luns. 02.12.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Corcubión e Cerqueda intercambian posicións

3ª Autonómica: Corcubión e Cerqueda intercambian posicións

Cambio de postos na zona de ascenso esta fin de semana. Había 2 partidazos esta finde semana. Un era ese Corcubión - Cerqueda do sábado. Foi un encontro moi reñido que remata co Corcubión cun intercambio de postos, quedando o Corcubión de 3º e o Cerqueda 4º a 1 punto. Dous por encima do Corcubión mantéñense Mazaricos e Nantón, que non fallaron.

E iso que o Nantón tivo unha desas pedras de toque, no derbi ante o Cabana, no outro partidazo da xornada. Ambientazo en Nantón para ver un derbi trabado que alonxa ao Cabana do ascenso. Pero non baixará os brazos o equipo de Chema Eirís, e así nolo afirmaba o propio adestrador. O equipo cabanés, ao igual que o Coristanco, seguirán esperando un tropezo dos de arriba para unirse á loita.

Corcubión – Cerqueda (2-1)

  • Corcubión: Cristian, Jose, Manuel Cartamil, Chisco, Carlos, Borja Munitis (Gabri, min.70), Edu (Diego Lojo, min.60), Sergio Manín, Alán, Mario (Javi, min.80), Lourido (Jonhi, min.80).
  • Cerqueda: Fredy, Javi, Dany, Atu, Alberto (Uru, min.75), Nión, Diego (D. Añón, min.55), Lorenzo, Carlitos, Santi, Alejandro (Jou, min.85).
  • Goles: 0-1, min.20: Alejandro tras un rexeite de Cristian. 1-1, min.80: Mario de falta; 2-1, min.86: Johni tras un erro na defensa visitante.

Partidazo no Cubaleiro entre dous dos equipos chamados a estar arriba. E non defraudoe. Comezou o Corcubion mandando, e mandou un balón ao longueiro que non puido remachar Lourido de cabeza. Mario intetábao de falta, e tras un saque de falta Alejandro facía o 0-1. Foron minutos de desconcerto local de ai ata final da primeira metade, nos que o Corcubión pediu penalti nunha internada de Lourido.

Outro balón ao pao mandou o Corcubión á volta dos vestiarios. Pero o Cerqueda dispuxo de boas ocasións para sentenciar, de non ser porque Cristian estivo moi acertado na meta local. Foi Mario, cun auténtico golazo de falta (non perdan o vídeo) quen puxo a igualada a falta de 10 minutos. E un erro da defensa visitante permitiu que faltando 4 minutos (ademais do longo e merecido desconto) Johni fixese un tanto que vale moito máis que 3 puntos. Aquí vos deixamos cun fantástico resumo en vídeo do encontro que nos cede a UD Cerqueda.

Mazaricos – Pereiriña (4-1)

  • Mazaricos: Gómez, Chico, Dubi, Marcos, Tuco (Casais, min.55), Martín, Ramón, Esteban, Estéfano (Aldo, min.70), Ernesto (Rodri, min.65), Kevin (Coxo, min.70).
  • Atl. Pereiriña: Andrés, Simón (Serxio, min.50), Álvaro, Javichu, Mario, Adán, Mario (Grille, min.46), Alex, Morcillo, Néstor, Víctor.
  • Goles: 1-0, min.10: Esteban; 1-1, min.25: Alex tras un toque de Mario; 2-1,min.48: Ernesto; 3-1, min.65: Marcos; 4-1, min.75: Ramón.

Foi superior o equipo de Periscal ante un Atl. Pereiriña que deixou unha boa imaxe no Pino do Val. O forte vento condicionou o choque, e os locais, máis acostumados, amoldáronse mellor ás condicións. Esteban e Alex na primeira adiantaron ao Mazaricos. Ernesto recurtou á volta do descanso, pero a reacción foi só un espellismo e Marcos e Ramón puxeron as cousas no seu lugar.

Nantón – Cabana (1-0)

  • Nantón: Martín, Diego (David Lareo, min.80), Cristian, Félix, Sito, Carlos Vidal, Fabio (Martín, min.70), Victor Amado, Luís, Manu (Javi, min.70), Manolo (Pedro, min.85).
  • Cabana: Toni, Rubén García Marcos, David, Alfredo, Sandro, Josiño, Adrián (Jacobo, min.75), Rubén Rama, Suso, Adán (Miki, min.55).
  • Gol: 1-0, min.45: Carlos Vidal tras unha falta lateral ao segundo pao.

Boa entrada nas Fontiñas para ver un derbi soso pero intenso ata o pitido final, que nos deixa o Nantón colider unha xornada máis e un Cabana que se lle complica a loita polo ascenso. Empezaron dominando os visitantes e parecía que o Nantón entrara moi frio no encontro, algo espeso no seu xogo pero bastante fiable atrás. Pouco a pouco foronse igualando as forzas aínda que a maioría do tempo se xogaba no medio do campo, con poucas chegadas de ambos equipos e sen ocasións de gol. A xogada clave do partido douse no desconto da primeira metade, cando Manu saca unha falta lateral que remata Carlos Vidal no segundo pau a gol.

A segunda metade foi case un calco da primeira, con moito centrocampismo e pouca profundidade dos dous equipos. Aínda asi, tiveron unha ocasión de gol cada equipo. Primeiro, nun rechace dun corner, Felix mandou o balón o longueiro e despois Luís cabeceou a rendas do longueiro. Pouco despois, o Cabana aproveitaría que os locais quedaran a protestar un suposto penalti, para montar un contragolpe que acabaría con un lanzamento de Josiño e unha memorable parada de Martín que mandaría o balón o pau cando todo o mundo pensaba que ía entrar. Aparte destas xogadas, só se viu algo de perigo a balón parado.

Corcoesto – Outes (0-2)

  • Corcoesto: Luís, Pepe (Couto, min.75), Rivera (Manuel, min.70), Germán, Rodri, Edelmiro, Martín, Lista, Javi, Pichón (Roi, min.46), Pablo.
  • Outes: Moncho, Saúl, Primo, Chúa (Lago, min.85), Debé, Arturo, Blas (Fabio, min,.77), Martín, Deivi, Pesco (Poque, min.46), Marico (Damián, min.73)
  • Goles: 0-1, min.4: Marico; 0-2, min.51: Martín.

Moito vento e frío, que nin llo puxeron nada fácil ao Outes no campo do pechacancelas. Os de Roque e Tomé marcaron en momentos claves, xusto ao comezar o partido é á volta do descanso, aproveitando as escasas ocasións que se deron lugar no encontro. De feito, o Corcoesto apenas chegou nunha ocasión á meta de Moncho, mentres que os visitantes só chegaron nas xogadas dos goles.

Coristanco – Muros B (4-1)

  • Coristanco: Gonzalo, Marcos, Germán, Oscar Morientes, Jota, Mallón (Fariña, min.75), Luís, Iván (Carlos, min.46), Benítez (Palermi, min.78), Gustavo, Toniño (Aratón, min.80).
  • Muros B: Angel (Samuel, min.80), Etxeba (Yerai, min.65), Pardelo, Canote, Mingos, Seluco, Pedro (Fernando, min.55), Óscar, Pesco, Piru (Xandre, min.80), Ivi.
  • Goles: 0-1, min.15: Mingos tras unha falta dende o medio; 1-1, min.52: Toniño de cabeza; 2-1, min.54: Toniño de penalti; 3-1, min.79: Toniño; 4-1, min.83: Aratón.
  • Expulsión: o xogador visitante Canote no min.80.
  • Non foi tan cómodo o partido como reflicte o marcador e ao descanso marchou con vantaxe o Muros B. O filial aproveitou que o Coristanco saiu durmido ao terreo de xogo e controlou os primeiros 45 minutos. Pero a bronca do descanso serviu e saíron a morder os visitantes. Toniño, quen se non, foi o encargado de darlle a volta ao marcador, cun tanto de cabeza e dende os 11 metros por partida doble.

    Muxía – Lira (1-0)

    • Muxía: Santi Papi, Dani, Josiño, Chori, Fran Pioto, Javi, David (Pesqui, min.55), Carliños (Julián, min.63), Dimas, Martinciño, Chans.
    • Lira: Brea, Toni, Boni, Suso, Alvaro, Dani, Pepiño, Víctor, Rico, Javi, Ancho.
    • Gol: 1-0, min.1: David tras unha boa combinación ofensiva local.
    • Expulsión: o muxián Javi por unha entrada dura e ao xogador do Lira por reaccionar con violencia.

    Apretado o encontro en Muxía ante un Lira que segue amosando a súa cara menos competitiva. Ancho foi do pouco destacable e tivo un par de ocasións, un man a man e outra de cabeza, pero non estivo atinado. Tampouco estiveron acertados os dianteiros locais, sobre todo Dimas, que marraron innumerables ocasións. Con Fran Pioto lucindo o brazalete e xogando de líbero, o Muxía amosábase seguro atrás pero indeciso arriba, i é que o equipo local estaba cheo de xuventude.

    Alcaián – Laxe (2-0)

    • Alcaián: Herrera, Dani, Rubén, Vito, Souto (Diego, min.55), Luis, Piru, Iván Castro (Fabio, min.65), Pablo Framil (Doriño, min.70), Pistolas (Javito, min.75), Daviciño (París, min.60).
    • Laxe:
    • Goles: 1-0, min.30: Pistolas tras varios regates na área; 2-0, min.80: Fabio.

    Partido disputado con predominio dos balóns longos. Co 0-0, púidose adiantar o Laxe, pero Herrera salvou aos locais. Pistolas adiantou á media hora ao Alcaián, pero o Laxe seguñíu levando o control do partido. De feito, tamén puido empatar o Laxe na segunda metade pero perdoou e Fabio sentenciou o choque a favor dos locais.

    Xaviña – Independiente (0-5)

    • Xaviña: Juan, Sergio, Juan Antonio, Javi, Jallejo, Carlitos, Chapu, Brión, Elvis (Carlos, min.46), Búa, David (Maikel, min.60).
    • Independiente: Noé, Toni, Efrén, Dani, Panuchi, Rubén, Michel, Ivi, Brian (Manuel, min.10), Upi, David.
    • Goles: Ivi (4) e David.
    • Lesión: Brais cun golpe da man e un dedo fóra de sitio.
    • Expulsión: Brión no min.90.

    Comezou o Xaviña intentado xogar o balón, e durante media hora aguantou o tirón do Independiente con 0-0. Pero o primeiro tanto de Ivi á media hora obrigou ao Xaviña a adiantar filas e á contra matou o partido o Independiente, que lle entraban todas.

    O Independiente chegaba con 12 xogadores e acabou co meta suplente Manuel xogando 80 minutos na punta de ataque pola lesión de Brian. Pero saíronlle ben as cousas aos de Roberto Lozano e a contundencia defensiva combinada con bos contraataques culminaron con unha "manita" en campo hostil.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios