3ª Autonómica: As loitas seguen abertas
Seguen as 3 loitas máis abertas que nunca. Por arriba, o IDC non pasaba do empate, e gracias, anteo Nantón, quedando en 4 puntos a súa vantaxe sobre Porteño e Camelle. Os cadros camariñáns, protagonizan ademais unha dura loita pola segunda praza de ascenso directo, sempre que os carballeses aguanten o tirón e estiren a xeira de 16 xornadas sen perder.
Por detrás, a loita polas 3 prazas restantes de promoción segue tremenda. Co Soneira B un paso por diante (saca 9 puntos ao 7º), o Cerqueda daba un paso de xigante tras vencer, con moitísimos apuros, ao Laxe. Así e todo, o cadro cerquedán queda con 5 puntos sobre o Ameixenda, 6º, e con 6 sobre o propio Laxe 7º , pero 6 puntos irreais, pois o Cerqueda (e o Ameixenda) aínda teñen que descansar, e o Laxe ten aínda que sumar os 3 puntos do filial fisterrán.
Caso aparte foi o partido do Lira-Ameixenda, cun esperpento arbitral que rematou con 6 expulsados e cun empate que nin lle serve nin lle doe a ningún dos dous, que manteñen as súas esperanzas.
Indep. Carballo - Nantón (2-2)
- IDC: Noe, Efrén (Adrián, min.78), Scott (Toni, min.38), Dani Rosalía, Jonathan, Carlos, Cholo, Mario, Benítez, Belar e Velo (Moreno, min.50)
- NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín, Iván, Cachi, Erni, Carlos Santos, Borja.
- Goles: 0-1, min.23: Luís; 1-1, min.42: Mario a centro de Belar; 2-1, min.55: Mario dende lonxe; 2-2, min.90: David Lareu tras un córner e tras tocar nun defensa.
Partido emocionante e moi serio do Nantón que puxo en moitos problemas ó Independiente e mesmo mereceu a vitoria. I é que o cadro de Da Silva saíu durmido e tardou en entrar no partido.
Así e todo, empezou o partido sen un dominador claro, con moitas alternacias na posesión do balón e poucas ocasións de gol, ata que no minuto 23 se adiantou o Nantón por medio de Luís tras una boa triangulación con centro de Iván. O Independiente non atopaba o camiño cara a portería de Bonano pero no minuto 42, cando parecía que ía chegar o descanso con ventaxe para os visitantes, una internada por banda dereita e un medido centro con remate impecable de Mario puña as tablas no marcador.
Esto fixo espertar ó Nantón que en apenas un minuto creou tres claras ocasións de gol. Así, tras saque de centro, un balón colgado ás costas da defensa local é recollido por Luís que con toda a portería para el envía por encima do longueiro. Na xogada seguinte o centro do campo do Nantón volve a recuperar o balón e, tras un pase medido, Iván queda solo diante do porteiro, que consigue rexeitar o disparo. É o mesmo Iván o que volve a recoller o rexeite e vendo ó porteiro adiantado intenta un disparo que se estrela no longueiro da portería local. Con esta xogada chegouse ó descanso.
Na segunda parte o partido non cambiou moito, aínda que o Independiente veuse arriba. No minuto 55 o Independiente pon o 2-1 tras un preciso disparo de Mario dende a esquina da área que se cola polo pau esquerdo da portería de Bonano. Golazo.
Sen embargo o Nantón non se veu abaixo e seguiu crendo nas súas posiblidades. No minuto 70 Carlos Santos volve estrelar o balón no longueiro da portería local tras unha boa execución nun saque de falta. Aí Cholo tivo dúas contras para sentenciar pero non estivo acertado. No minuto 90 é Carlos Vidal o que volve estrelar o balón no longueiro tras un remate de cabeza á saída dun corner. No 91 dispara Cachi e o balón sae lambendo o longueiro tras rexeitar nun defensa. No minuto 92 tras o saque de esquina o balón caelle a David Lareu no segundo pau e sen pensalo dispara a portería. O balón toca nun defensa e entra na portería poñendo un merecido 2-2 no marcador.
Cerqueda - Laxe (2-1)
- CERQUEDA: Rubén, Pablo, Javi, Santi, Ato (Bastón, min.52), Dani, Lorenzo, Javi Pazos (Iván Ponte, min.65), You (Manu, min.56), Dani Seaia (Juanjo, min.72), Dieguito.
- LAXE: Diego, Saleta, Aarón, López, Pailos, Borja, Gora, Samuel, Mandi (Zurich, min.46), Carrabete, Felipe.
- Goles: 1-0, min.3: Dani Seaia aproveitouse dun esvarón dun defensa; 1-1, min.75: Zurich cun golazo de chilena; 2-1, min.87: Dieguito de falta directa.
Xaviña - Alcaián (4-3)
- XAVIÑA: Pión, Ángel (Lalá, min.80), Peke, Rodri, Gatusso, Carlos, Jallejo, Dani, Elvis (Martelo, min.60), Juan Antonio (Chiriví, min.70), Pirucho.
- ALCAIÁN: Martín, Pombo, Iván, Iván, Lino, Marcos (Framil, min.60), David, Dani, Rubén, Facal, Daviciño (Piche, min.45), Marqués.
- Goles: 0-1, min.25: Marqués; 1-1, min.26: Dani; 1-2, min.40: Facal; 2-2, min.44: Carlos; 3-2, min.47: Rodri; 4-2, min.55: Gatusso de penalti; 4-3, min.75: Pombo.
Camelle - Baíñas (2-1)
- CAMELLE: Purrúa, Matías, Carlos de Dido, Baliña, Mauri (Adrián, min.75), Mario, Varu (Tedín, min.60), Iván, Javi Rañal, Jose (Sergio, min.55), Barreiro.
- BAÍÑAS: Simón, Samuel, Sergio, Sancho (Chambón, min.75), Héctor (Yanki, min.60), Iván, Cris, Styven, Nando, Diego (Mario, min.46), Adrián (Suso, min.60).
- Goles: 0-1, min.25: Sergio de cabeza nun córner; 1-1, min.40: Carlos de Dido de cabeza pola escuadra; 2-1, min.88: Barreiro.
- Lesión: o visitante Sancho.
Lira - Ameixenda (2-2)
- LIRA: Andrés, Javier de Milucha, Fran de Muros, Herminio, Santi (Germán, min.70), José Ramón (Xabi, min.65), Cristian, Miguel (Demetrio, min.80), Fran Perico, Oliver (Mauro, min.80)) e Suso Perico.
- AMEIXENDA: Óscar, Álvaro, Javichu, Bruno, Bichiño, Grille (David), Alberto (Demetrio, min.65), Jesus, Rioliño (Jorge, min.70), Borja, Miro.
- Goles: 0-1, min.44: Borja; 1-1, min.60: Suso Perico de penalti; 2-1, min.70: Suso Perico de penalti; 2-2, min.80: Borja.
- Expulsións: 6 expulsados. Polo Lira, Javier de Milucha, Herminio, Cristian e Suso Perico. Polo Ameixenda, Óscar Riolo e Bichiño.
Muxía - Soneira B (2-2)
- MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Ruso, Currás, Ángel do Claudio, Pataca, Juan, Dimas (Dimas, min.70), Macareno, Javi (David, min.60), Pardelo (Iván, min.65).
- SONEIRA B: Martín, Curra (Pichón, min.46), Alberto, Chuchi (Borjita, min.75), Iván Chans, Roi, Quilmes, Chino, Felix (Pablo, min.70), Wii.
- Goles: 1-0, min.15: Pardelo; 2-0, min.35: Javi; 2-1, min.50: Wii; 2-2, min.89: Wii de penalti.
- Expulsión: o soneirán Roi (min.60).
Corcoesto - Coristanco (1-2)
- CORCOESTO: Anxo, Sergio, Germán, Longo, Ángel, Luís, Xabi (Uru, min.70), Patelo (Miguel, min.60), Javi, Pablo, Pichuco (Héctor, min.55).
- CORISTANCO: Brais, Rubén, Héctor, Juan (Alexis, min.55), Javi, Iván, Cancela, Adrián, Navarro, Gonzalo (Sergio, min.70), Jonathan.
- Goles: 1-0, min.5: Pablo de falta con algo de sorte pegando na barreira; 1-1, min.48: Iván de penalti; 1-2, min.70: Iván de falta.
- Expulsión: o porteiro local Anxo a volta do descanso.
Máis información
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Igual por arriba e tensión por abaixo.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso salva unha xornada fatídica.
- Preferente: Sen tensión.
- Resultados e análise da xornada do fútbol da Costa da volta do parón de Pascua.
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Víctor Santos.