Sábado. 05.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Dúas loitas moi abertas

3ª Autonómica: Dúas loitas moi abertas
A xornada comezaba marcada pola suspensión do Nantón-Laxe. I é que a familia cabanesa choraba a morte repentina de José Díaz Lema. Era natural de Nantón, e estivo vinculado o equipo dende sempre, sendo o encargado de lavar as equipacións, limpar os vestiarios... Era un home moi querido en Nantón, un deses homes de clube dos que pouco a pouco van faltando. Xa no deportivo, está o trío de arriba cada vez máis compacto tralos resultados desta xornada 22. O IDC sumaba os puntos do Fisterra B, quedando pois líder, agora con 3 de vantaxe sobre Porteño e Camelle. I é que o Porteño segue en regresión e suma a súa terceira xornada sen vencer. Desta volta era o Coristanco (o #corisbaby) o que lle prantou cara, sacando un empate. O Camelle tirou de efectividade métese de cheo e ademais ten o martes a posibilidade de asaltar o liderato se vence ao Alcaián no partido aprazado da x.19. O partido será o martes ás 20:00h A loita pola 6ª praza tamén está quente, mentres parece que Cerqueda e Soneira B seguen sendo firmes candidatos a entrar na promoción. Hoxe aínda o Muxía está nesa 6ª praza a pesar da súa derrota en Lira, na que se romperon sendas xeiras completamente distintas de resultados. O Ameixenda segue asomando a cabeza a pesar do empate ante un Alcaián que non dá por perdida a praza. E o Laxe, segue con moitas opcións. Ata o Baíñas ten opcións tras vencer ao Xaviña, se ben nin o Lira, nin mesmo o Coristanco, tiran a toalla.

Ameixenda - Alcaián (1-1)

Ameixenda-Alcaián-Foto- Jorge Parri
  • AMEIXENDA: Sergio, Álvaro, Demetrio (Manu, min.66), Mateo, Bichinho, Javichu, Jorge, Ramiro, Riolo, Borja (Grille, min.46) e Alberto.
  • ALCAIÁN: Martín, Pombo, Marcos (Pistolas, min.55), Rubio, Martínez (Dani, min.46), Framil, Pichel (Miguel, min.65), Facal, Daviciño, David e Iván.
  • Goles: 0-1, min.80: David; 1-1, min.89: Jorge.
Unha cantina como a do Ameixenda da gusto-Foto- Jorge Parri Partido igualado en Cee que puido caer dos dous lados se ben o Alcaián estivo mellor e tivo que ser Jorge o que salvara un punto no desconto para os locais. O Ameixenda tocaba algo máis o balón, ante un Alcaián ben agazapado atrás e que chegaba con algo de medo polas dimensións do campo do San Paio de Refoxos, pero que se adaptou moi ben e puido levar o partido con boas e rápidas contras. Os visitantes protestaron un gol anulado á media hora por un suposto fóra de xogo de Facal, e tiveron varias ocasións pero nin David en dúas ocasións, nin Iván que non controlou ben, nun Facal que fixo estirarse a Sergio, estiveron acertados. Si marcou David a falta de 10 minutos, e cando o partido parecía que ía marchar a Alcaián, apareceu Jorge para facelo empate. Ameixenda-Alcaian-foto- Jorge Parri

Porteño - Coristanco (3-3)

  • PORTEÑO: Pablo, Óscar, Maikol, Sestayo, Pejo, Ismael, Mario Toja, Yuyo (Parga, min.80), Brais (Nené, min.30) (Gabi, min.75), Bieito (Iago, min.55) e David Toja (Búa, min.65).
  • CORISTANCO: Fredy, Héctor, Navarro, Juan (Adrián, min.46), Torreira, Iván, Damián, Jonhie, Cancela (Rubén, min.60), Gonzalo e Sergio (Magovi, min.46).
  • Goles: 0-1, min.20: Cancela de tiro cruzado; 1-1, min.30: Nené; 1-2, min.55: Magovi; 2-2, min.60: Mario Toja de penalti; 3-2, min.70: Yuyo; 3-3, min.88: Iván de falta directa pola escuadra.
  • Expulsión: O adestrador Roccichioli por protestar o penalti.
  • Lesións: Brais con mareos; Bieito e Nené con molestias.
Partido vivo e vibrante, con alternativas no marcador que se ben parecía encarrilado para os da Ponte puido gañar calquera. De feito foi o Coristanco o que se metía por diante, e por dúas veces, aproveitando ben as súas ocasións. I é que ten moito mérito este #corisbaby, con 5 xuvenís con 2 partidos ás costas cada fin de semana. Cancela abriu o marcador para os visitantes, pero Nené anulou a renda aos 10 minutos. O Coristanco tivo unha falta lateral á que non chegou nin Ricardo nin Magovi, mentres que o cadro local tivo dous mans a man que fallou Brais e unha falta ao pao de Mario Toja. Empezaba a segunda de novo con Magovi metendo por diante aos de Rochi, que era expulsado cando o colexiado sinalaba penalti. Mario Toja empataba e Nené e Yuyo fallaban sendos mans a mans cun gran Fredy na porta coristanquesa. Agora era o Porteño o que pegaba co gol de Yuyo, e Gerpe metía un defensa máis. Pero o Coristanco, a base de empurre, acababa empatando cunha fermosa falta de Iván, e mesmo tivo Navarro o gol da vitoria pero tras un slalom dende o medio campo chegou canso diante do porteiro local. Ao final do encontro, e dados os últimos resultados do Porteño, Gerpe puxo o cargo á disposición da directiva, que evidentemente non aceptou.

Castrelo - Cerqueda (0-4)

  • CASTRELO: Iván, Esteban, Mario, Marcos, Dieguito, Conexo, Manolo, Litos, Luís, Germán, David. Tamén xogaron Isma e Edreira.
  • CERQUEDA: Costa, Rubén, Javi, Santi, Javi Pazos, Manu (Héctor, min.65), Dani, Lorenzo, Dani Seaia, Juanjo e Iván Ponte (Iván Cancelas, min.60)
  • Goles: 0-1, min.20: Juanjo; 0-2, min.37: Dani; 0-3, min.78: Dani Seaia; 0-4, min.86: Héctor.
Partido frouxo por parte do Castrelo, que estivo moi baixo, e permitiu que o Cerqueda vencese sen problemas. Foi un partido limpo, marcado polos erros defensivos locais, e para o que o Cerqueda tivo algo de fortuna nos primeiros tantos, que xa sentenciaron o partido antes do descanso.

Camelle - Corcoesto (4-1)

  • CAMELLE: Porrúa, Carlos de Dido, Baliña, Manuel, Matías, Iván, Mario, Javi Rañal, Adrián de Barca (Jose, min.60), Varu e Barreiro.
  • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Pablo, Luis, Xabi (Couto, min.65), Pablo, Javi, Rodri, Héctor (Pichuco, min.46)
  • Goles: 1-0, min.6: Barreiro; 1-1, min.35: Héctor de falta directa; 2-1, min.50: Adrián de Barca empalmou dende a frontal; 3-1, min.85: Barreiro; 4-1, min.93: Javi Rañal.
Partido frouxo en Camelle no que o cadro local, xa situado arriba de todo, tirou de eficacia para desfacerse dun combativo Corcoesto. Os camariñáns chegaron 5 veces e marcaron 4 goles e o partido non foi tan fácil como indica o marcador, pois a sentencia non chegou ata o min.85. Comezaba pegando o Camelle co gol de Barreiro, pero tras unha loitada primeira metade Héctor anulaba a renda cun gol de falta directa. Comezaba a segunda metade e o Camelle se volvía poñer por diante co tanto dende a frontal de Adrián de Barca. Pero aí o Corcoesto tivo o empate en varias ocasións. Un Corcoesto que sobre todo facía dano a balón parado, e que mesmo tivo 3 tiros ao longueiro: un de Luís dende fóra e coa axuda do vento; outro de Héctor de cabeza e un tiro de Rodri dende a banda que tocou Porrúa e petou na madeira. Non marcou e o cadro local acabou sentenciando cos tantos de Barreiro e Javi Rañal.

Lira - Muxía (2-1)

  • LIRA: Andrés, Herminio, Fran de Muros, Isma, Santi, Iago (Xabi, min.30), Michelón, Garrido, Mauro, Fran Perico e Saúl.
  • MUXÍA: José Antonio, Luís Romaní, Ángel, Currás, Martín, Pataca, Javi (Carrera, min.80), Julián, David, Dimas (Casais, min.70) e Lagoa (Pardelo, min.65).
  • Goles: 1-0, min.44: Isma dende fóra da área pegado ao pao; 1-1, min.60: Pataca; 2-1, min.85: Fran Perico de falta directa.
  • Lesión: o liracho Iago.
Levaba o Muxía 8 xornadas sen perder e o Lira 8 sen gañar, e chegou a primeira vitoria do ano para os lirachos. Uns lirachos que seguen contentos con Javier no banco e que ademais notaron moi positivamente a chegada de Andrés á portería, que parou 3 balóns importantes, e que ademais permite que Garrido se meta arriba, onde por certo, non o fixo nada mal. Os locais fixeron un partido moi serio, cunha defensa moi sólida, e o Muxía aguantou ben a primeira metade. Pero ao fío do descanso Isma adiantou aos carnotáns, algo tocados polo entroido, iso si. Pataca anulou a renda pero non estaba sendo boa, e non o foi, a segunda metade do Muxía, que notou as baixas de 4 titulares. Foi Fran Perico, cun fermoso lanzamento de falta, o que deixou os 3 puntos na casa.

Baíñas - Xaviña (3-1)

Animadoras do Bainas-Foto- CD Bainas
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Chambón, min.60), Luís, Sergio (Samuel, min.75), Héctor, Iván, Styven, Cristian (Diego, min.50), Fernando, Yanki (Adrián, min.80) e Tasky.
  • XAVIÑA: Moro, Esteban, Beto, Juan Antonio, Rodrigo, Elvis, Martelo, Pirucho, Felipe, Gatusso (Pekenao, min.46) e Pión (Carlos, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: Yanki aproveitou un erro da defensa; 2-0, min.20: Yanki; 2-1, min.44: Martelo; 3-1, min.55: Tasky.
Partido tranquilo en Vimianzo, con cores nas bancadas, entre un bo Baíñas que aproveitou a febleza da defensa dun Xaviña moi tocado polas baixas, e que parece que vai sufrir de aquí a final de temporada. Pronto aproveitou os regalos visitantes Yanki para facer os 2 primeiros e encarrilar o partido. Pero Martelo acurtaba ao fío do descanso e metía de novo ao Xaviña no partido. E intentou saír o Xaviña polo empate na segunda pero o terceiro gol, o de Tasky, chegou pronto, deixando así sentenciado o choque, que esmoreceu sen demasiada intensidade.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios