3ª Autonómica: O IDC celebra o ascenso e o Porteño gaña o derbi
Dous polos de atención tiña a 3ª Autonómica da Costa, e nos dous houbo cousas que contar. En Coristanco, o Independiente non perdoou e aproveitou para celebrar un ansiado ascenso na súa terceira temporada en competición. Gran traballo dun IDC que completa unha campaña tremendamente seria, na que leva sen perder dende a xornada 13.
Por detrás será o Porteño, case que con seguridade, o que ascenda matematicamente a 2ª. I é que os de Gerpe disfrutaron dunha xornada de festa na Grixa tras vencer, non sen sufrimento e pola mínima, nun fermoso derbi camariñán. O Camelle prantou cara todo o partido pero parece que terá que xogarse todo na promoción.
Unha promoción na que estarán tamén o Soneira B, o Cerqueda e o Laxe, unha vez que asegurou, sen xogar pero sumando os puntos do filial fisterrán, o seu pase.
Coristanco - Indep. Carballo (0-4)
- CORISTANCO: Fredi, Rubén, Iván, Jonathan, Adrián (Juan, min.75), Marcos (Alexis, min.65), Torreira, Navarro, Javi, Cancela (Gonzalo, min.50), Magovi.
- IDC: Noé, Belar, Scott (Dani Rosalía, min.55), Seo, Jonathan, Castro, Carlos, Cholo, Jorge Pichel (Míchel, min.80), Juni, Benítez (ivi, min.50), Mario (Velo, min.70)
- Goles: 0-1, min.20: Juni; 0-2, min.30: Mario; 0-3, min.40: Cholo; 0-4, min.44: Juni.
Dous goles tempraneiros do Independiente tras dous pequenso erros da defensa local deixou un partido franco para que os carballeses celebrasen o ascenso á 2ª Autonómica. Un IDC tremendo, que leva 19 xornadas sen perder e que se mete na Liga da Costa con tan só 3 anos de existencia.
Moita intensidade nos de Da Silva, que pronto sentenciaron o choque nunha gran primeita parte. A pesar de non ter grandes ocasións, a forza e as gañas coas que se empregaron foron suficientes para superar a un Coristanco sen tanta entrega.
Dous goles de Juni, un para abrir o marcador e outro para pechalo, un de Mario e un de Cholo, valen un ascenso e case que un título da 3ª. A segunda puido aforrala o colexiado.
Porteño - Camelle (1-0)
- PORTEÑO: Pablo, Óscar, Iago (Asier, min.80), Pejo, Maikol, Parga, Mario Toja, David Toja, Ismael, Iago, Cousillas.
- CAMELLE: Porrúa, Matías, Carlos de Dido, Baliña, Mauri (Varo, min.55), Javi Rañal, Mario, Barreiro, Miguel Riveiro, Sergio (Tedín, min.75), Jose.
- Gol: 1-0, min.65: David Toja no segundo pao tras un centro raso.
Ambiente fantástico na Grixa nun derbi vital para as posibilidades de ascenso directo dos dous equipos camariñáns. E os que máis disfrutaron foron os da Ponte que viron como os seus conseguían unha vitoria que os deixa con pé e medio na 2ª Autonómica, tendo agora 4 puntos de vantaxe a falta de dous partidos.
E iso que fou partido máis de empate, que se rompía nunha xogada no ecuador da segunda metade. Foi un choque con poucas ocasións, moito xogo no medio campo. A primeira foi bastante igualada, cun Porteño controlando máis o balón, pero sen perigo, máis que un balón ao longueiro e un posible penalti non pitado a favor dos locais. O Camelle tivo un par de mans a mans de Sergio que salvou Pablo moi rápido, e tamén pediron un penalti por posibles mans do Pejo.
Na segunda, aínda máis control local pero tampouco houbo grandes ocasións, e foi David Toja o que conseguía un gol que vale medio ascenso.
Soneira B - Lira (1-0)
- SONEIRA B: Martín, Curra, Chuchi, Alberto, Iván Chans, Cristian Canosa, Roi, Cristian Figueroa (Borjita, min.80), Chino (Félix, min.60), Bastián (Pablo Cad, min.85), Fer (Pichón, min.55).
- LIRA: Andrés, Javi, Cristian, Herminio, Santi, Iago, Demetrio, Miguel, Saúl, Suso Perico, Fran Perico.
- Gol: 1-0, min.20: Roi rematou un pase atrás tras unha boa xogada de Bastián.
- Expulsión: os visitantes Demetrio no min.75 e o delegado Chucho no min.85.
- Lesións: o visitante Miguel tivo que meterse 5 puntos nos beizos.
Bo partido do filial soneirán ante un Lira moi entregado. Alberto tivo unha boa ocasión que parou Andrés na primeira metade, que se viu interrumpida por unha pequena tangana que non foi a máis.
Na segunda, xa con menos intensidade, Martín tivo que saír varios balons longos dos lirachos que buscaban arriba aos irmáns Perico, que desta volta non puideron facer das súas.
Ameixenda - Baíñas (2-0)
- AXEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio (Jorge, min.50), Alex, Bichiño, Bruno (Borja, min.70), Javier (Grille, min.50), Diego (Mateo, min.70), Rioliño (Rodrigo, min.85), Miro, Javichu.
- BAÍÑAS: Simón, Chambón (Adrián, min.75), Samuel, Sancho, Héctor, Mario, Diego (Iván, min.70), Styven (Cris, min.46), Esteban, Luís, Taski.
- Goles: 1-0, min.1: Miro; 2-0, min.15: Miro.
- Expulsión: Bichiño no min.75.
Puido adicar a vitoria o Ameixenda a Chucho, o xogador ceense que se ten que operar hoxe mesmo do xeonllo. E o fixo nun partido sen moita intensidade, cun Ameixenda con gañas de gañar e un Baíñas sen demasiada tensión, pensando máis na Copa.
Os ceenses aproveitaron os tempraneiros regalos da defensa vimiancesa para que Miro metese os dous tantos. O Baíñas protestou un gol anulado co 1-0 a Taski que puido cambiar o rumbo do partido, pero a vitoria local foi xusta.
Nantón - Castrelo (1-1)
- NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Cachi, Iván. Tamén xogaron: Dani, Dani Costa, Carlos Santos e Rubén.
- CASTRELO: Iván, Mario, Marcos, Manolo, Estebo, Luís, Litos (Edreira, min.46), Conexo, Gua, Gus, Germán, Sergio Vilaseco (Kevin, min.85).
- Goles: 1-0, min.18: Luís a centro de Cachi; 1-1, min.85: Germán de cabeza a un córner botado por Sergio Vilaseco.
Mal partido do Nantón que non foi quen de superar ó Castrelo a pesares de adiantarse no marcador no minuto 18 por medio de Luís cun remate de cabeza a centro de Cachi. Ata ese momento non houbo xogadas relevantes por ningún dos dous bandos. A partir do gol o Nantón relaxouse e acomodouse ó xogo pausado do Castrelo. No minuto 25 o árbitro anulou un gol a Luís tras outro preciso centro de Cachi a pesares de que o dianteiro do Nantón se atopaba en posición correcta.
O Castrelo foise estirando e no minuto 38 Sergio Vilaseco trenza unha boa xogada que remata con forte disparo dende fóra da área. O balón estrélase no pau e posteriormente rebota na cabeza de Bonano saíndo por liña de fondo. O remate do córner posterior foi sacado baixo paus por David.
Na segunda parte máis do mesmo. O Nantón creaba algunha clara ocasión pero sen sensación de dominio e o Castrelo aguantaba ben e deixaba pasar os minutos sen encaixar máis. Así no minuto 46 Iván recibe en área pequena un centro de Luís pero o seu remate atállao Iván, o porteiro do Castrelo.
Pero as ocasións máis claras viñeron no tramo final. No minuto 68 Luís recibe en solo en tres cuartos e plántase diante de Iván que desbarata unha clara ocasión detendo o disparo. No 79 Félix remata de cabeza e o balón estrélase no poste. No 83 outra vez Iván volve a deter un man a man con Luís. O Nantón perdoou e o Castrelo aproveitou a ocasión. Así no minuto 85 tras un saque de esquina Germán empata o partido cun remate ante o que nada pode facer Bonano.
Xaviña - Corcoesto (3-0)
- XAVIÑA: Juan, Rodrigo, Gatusso, Ángel, Esteban, Ghallegho, Carlos, Elvis, Correos (Beto, min.65), Juan Antonio (Felipe, min.55), Borja.
- CORCOESTO: Luís, Sergio, Edelmiro, Germán, Pablo, Xabi, Uru, Héctor, Couto, Javi, Pichuco.
- Goles: 1-0, min.25: Borja; 2-0, min.65: Felipe á contra; 3-0, min.85: Borja de penalti.
Chegaba o Corcoesto con 11 xustos a Camariñas e pagouno caro. A primeira metade foi máis igualada, cun Xaviña máis efectivo que o Corcoesto, que fallaba un penalti aos 10 minutos por medio de Héctor e un man a man de Javi. Na segunda comezou o Corcoesto algo forte pero o cansanzo fixo mella e o Xaviña sentenciou á contra e de penalti.
Alcaián - Muxía (0-3)
- ALCAIÁN: Fernando, Iván,Diego, Lino, Marcos, Dani, David, Daviciño, Facal, Corral, Marqués.
- MUXÍA: Ángel Luís, Martinciño, Ruso, Luís Romaní, Ángel do Claudio, Juan, Santi Papi, Casais (Pescadito, min.65), Carrera (Castreje, min.50), Dimas, Pardelo.
- Goles: 0-1, min.20: Pardelo; 0-2, min.65: Dimas; 0-3, min.80: Pesqui.
Moi bo partido do Muxía, que chegaba con baixas pero que foi superiro a un Alcaián que non estivo fino e ademais chegaba tamén moi curto de efectivos. Foi un choque con moito balón directo O Alcaián só tivo unha ocasión co 0-1 pero despois desapareceu.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Cee despídese do ascenso e os de abaixo rezan contra os arrastres.
- 1ª Autonómica: Ao borde do abismo.
- Preferente: Pasando xornadas.
- Resultados e análise da xornada da última fin de semana de abril.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).