2ª Galicia: O Mazaricos colle máis distancia

10:54 05/02/18
MAZARICOS C.F. 2 - U.D. MONTE LOURO 0
MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Amoedo, Ricardo, Manuel Luis, Molinos, Estéfano, Oreiro, Barbeira e Pereiro. Tamén xogaron David, Carreira, Martín e Iago.
MONTE LOURO: Pedro, Miguel, David, César, Manolo Chouza, Adrián, Alex Siaba, Dani Corniños, Raúl, Juan de Celia e Dani de Sahorta. Tamén xogaron Gabri, Abel, Juanma e José Mayo.
GOLES: 1-0 63´Estéfano 2-0 89´Estéfano
Expulsado Pereiro 84´
Presentouse o Louro ante o líder co defensa Pedro García de porteiro, pero plantou cara durante moitos minutos e puido levar máis premio. O Mazaricos xogou o seu clásico partido con orden e solvencia defensiva, e aproveitou un erro do rival, e outro gol á contra cando o encontro esmorecía para levarse os puntos. Juan de Celia e Alex Siaba tiveron boas ocasións para os de Louro, pero o meta Toni estivo moi acertado. O terreo de xogo, moi pesado, foi un condicionante importante para o fútbol que se viu.
MUXÍA C.F. 0 - U.D. CERQUEDA 1
MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Conguito, Pereira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Martín, Mario, Lagoa, Isma e Mauro. Tamén xogaron Angel Luis, Roi, Manu Nogueira e Toja.
CERQUEDA: Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Pazos, Manu Guillamet, Iván Mato, Marcos Pensado, Méndez, Gonzalo e Martín. Tamén xogaron David Doutrado, Julián e Uru.
GOL: 0-1 12´Marcos Pensado
Encontro moi igualado e matutino en Arliña. Marcos Pensado dun disparo dende fora da area decidiu o encontro. O Muxía remou todo o encontro, tivo boas ocasións, sobre todo unha de Mauro, pero Diego Dourado estivo espléndido na meta visitante. No segundo tempo o meta do Cerqueda estivo tamén moi ben ante Lagoa, Pereira e Víctor Alcaina. O Cerqueda, moi serio defensivamente, contivo ó equipo local, e cando foron superados en defensa, como nun disparo de Conguito no tempo de desconto, estivo o meta Dourado para darlle os puntos ó seu equipo.
S.D. CORISTANCO 2 - U.C. CEE 1
CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Pazos, Cristian, Botana, Samu Vázquez, Rial, Jorge Lorenzo, Samuel e Corral. Tamén xogaron Lagoa, Cebey, Torres e Figueiras.
CEE: Parroto, Nico, Jorge, Chema, Aitor, Carlos Leis, Martín, Esteban, Charly, Juan Bello e Adrián Canosa. Tamén xogaron Javi, Leo e Carlos.
GOLES: 0-1 53´Martín 1-1 93´Mato 2-1 95´Figueiras
Incrible final o visto en Coristanco, onde o equipo local perdía ante o Cee pasados 3 minutos do tempo regulamentario pero dous balóns parados déronlle a vitoria os de Pensado. O encontro foi de alta tensión, pois os equipos xogábanse moito. Adiantouse o Cee no inicio do segundo tempo, o Coristanco botouse arriba na busca da igualada, marrou as ocasións que tivo, pero no desconto tiveron un insospeitado premio.
CAMARIÑAS F.C. 3 - CORME C.F. 2
CAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Moriño, Brais, David, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Mickael, Nico e Maikel. Tamén xogaron Djibi, Dani Costa, Diego Campaña e Rodrigo Santos.
CORME: Susiño, Jesús, Pandi, Eloy, Diego, Doldán, Brais, lucas, Alejandro, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Sueiro e Javi Peon.
GOLES: 1-0 20´Soule 1-1 34´Doldán 1-2 59´Alejo 2-2 79´Soule 3-2 90´Djibi
O Camariñas reaccionou ben cando se viu apretado, e despois da súa vitoria en Cee da semana pasada, dou a sorpresa e venceu ó Corme remontando o encontro. Adiantáronse os locais por medio de Soule, bigoleador, pero primeiro Adrián Doldán e logo Alejo de penalti puxeron por diante ó Corme, a pesar do gran primeiro tempo camariñán. Nos intres finais os locais puxeron a remontada, con goles de Soule novamente e do debutante Djibi co tempo cumplido.
S.D. ESTEIRANA 0 - OUTES C.F. 2
ESTEIRANA: Roberto, Simón, Dani Rama, Codesido, Josiño Alves, Alex Rama, Adrián, Rober Pladur, Pablo Rama, Jaime e Josiño Barreiro. Tamén xogaron Estévez e Eloy.
OUTES: Xandre, Cristian, Cutu, Maroñas, Pose, Ramón, Elías, Simón, Alvaro, Jura e Mario. Tamén xogaron Yago Dosil, David, Joel e Saúl.
GOLES: 0-1 43´Pose 0-2 67´Mario
Levouse o Outes o derbi. Un primeiro tempo de dominio da Esteirana acaba sorprendentemente cun penalti de Dani Rama a Elías, que Pose transforma no primeiro tanto. No segundo tempo a Esteirana buscou o empate, e o Outes, buscando as contras, atopouse co segundo tanto de Mario. De ahí ó final o meta visitante tivo que desbaratar varias ocasións locais e así amarrar o resultado.
S.C.D. MALPICA 2 - PUENTECESO S.D. 1
MALPICA: Anxo, Jordan, Omar, Dimitri, Santi, Gonzalo Vilariño, Andy, Eloy, Vituco, Dani Casal e Ures. Tamén xogou Rubén.
PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Luis Alvite, Eloy Trigo, Recarey, Iván, Dieguito, Juanma, Rubén Sotelo, Luca e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Iago, Adrián Pose e Mouhssin.
GOLES: 0-1 53´Dieguito 1-1 79´Gonzalo Vilariño 2-1 89´Dani Casal
Tarde invernal na Pedra Queimada. Primeira parte sen apenas ocasións, unha por bando. Nada máis sair dos vestiarios Dieguito inaugurou o marcador. Tivo Vituco un par de boas ocasións. Nos instantes finais primeiro Gonzalo nunha falta lateral e Dani Casal co tempo cumplido déronlle os puntos ó Malpica.
BUÑO S.D. 0 - SP. ZAS 1
BUÑO: Juan, David, Manuel, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petis, Fran, Adrián, Pedro e Dourado. Tamén xogaron Richard, Emilio, Eloy e Juan Antelo.
SP.ZAS: Miguel, Jaime, Isma, Víctor Vecino, Manu Fuentes, Diego, Rubio, Dani Mato, Pablo, Bruno e Alex. Tamén xogaron David Blanco, Fabián, Andrés e Rubén.
GOL: 0-1 72´Alex
Alónxase o Zas dos postos baixos merced a unha traballada vitoria no campo do difícil Buño. O dominio foi alterno dende o principio. Puido adiantarse o Zas no primeiro tempo en dúas indecisións da defensa local, pero foi no segundo tempo nun córner onde o central Alex, decisivo cara a gol nas últimas semanas, conseguiu o único gol do encontro. O Buño buscou o empate pero os visitantes aguantaron ben a presión e leváronse os puntos.
LIRA C.F. 3 - C.D. BAÍÑAS 6
LIRA: Raúl, Eloy, Cristian, Jano, Pedro, Miguel, Kike, Oliver, Bruno, Isma e Toni. Tamén xogaron Isma Leis, Chema e Adrián.
BAÍÑAS: Víctor, Tantán, Moreira, Héctor, Mayor, Cristian, Javi, Pablo Muíño, Jesús, Felipe e Hermida. Tamén xogaron Damián, Oreiro e Javi García.
GOLES: 0-1 40´Mayor 1-1 48´Oliver 1-2 58´Javi Souto 1-3 62´Javi Souto 1-4 85´Pablo Muíño 2-4 87´Bruno 3-4 88´Jano 3-5 89´Javi Souto 3-6 94´Pablo Muíño
Encontro de locos en Lombáns, con 9 tantos e alternancia no marcador. Chegouse ó descanso con triunfo do Baíñas cun solitario tanto de Mayor. Igualou o Lira á volta do descanso pero foi un espellismo. Javi Souto e Pablo Muíño destrozaron á defensa do Lira, e a pesar dun amago de remontada con goles de Jano e Bruno, o Baíñas coa súa parella de dianteiros estrela en boa forma, levouse o encontro con claridade.


