xoves. 01.05.2025
El tiempo

2ª Galicia: O Mazaricos máis líder

2ª Galicia: O Mazaricos máis líder
MUXÍA C.F. 3 - U.D. MONTE LOURO 0 MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Michael, Conguito, Martín, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Mario, Lagoa, Isma e Mauro. Tamén xogaron Tomás, Pereira e Ruso. MONTE LOURO: Fer, Pablo, David, Cesar, Pedro, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Dani Corniños. Tamén xogaron José, Miguel, Manolo Chouza, Cristian e Juanma. GOLES: 1-0 11´Víctor Alcaina   2-0 43´Mauro   3-0 62´Víctor Alcaina de pti Expulsado Michael 70´e Tomás 89´. O campo de Arliña, nun entorno paradisíaco Bo triunfo do Muxía no partido entre os equipos revelación do campionato. Adiantouse pronto o equipo local, nun remate de Víctor Alcaina. Os de Louro buscou a igualada pero nunha boa combinación entre Mario e Víctor Alcaina chegou o segundo xusto antes do descanso. A pouco da saída de vestiarios sentenciou o Muxía o partido, nun penalti cometido sobre Mario que anotou Víctor Alcaina. O Muxía foi superior ó Monte Louro U.D. CERQUEDA 1 - S.D. CORISTANCO 0 CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Pazos, Marcos Pensado, Martín, Michel, Manu Guillamet, Iván Mato, Gonzalo. Tamén xogaron Eloy, Uru, Bastón, Méndez e Julián CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Lagoa, Botana, Samu Vázquez, Corral, Javi, Jorge, Damián e Samuel. Tamén xogaron Pazos, Cristian, Braian, Rial e Torres. GOL: 1-0 56´Gonzalo Lagoa estivo moi seguro en defensa Partido moi igualado en Xaviña. O primeiro tempo foi disputado e sen ocasións de gol. Reclamou o Coristanco un posible penalti no 35´que o colexiado sacou fora da area. O Cerqueda, un equipo moi serio defensivamente, esperou a súa oportunidade, e tivoa no 56´, nun balón parado que Gonzalo rematou a gol. O Coristanco foise ó ataque, tivo unha boa opción nun centro ó que Pazos non chegou por pouco, pero o Cerqueda aguantou ben o resultado. O partido foi de disputa e igualdade U.C.CEE 0 - CAMARIÑAS F.C. 5 CEE: Parroto, Martín, Borja, Nico, Alex, Esteban, Aitor, Carlos Leis, Leo, Adrián Canosa e Javi Canosa. Tamén xogaron Castiñeira e Isma. CAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Nico, Moriño, Brais, David, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Mickael e Maikel. Tamén xogaron Diego, Dani Cista e Santos. GOLES: 0-1 4´David   0-2 23´Soule   0-3 38´Adrián Bardanca   0-4 46´Soule   0-5 48´Maikel Nun partido clave para o descenso, o Camariñas dou un golpe de autoridade ó vencer en Sampaio de Refoxos por 0-5 nin máis nin menos. Un primeiro tempo de alta efectividade, con goles de David Pasantes, Soule e Adrián Bardanca doulle unha vantaxe ós visitantes imposible de remontar, sobre todo se á saída de vestiarios o Camariñas anota dous tantos máis que sentenciaron o encontro. CORME C.F. 2 - S.D. ESTEIRANA 0 CORME: Susiño, Jesús, Pandi, Diego, Javi Peón, Sueiro, Doldán, Brais Torrado, Lucas, Toniño e Alejo. Tamén xogaron Eloy, Manu Bermúdez, Alejandro e Samu Costa. ESTEIRANA: Roberto, Simón, Codesido, Dani Rama, Josiño Alves, Alex Rama, Adrián, Rober Pladur, David, Jaime e Manu Tobío. Tamén xogaron Estévez, Eloy, Josiño Barreiro e Xián. GOLES: 1-0 33´Doldán   2-0 63´Alejo Expulsado David 52´ Gran partido no Cairo entre dous candidatos ó título. Igualdade en xogo pero ocasións iniciais para os cormeláns. Un centro de Lucas rematouno Alejo fora antes do gol inicial de Doldán. Antes do descanso Susiño tivo que evitar o empate de Alex Rama. Foi expulsado David Pais no 52´, pero a Esteirana non acusou xogar con 10 e atacou para buscar a igualada. Manu Tobío tivo o empate pero rematou fora cando xa se cantaba o gol. Simón nun libre directo e Tobío de novo puideron igualar o partido pero foi Alejo o que cun auténtico golazo. A Esteirana seguiu atacando e a ocasión máis clara tivoa Pladur nunha pena máxima, pero Susiño detivo o lanzamento. OUTES C.F. 1 - S.C.D. MALPICA 2 OUTES: Antón, Cutu, Maroñas, Pose, David, Ramón, Elías, Babu, Simón, Jura e Mario, Tamén xogaron Bruno e Saúl. MALPICA: Anxo, Mante, Omar, Mauri, Juan Fuentes, Santi, Andy, Eloy, Vituco, Dani Casal e Ures. Tamén xogaron Jordán, Fabio e Pablo Souto GOLES: 0-1 21´Dani Casal  1-1 24´Pose de pti   1-2 64´Vituco O balón parado decidiu no Cunchido o duelo de urxencias. Adiantouse o Malpica nun golazo de Dani Casal de falta. Igualou o Outes de penalti sobre Elías que transformou Pose pouco despois. Pero no segundo tempo un cabezazo de Vituco á saída dun córner doulle os puntos ó equipo visitante. PUENTECESO S.D. 1 - BUÑO S.D. 1 PUENTECESO: Xurxo, Luis, Matías, Eloy Trigo, Iván, Dieguito, Yago, Rubén Sotelo, Iago García, Luca e Ismail. Tamén xogaron Mouhssin e Eloy Alvarez BUÑO: Brais, David, Manuel, Alvarez, Pablo, Jorge, Petís, Fran, Adrián, Pedro e Martín. Tamén xogaron Eloy, Juan Antelo e Richard GOLES: 1-0 53´David Alvarez en pp   1-1 61´Pablo Empate no derbi que de pouco lles serve a ambos equipos Derbi de empate xusto no Pinguel. Petís abriu o xogo con dúas boas ocasións. Respostou o Puenteceso cun disparo lonxano de Dieguito. Chegaron os goles no inicio do segundo tempo, primeiro nunha xogada desgraciada David Alvarez anota en propia porta pero nun balón parado igualou Pablo Canedo. Tivo o Puenteceso a vitoria contra o final pero o remate de Iago sacouno Brais cunha boa man. SP. ZAS 3 - LIRA C.F. 5 SP. ZAS: Miguel, Jaime, Isma, Josito, Rubio, Dani Mato, Pablo, Bruno, Fabián, Alex e Manu Fuentes. Tamén xogaron Víctor Vecino, Diego, David Blanco e Rubén. LIRA: Raúl, Jano, Cristian, Eloy, Chema, Cote, Miguel, Toni, Kike, Bruno e Isma Sanli, Tamén xogaron Ramón, Lamela e Adrián. GOLES: 0-1 12´Isma Sanli   1-1 20´Isma   2-1 22´Jaime   2-2 24´Jano   2-3 25´Toni   2-4 57´Kike   2-5 61´Ramón   3-5 76´Cristian e pp O Lira está imparable nas últimas semanas Vaia partido de locos en San Andrés. Goles por ambos lados, alternancia no marcador e un Zas que segue a dar facilidades defensivas que o condenan ás derrotas. Adiantouse o Lira pero o Zas en 2 minutos levantou o encontro con goles de Isma e Jaime. Pero lonxe de aguantar o marcador desperdiciaron en seguida a vantaxe e foron ó descanso perdendo 2-3. No segundo tempo Kike e Ramón ampliaron a vantaxe dun Lira moi cómodo defendendo e cunha contra mortal, que se levou os puntos con xustiza. C.D. BAÍÑAS 1 - MAZARICOS C.F. 2 BAIÑAS: Víctor, Tantán, Roi, Moreira, Jesús, Cristian Canosa, Mayor, Javi Souto, Pablo Muíño, Hermida e Oreiro. Tamén xogaron Esteban e Felipe. MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Amoedo, Alvaro, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Orlando e Pereiro. Tamén xogaron Molinos, Barbeira, Carreira e Martín. GOLES: 1-0 61´Pablo Muíño   1-1 68´Pereiro   1-2 74´Barbeira Partido vital o do sábado en Vimianzo, onde o Mazaricos dou un golpe de efecto na liga ó levarse uns puntos que co gol de Pablo Muíño se puxeran moi difíciles. Nun primeiro tempo con ocasións para os locais, sen embarco non houbo o acerto do segundo, no que se adiantou o Baíñas por medio dun moi activo Pablo Muíño. Pero cando parecía que o Mazaricos podía caer, o de Amoedo unha vez máis sacaron de orgullo e case sen tempo remontaron o partido e leváronse uns importantísimos puntos.

Comentarios