2ª Galicia: os favoritos empezan mandando
02:02 17/09/18
U.C.CEE 0 - C.D. BAÍÑAS 4
U.C.CEE - Maikel, Jorgito, Pablo, Aitor, Borja, Javi, Leo, Jon, Chema, Luis Lojo e Iván Figueroa. Tamén xogaron Samuel, Dani Freire e Tomás.
C.D. BAÍÑAS: Paulo, Naya, Moreira, Luis Alvite, Toño, Cristian Hermida, Mayor, Cristian Canosa, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén xogaron Rodrigo, Felipe, Oreiro, Luis Blanco e Jacobo.
GOLES: 0-1 6´Javi Souto 0-2 9´Pablo Muíño 0-3 58´Cristian Canosa 0-4 90´Pablo Muíño
O Baíñas deixou pouso de equipo demoledor no estreno ligueiro ante o Cee no Novo Raíces. En 10 minutos practicamente tiña sentenciado o encontro con goles de Pablo Muíño e Javi Souto, a súa parella de dianteiros estrela. Un novo tanto de Canosa no segundo tempo deixou a cousa imposible para o Cee, e Pablo Muíño, que empezou a liga como acabou a anterior, anotou o cuarto e o segundo na súa conta persoal.
BUÑO S.D 0 - MUXÍA C.F. 3
BUÑO S.D. - Brais, Eloy, Pablo Canedo, David Alvarez, David Dourado, Miguel, Fran, Petis, Borja Gándara, Zinho e Posiño. Tamén xogaron Alberto, Manu, Lorenzo e Brandón.
MUXÍA C.F. - Hugo, Brais Mouzo, Tomás, Michael, Conguito, Isma, Reigía, Manu Nogueira, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina e Pereira. Tamén xogaron Gerardo e Santi.
GOLES: 0-1 8 Isma 0-2 17´Manu Nogueira 0-3 60´Adrián Alcaina
O Muxía levouse a vitoria do difícil campo de Xaviña. Adiantouse pronto por medio de Isma Pose tras un gran pase de Adrián Alcaina. Pouco despois Manu Nogueira puxo terra de por medio ante un despistado Buño. O equipo local tentou recurtar diferencias antes do descanso pero o Muxía aguantou ben o marcador. No segundo tempo o Buño atacou para reducir distancias, estrelou un balón no pao pero o gol de Adrián Alcaina nunha contra sentenciou o marcador.
VOLANTES DE BAÑO F.C 2 - CORME C.F. 4
VOLANTES - Víctor, Iván, Maikel, Javi, Saúl, Raúl, Godo, Pesco, Rachón, Thiago, Cajulo. Tamén xogaron Pardelo, José, Mou e Ricardo.
CORME C.F. - Illote, Jesús, Pandi, Fabián, Javi Peón, Eloy, Alejo, Lucas, Toniño, Samu Costa e Manu Bermúdez. Tamén xogaron Adrián Doldán, Brais Torrado e Alejandro.
GOLES: 1-0 2´Pesco de pti 1-1 32´Lucas 1-2 40´Samu Costa 2-2 42´Thiago 2-3 85´Alejo 2-4 90´Alejo
Partidazo en Muros entre un dos favoritos, o Corme e o aspirante a todo Volantes de Baño. Adiantáronse os locais cun penalti transformado pola figura local, Pesco. Pero o Corme, ofensivo como é tradicional neles, remontou por medio de Lucas e SAmu Costa. Antes do descanso Thiago volve a empatar o encontro. A igualdade e emoción foi a tónica do segundo tempo, ata que Alejo en dous arreóns cando o partido xa acababa deixou o marcador final en 2-4 para os cormeláns.
S.D. SAN LORENZO 1 - PUENTECESO S.D. 3
SAN LORENZO - Benjamín, Pablo Díaz, Fidalgo, Rudi, Luciano, Yago Varela, David Lorenzo, Brais Cancela, Mario, Jose e Diego Varela. Tamén xogaron Alex, Dani Cotelo, Aarón e Fuentefría
PUENTECESO - Brais Vázquez, Martín Puente, Moscoso, Eloy Trigo, Luca, Recarey, Iván Rodríguez, Juanma, Mendieta, Iago e Charro. Tamén xogaron Matías, Luis, Eloy Alvarez e Adrián Pose
GOLES: 0-1 26´Recarey 1-1 32´Mario de pti 1-2 52´Matías 1-3 89´Eloy Alvarez
Sacou os puntos o Ponteceso nas Pedreiras. O encontro foi moi disputado. Recarey adiantou ós visitantes tras gran xogada de Charro. Igualou Mario nunha pena máxima. A saída de Matías foi providencial, pois un gran disparo do defensa serviu para que os de Mato se puxeran por diante. O San Lorenzo atacou con decisión pero Brais Vázquez estivo providencial. E contra o final sentencio Eloy Alvarez cun gol de bonita factura.
S.C.D. MALPICA 1 - C.D. MUROS 3
SCD MALPICA - Toni, Mante, Belar, Juan Fuentes, Jorge, Gonzalo Vilariño, Andy, Marcos, Alberto Hombre, Dani Casal e Martín. Tamén xogaron Pedro, Fabio e Roberto.
CD MUROS - Xandre, Eloy, Banana, Yerai, Pelos, Jesús, Alex Siaba, Ramón, Xavi, Alvarito e Daniel. Tamén xogaron Berni, Brunito e Matías.
GOLES: 1-0 30´Martín 1-1 54´Pelos 1-2 72´Brunito 1-3 82´Alex Siaba
Expulsados Alberto Hombre 43´, Pelos 71´, Berni 90´
A expulsión de Alberto Hombre condicionou un partido que ata entón dominaba o Malpica no xogo e no marcador merced a un gol de Martín. Pero a igualada de Pelos dou alas ó Muros, que con goles de Brunito e Alex Siaba se impuxo na Pedra Queimada nunha das sorpresas da xornada.
MAZARICOS C.F. 2 - U.D. CERQUEDA 1
MAZARICOS CF - Miguel, Cutu, Borja, Roberto Amoedo, Pose, Marito, Ricardo, Estéfano, Roberto, Piki e Pereiro. TAmén xogaron Carreira, Oreiro, Bargeira e Yago Dosil
UD CERQUEDA - Diego Dourado, Dani, Martín Añón, Javi Souto, Javi Pazos, Atu, Lorenzo, Xulián, Dieguito, Gonzalo e Molinos. Tamén xogaron MArtín Castro, Michel, Jonathan, David Dourado e Marcos Pensado
GOLES: 1-0 1´Borja 1-1 42´Dieguito 2-1 46´Piki
O Cerqueda saíu respondón pero non sacou nada en limpo en Mazaricos, ante un equipo local que parte con vitola de favorito ó título e que demostrou a súa capacidade realizadora. Adiantáronse na primeira xogada os locais, pero un gol de Dieguito antes do descanso dou a igualada ó Cerqueda. Novamente na primeira xogada do segundo tempo o ex do Negreira e Outes Piki anotou o tanto da vitoria, que o Cerqueda xa non foi quen de remontar.
SP. ZAS 3 - LIRA C.F. 2
SP. ZAS - Adrián, Miguel, Brais, Amado, Carra, Pablo Estefan, Fabián, MAnu Fuentes, Dani Mato e Rubio. Tamén xogaron Juan, Lodi, Rubén e Pablo Vidal
LIRA CF - Raúl, Cristian, Jose, Marcos, Badara, Gabriel, Oliver, Javier, Robertín, Manuel e Toni. Tamén xogaron Deme e Chema.
GOLES: 0-1 28´Robertín 1-1 39´Dani Mato 1-2 70´Chema 2-2 80´Dani Mato 3-2 90´Carra
Vitoria traballada e polémica do Zas, pois o gol decisivo veu cun xogador do Lira tirado no chan. O encontro foi moi competido. Adiantouse Robertín para o Lira pero antes do descanso igualou Dani Mato. Na segunda parte Raúl detivo un penalti ó local Rubén. O Lira adiantouse por medio de Chema tras xogada persoal de Toni. Igualou Dani Mato tras un pase de Manu Fuentes, e no último minuto o gol polémico de CArra dou os puntos ó Zas.
U.D. MONTE LOURO 2 - S.D. AMEIXENDA 0
UD MONTE LOURO - Fer, Pablo Vidal, David, Borja, Dani Corniños, Adrián, Miguel, Dani de Sahorta, Geiko, Pesco e Samu Sambade. Tamén xogaron Juan de Celia, Rama, Pedro e Manolo Chouza
SD AMEIXENDA - Oscar, Camacho, Deme, Samu, Adán, Lagoa, Susiño, Saulo, Pablo, Javier e Cristian. Tamén xogaron Piquero, Tomás, Bicho, Sergio e Juan.
GOLES: 1-0 15´Samu Sambade 2-0 62´Borja
Expulsado Bicho 90´
Moita calor en Agra da Filgueira de Louro para empezar a tempada. Primeiro tempo igualado no que o Louro se adianta no marcador á saída dun córner. Buscou a igualada o Ameixenda na reanudación, pero sen chegar a crear perigo real na meta local. O Louro, buscando a contra, tivo varias opcións, e noutra xogada a balón parado Borja anotou o segundo tanto da tarde. O partido non deu moito máis de si, e o equipo local levouse os puntos con solvencia.