para o Cee. O segundo tempo foi parecido ó primeiro, cunha boa saída da Esteirana, que non foi quen de anotar. A expulsión de Eloy Campos fixo que o Cee definitivamente se fora en busca do empate, pero non estiveron excesivamente acertados cara a gol e a Esteirana levouse a vitoria. S.C.D. MALPICA 1 - CORME C.F. 0 O encontro foi disputado ata o final - Foto Fin Lema. S.C.D. MALPICA - Anxo, Mante, Omar, Mauri, Juan Fuentes, Santi, Eloy, Gonzalo Vilariño, Vituco, Dani Casal e Ures. Tamén xogaron Gustavo e Andy. CORME C.F. - Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Eloy, Pandi, Diego, Doldán, Lucas, Toniño, Javi Peón e Alejo. TAmén xogaron Alejandro, Manu Bermúdez e Samu Costa. GOL: 1-0 8´Juan Fuentes Expulsados Gonzalo 89´e Dani Cousillas 61´ Lucas e Mante, dous dos destacados O Malpica está a rentabilizar os seus goles para lograr apretados triunfos que os están a sacar dos postos baixos. A volta de Eloy doulle fútbol ós malpicáns no centro do campo, e a nova fichaxe, Juan Fuentes, de gran testarazo á saída dun córner nos momentos iniciais do partido doulle a vitoria ante un Corme que decepcionou pois as expectativas despois dos últimos resultados eran moi elevadas. A expulsión de Dani Cousillas no segundo tempo acabou de rematar coas opcións dos visitantes de levarse puntos da Pedra Queimada. BUÑO S.D. 1 - OUTES C.F. 1 BUÑO S.D. - Brais, David Dourado, Manuel, David Alvarez, Pablo, Jorge Calvete, Petis, Fran, Richard, Emilio e Adrián Rama. Tamén xogaron Pedro, Juan Antelo e Pereira. OUTES C.F. - Antón, Cutu, Jura, Alvaro, Maroñas, Pose, David, Ramón, Elías, Yago Dosil e Mario. Tamén xogaron Bruno, Xandre e Babu.  GOLES: 0-1 84´Mario   1-1 89´Pedro Partido de necesidades en Xaviña, con dous equipos que buscas escapar da queima, e esa tensión reflexouse na igualdade e no fútbol realizado. Os goles chegaron contra o final do encontro, despois de que o Outes, nun bo segundo tempo, se puidera adiantar antes no marcador. Foi o extremo Mario cun golazo pola escuadra o que parecía dar o triunfo ós visitantes, pero pouco despois á desesperada igualou o Buño cando non se esperaba. Foille anulado un tanto ó Outes no primeiro tempo. LIRA C.F. 2 - PUENTECESO S.D. 1 LIRA C.F. - Raúl, Eloy, Pedro, Jano, Cristian, Miguel, Coté, Toni, Kike Paluca, Bruno e Isma Sanli. Tamén xogaron Chema, Oliver, Lamela e Adrián Díaz. PUENTECESO S.D. - Damián, Martín Puente, Matías, Eloy Trigo, Ismais, Mendieta, Luca, Iago García, Rubén Sotelo, Adrián Pose e Iván Rodríguez. Tamén xogou Mouhssi. GOLES: 1-0 36´Isma Sanli   1-1 51´Rubén Sotelo   2-1 88´Jano O Lira está a escapar da queima nas últimas semanas, a pesar dos continuos cambios no plantel. Onte o que debutou foi Coté procedente do Corcubión. Os locais dominaron o primeiro tempo e adiantáronse cun gol de Isma. O Puenteceso puido empatar nun remate de Luca a pase de Matías. Rubén Sotelo anotou un golazo para igualar o encontro, pero o de sempre, Jano, daría contra o final o triunfo ós locais. BAIÑAS C.D. 1 - SPORTING ZAS 1 C.D. BAIÑAS - Víctor, Tantán, Samuel, Moreira, Esteban, Jesús, Canosa, Mayor, Javi Souto, Pablo Muíño e Javi García. Tamén xogaron Oreiro, Felipe e Damián. SP.ZAS - Miguel, Jaime, Alex, Manu Fuentes, Fabián, Isma, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes e Bruno. Tamén xogaron Víctor Vecino e Andrés. GOLES: 0-1 31´Rubio   1-1 55´Tantán Partido controlado polos visitantes, a pesar dun forte arranque do Baíñas. O gol de Rubio doulle serenidade ó Zas que tivo dúas boas opcións para marcar un segundo tanto antes do descanso. Nunha falta lanzada por Tantán que rebotou nun defensa igualou o Baíñas. Ata o final ocasións en ambas porterías, a máis clara para Dani Mato nun claro remate que saíu moi centrado.  

Comentarios