Xoves. 19.09.2024
El tiempo

2ª Galicia: pinchou o Mazaricos e sufriu o Puenteceso

2ª Galicia: pinchou o Mazaricos e sufriu o Puenteceso
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Cedeu os primeiros puntos o líder Mazaricos, do que se aproveitou o Puenteceso para recortar diferencias. Pinchou a Esteirana cun renovado Baíñas que parece que coa presencia de Jesús no campo e con Pablo Muíño de goleador gana enteiros para situarse na zona alta. Na zona baixa destaca a primeira vitoria do Malpica, coas novas incorporacións, das que destacou no aspecto goleador Dani Casal, con duas dianas. CERQUEDA 3 - CEE 3 CERQUEDA: Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Marcos Pensado (Martín 46´), Fran (Bastón 17´), Mato, Méndez (Darío 61´), Gonzalo (Manu Guillamet 61´), Michel e Vieites (Julián 77´) CEE: Carlos, Martín, Aitor, Borja, Nico, Carlos Leis, Penedo (Juan 84´), Esteban (Canosa 46´), Charly, Juan Bello e Leo (Andrés 75´) GOLES: 0-1 1´Leo   1-1 23´Mato   2-1 36´Javi Souto   2-2 57´Leo   2-3 58´Canosa   3-3 65´Mato Marcos Pensado xogou o primeiro tempo Partido de locos sin dominador definido en Xaviña. Moito balón longo, por momentos o encontro foi un correcalles. Adiantouse o Cee na primeira xogada, pero pronto a balón parado remontou o Cerqueda. Os locais durmíronse no inicio do segundo tempo e en 3 minutos encaixaron 2 goles, pero pronto igualaron. Ata o final ataque local, e claras ocasións marradas por Darío e Vieites. Javi Souto, Dani e Dourado intentan parar ó as do gol, Leo MONTELOURO 1 - CORME 1 MONTELOURO: Iago, Abel (Cesar 71´), Pablo Vidal, Manolo Chouza, Pedro García, Adrián, Alex Siaba (Dani de Sahorta 53´), Raúl (Juanma 89´), Geiko, Gabri (Jose 77´) e Dani Corniños  CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro (Isaac 89´), Diego (Eloy 52´), Doldán, Lucas, Toniño, Javi Peón (Alejandro 76´) e Samu Costa (Uru 64´) GOLES: 0-1 12´Samu Costa   1-1 37´Alex Siaba Expulsados Adrián no 72´e Pablo Vidal no 84´ Meritoria igualada do Montelouro ante o Corme, nun encontro que comenzou perdendo con gol do talento xuvenil Samu Costa, pero que pouco a pouco foi igualando en xogo e despois no marcador con tanto de Alex Siaba, outro dos xoves costeiros da nova xeración de futbolistas prometedores. Alex Siaba mandou un balón ó pao. O Corme xogou unha gran media hora, adiantouse, pero a pouco do descanso igualou Alex Siaba. O Montelouro tivo que facer de tripas corazón no segundo tempo pois acabou con 9 homes sobre o campo polas expulsións do todoterreno Adrián e de Pablo Vidal, pero aínda así aguantou as embestidas visitantes e logrou puntuar. MUXÍA 1 - OUTES 0 MUXÍA: Ángel Luis, Iván Chans, Michael, Conguito, Toja (Adrián Negro 71´), Víctor Alcaina, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martín e Josiño (Mario 59´) OUTES: Xandre, Borja (Bruno 69´), Cutu, Dani Maroñas, Chia (Alvaro 68´), Martín, Elías, Yago Dosil, Jura, Mario e Simón GOLE: 1-0 50´Toja Partido que parecía destinado á igualada no que un Muxía en estado de gracia se levou os tres puntos merced a un tanto de Toja no inicio do segundo tempo. Anteriormente o Outes tivo as súas opcións, como un gran disparo de Martín que non foi gol de milagro. A expulsión de Maikel por derribar a Elías como último home fixo que os locais se replegasen, defendesen o resultado con uñas e dentes e se levasen tres importantísimos puntos. CORISTANCO 1 - PUENTECESO 2 CORISTANCO: Brais, Miguel Mallo (Samu Vázquez 60´), Mato, Jonathan (Cristian 46´), Lagoa, Pazos, Samuel, Jorge Lorenzo, Javi (Damián 58´), Rubén, Botana (Cebey 80´) PUENTECESO: Damián, Luís Alvite, Matías, Eloy Trigo, Rubén (Juanma 71´)(Xurxo 89´), Mendieta, Recarey, Ismail, Dieguito (Iván Rodríguez 62´), Charro (Luca 82´), Yago (Eloy Alvarez 74´) GOLES: 0-1 9´Charro   1-1 84´Samuel   1-2 89´Xurxo Un final inesperado con gol incluido do porteiro suplente doulle a vitoria ó Puenteceso no difícil campo do Coristanco e permítelle seguir a estela do líder Mazaricos. Os visitantes dominaron o primeiro tempo, e adiantáronse pronto con gol de Charro. Ismail, Dieguito e Matías puideron aumentar a conta antes do descanso. O Coristanco estirouse no segundo acto e Damián tivo que intervir nun par de disparos dos locais. Foi expulsado Rubén no 82´e ainda así o Coristanco logrou a igualada, que parecía xusta. Pero o gol final pontecesán desatou a euforia nos visitantes. CAMARIÑAS 1 - SP.ZAS 4 CAMARIÑAS:Martín, Rodrigo, Moriño, Rodri (Joseba 63´), Adri (Brais 54´), David, Soule, Javi Antelo, Miki, Nico e Maikel SP.ZAS: Tívoli (Maikel 75´), Diego, Alex, Víctor Vecino, Brais (Pedro 79´), Manu Fuentes, Josito, Dani Mato, Fabián, Isma e Rubio (Andrés 83´) GOLES: 0-1 26´Isma   0-2 33´Rubio   0-3 51´Dani Mato   1-3 71´Joseba   1-4 74´Rubio Partido marcado polo vento, que condicionou o xogo dende o inicio. O Zas encerrou ó Camariñas dende o inicio e pronto se adiantaron con 2 tantos de vantaxe, e incluso Tívoli detivo unha pena máxima a Javi Antelo. O propio Javi Antelo e Soule pillaron o peso do ataque camariñán e tentaron a remontada, pero primeiro Alex rematou ó pao, e despois Dani Mato sentenciou o partido. Incluso o Zas fixo debutar a Maikel, que detivo unha doble ocasión de Soule antes do final. ESTEIRANA 1 - BAÍÑAS 4 ESTEIRANA: Rober, Simón, Code, Samu Pensado, Josiño Alves (Xián 88´), Estévez (Eloy Campos 79´), Alex Rama, Adrián, Rober Pladur, Pablo Rama e Manu Tobío (Eloy Fdez. 88´) BAIÑAS: Iván, Tantán, Roi Carril, Jesús (Javi 88´), Esteban, Moreira (Samuel 86´), Canosa (Roi 88´), Javi Souto, Pablo Muíño, Felipe (Oreiro 79´) e Cristian (Pejo 88´) GOLES: 0-1 13´Pablo Muíño   0-2 21´Pablo Muíño   1-2 36´Rober Pladur 1-3 69´Esteban   1-4 89´Pablo Muíño Un Baíñas reactivado ganou con claridade en Esteiro. Sorprenderon os de Baíñas cun ritmo alto de xogo e velocidade nas transicións. Pablo Muíño unha vez mais foi o elemento chave cara a gol, anotando tres tantos, dous deles no inicio do encontro. A pesar de reducir distancias a Esteirana e de mandar unha doble ocasión ó pao, non foi quen de igualar o encontro, a pesar de sair moi fortes no segundo tempo. A xogada polémica do encontro foi a non expulsión de Ramón Moreira, xogador do Baíñas, que recibiu duas amarelas pero o colexiado anotounas mal e non o sancionou ante o asombro do público. No colmo do asunto, o propio xogador do Baíñas fai un claro penalti a Alex Rama que o colexiado non ve. O tanto de Esteban mediado o segundo tempo acabou de afundir moralmente a Esteirana e Pablo Muíño anotou o cuarto a pouco do final. MALPICA 3 - LIRA 0 MALPICA: Anxo, Jordan, Mante, Santi Cambón, Jesús, Johnny, Martín (Pablo Souto 85´), Gonzalo Vilariño, Dariel (Ramón 80´), Dani Casal (Soule 81´) e Eloy LIRA: Peipo, Jano, Ramón (Joseph 60´), Cristian, Brais Sendón (Isma Lamela 60´), Miguel, Vituco, Pesco, Isma Sanli (Jose 70´), Kike (Oliver 70´) e Yeray GOLES: 1-0 31´Martín   2-0 38´Dani Casal   3-0 56´Dani Casal Revitalizaron ó colista Malpica as novas fichaxes, que en número de 4 debutaron onte na Pedra Queimada: Anxo, Gonzalo, Dani Casal e Eloy. E foi unha delas, Dani Casal, o protagonista do partido, ó anotar os dous últimos tantos malpicáns e dirixir con mestría o ataque azul. MAZARICOS 1 - BUÑO 1 MAZARICOS: Toni, Miguel, Roberto, Amoedo (Sueiro 87´), Martín, David, Ricardo, Estéfano, Oreiro (Carreira 62´), Barbeira (Manuel Luis 66´) e Pereiro BUÑO: Brais, Dourado (David Alvarez 66´), Manuel, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete (Alexander 76´), Petis, Fran, Richard (Emilio 66´), Martín (Bolón 76´) e Adrián Rama (Juan Antelo 85´) GOLES: 1-0 55´David   1-1 80´Moscoso Partido moi intenso físicamente en Mazaricos. Un Mazaricos moi vertical dende o inicio quería seguir coa xeira de vitorias. Barbeira marrou ata tres man a man no inicio do partido. O gardameta Brais foi do mais destacado do Buño. Os de Buño á contra dispuxeron de ocasións nas botas de Petis. Adiantouse o líder nun libre indirecto dentro da area pero nunha xogada de Petis e Alexander o colexiado pita penalti, que transforma Moscoso. O partido enloqueceu ata o final, con múltiples ocasións pero sen acerto.

Comentarios