Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O IDC pasa unha das probas de lume

3ª Autonómica: O IDC pasa unha das probas de lume

Seguen sen fallar os de arriba. O líder recibía a un Lira con só 9 xogadores e o seu partido tivo que suspenderse no descanso pois quedaba sen efectivos suficientes por lesións.
Detrás segue o IDC que pasou unha gran proba de lume ante un dos equipos que mellor xogan da categoría, o Soneira B. Ademais, o Camelle vencía a un Nantón sen sorte e se mantén moi preto desas dúas prazas de ascenso directo.

Completan as 6 prazas o Cerqueda, que non pasaba do empate ante un bo Xaviña, o propio filial soneirán e o propio Lira, que saca agora 1 só punto ao Ameixenda, que vencía ao Castrelo.

Soneira B - Indep. Carballo (1-2)

O IDC pasou unha proba importante ante o Soneira B
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Alberto, Chuchi, Curra, Quilmes (Borja, min.75), Cristian Canosa (Pichón, min.80), Cristian Figueroa, Chino (Félix, min.80), Richi e Wii (Pablo Santacristiña, min.65).
  • IDC: Iván, Dani, Scott, Castro, Joni, Carlos, Michel (Brais, min.80), Ivi (Velo, min.46), Benítez, Juni (Moreno, min.60), Mario (Adrián, min.70).
  • Goles: 0-1, min.25: Benítez; 0-2, min.80: Míchel; 1-2, min.94: Castro en propia porta.
  • Expulsión: Velo mo min.50

Recupera o Independiente a senda da vitoria pero non tanto o bo xogo de comezo de tempada. Foi o filial Soneira o que levou o peso do partido demostrando que é un dos equipos que mellor fútbol practica da categoría. Pero demasiados riscos correron os de José Ángel e acabaron pagando a inexperiencia.

O IDC buscaba as contras e xa dende o comezo facía máis dano na área rival. Juni fallaba un man a man aos 5 minutos e Benítez abría o marcador no ecuador do primeiro tempo.

O segundo tempo comezaba co mesmo guión, un filial combinando e un IDC chegando con perigo, como as ocasións de Juny. Pero quedaba con 10 o cadro de Da Silva e tivo que meterse máis atrás. Un Da Silva que nun lance do choque deixou un mal comentario, polo que o míster carballés quere pedir desculpas publicamente, segundo el mesmo nos comunicaba.

Despois chegaría o gol da tranquilidade por medio de Míchel, e xa co tempo cumplido, e o Soneira volcado, un gol en propia meta que non cambiou as tornas.

Soneira B-Independiente de Carballo

Ameixenda- Castrelo (5-1)

  • AMEIXENDA: Sergio, Álvaro (Javichu, min.46), Grille (Rodrigo, min.85), Alejandro, Bichiño, Mateo, Jorge (Jose, min.82), Diego (Mito, min.68), Rioliño, Borja, Demetrio (Alberto, min.57).
  • CASTRELO: Dieguiño, Mario, Felipe (Kevin, min.70), Gustavo, Estebo, Insua (Edreira, min.46), Litos, Sergio Vilaseco, David (Bolli, min.80), Ismael, Germán.
  • Goles: 0-1, min.10: Ismael; 1-1, min.40: Borja; 2-1, min.50: Jorge; 3-1, min.60: Borja; 4-1, min.82: Rioliño; 5-1, min.90: Borja.
  • Lesión: o vimiancés Felipe.

Chegaba o Castrelo con moitos problemas, e cun xogador de campo, Dieguiño, tendo que poñerse de porteiro. Aínda así comezaba xogando ben e marcando por medio de Ismael. Non pasaran 10 minutos e Ismale volvía marcar pero o colexiado sinalaba perigo nun balón dividido co meta local anulando o gol.

O Castrelo seguía xogando ben, pero o Ameixenda empataba antes do descanso, e a moral dos vimianceses minguou. E na segunda metade, un erro defensivo, gol en contra e o clásico baixón un equipo afundido. Así e todo, non decae a ilusión neste ano de debut do Castrelo con Insua no banco e os adestramentos seguen sendo numerosos. Só poden mellorar!<7p>

Laxe - Muxía (0-3)

  • LAXE: Diego, Darío, Pailos, Jacinto, Aarón, Gora, Borja, Felipe, Samuel, Porteiro, Zurich. Tamén xogaron: Iván Vilanova, Antonio Naya, Mandi.
  • MUXÍA: Ángel Luís, Pesqui, Luís Romaní, Currás, Santi Papi, Julián, David, Juan, Casais (Javi, min.18) (Pardelo, min.80), Adrián Negro (Ruso, min.78), Sergio.
  • Goles: 1-0, min.15: David; 2-0, min.55: David; 3-0, min.85: David.
  • Lesión: o muxián Casais nunha deda do pé.

Vitoria merecida, por fin, do Muxía, que estiveron máis acertados que os locais. Foi unha primeira metade con algo de superiorade do Muxía pero despois puido empatar por dúas veces antes do descanso o Laxe. Fallaron varias ocasións claras Darío, dúas de Zuriche e unha de Felipe, e o partido quentouse lixeiramente antes de ir ao descanso.

Cos ánimos máis calmos comezou a segunda metade, e pronto xa marcou o segundo David, e malia que intentaron apretar os laxenses, o Muxía defendeu ben e mantivo a porta a cero.

David, co seu hattrick demostrou que esta Liga quédale corta tralo seu paso polo Cee, Camariñas…

Nantón - Camelle (0-2)

  • NANTÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Martín, Cachi, Amado (Rubén, min.75), Dani Costa (Luís, min.46), Carlos Vidal, Iván (Ernesto, min.24).
  • CAMELLE: Porrúa, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías, Jose (Tedín, min.67), Javi (Sergio, min.80), Nené (Varu, min,52), Mario, Miguel Riveiro, Barreiro (Coruña, min.82).
  • Goles: 0-1, min.24: Matías de penalti; 0-2, min.78: Barreiro nunha contra.
  • Expulsión: o porteiro Bonano no penalti min.24; e o porteiro Porrúa no min.55.

Partido moi igualado cun Camelle moi efectivo. Ata o penalti, xogada clave, estaba mellor o Nantón, que sen demasiadas ocasións, dominaba o tempo do partido, seguindo a liña dos anteriores choques. No minuto 2 chega a primeira ocasión do Nantón nas botas de Cachi primeiro, e de Dani Costa en segunda instancia. O balón vaise fora por pouco. No minuto 10 prodúcese unha das xogadas clave do partido: Iván intérnase na área co balón e plántase diante do porteiro. Cando vai disparar e arrollado polo central do Camelle. O árbitro non pita penalti ante as protestas do Nantón.
No minuto 23 chega a segunda xogada clave: balón colgado á espalda da defensa do Nantón que recibe o dianteiro do Camelle. Bonano sae, chega tarde e fai penalti. O árbitro sácalle vermella e expúlsao. O Camelle aproveita a ocasión e ponse por diante 0-1.

A partir dese momento o Nantón ten dificultades para facer circular o balón e o dominio do equipo local diminue. O Camelle tampouco arrisca e non crea ocasións.

Na segunda parte entra Luís no campo en sustitución de Dani Costa e ó pouco da reanudación o dianteiro xa fai lucirse ó porteiro do Camelle nunha falta que desvía a corner. No minuto 57 o mesmo Porrúa é expulsado tras derribar a Luís ó borde da área na liña de fondo, nunha decisión controvertida pois falta foi pero non é ocasión manifesta de gol. Métese Carlos de Dido de porteiro, unha garantía a deste lateral que baixo paos non o fai nada mal.

A partir de aquí as forzas igualanse e o Nantón empuxa máis, aínda que sen moito xogo. No minuto 78 Luís erra un claro man a man co porteiro cando tiña toda a portería para el, e 2 minutos despois Bareirro fai o 0-2 nunha contra. Os locais reclamaron fóra de xogo na xogada. No 84 Carlos Vidal desaproveita unha clara ocasión mandando un remate de cabeza fora cando estaba totalmente solo no segundo pau.3 minutos despois, outra vez Carlos Vidal estrella o balón no longueiro despois de que o toque o porteiro. No minuto 90 Cachi manda o balón ó pau despois dunha xogada persoal.

O partido serviu para a reaparición despois de máis dun ano de Víctor Amado. O mediocentro do Nantón sufrira unha fractura de peroné no segundo partido da temporada pasada en Fisterra.

Porteño - Lira (3-0)*

O Porteño segue implacabale-Foto- Manuel Caamaño
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Iago, Asier, Sestayo, David Toja, Ismael, Brais Grela, Mario Toja, Búa, Yuyo.
  • LIRA: Miguel Anxo, Suso Patachín, CrIstian, Isma, Xabi, Oliver, Suso Perico e Fran Perico.
  • Goles: 1-0, min.20: David Toja; 2-0, min.35: Brais Grela; 3-0, min.40: Pejo.
  • Lesionados: os lirachos Miguel Anxo, cunha escordadura de nocello; Fran Perico á media hora con mareos por gastroenterite e no descanso Isma.

Choque suspendido no descanso pois o Lira quedou sen efectivos sobre o céspede. Un Lira que xa se presentaba só con 9 xogadores na Grixa unha vez que tiñan 4 baixas por traballo e 9 lesionados, varios por gastroenterite. E por se fóra pouco, 3 tiñan que deixar o campo dúas lesións e uns mareos por enfermidade.

No deportivo foi un partido sen historia, co Lira armado atrás buscando algún balón longo a Oliver, que trala lesión de Miguel Anxo tivo que colocarse de porteiro. Se ben as duas primeiras ocasións foron para os vistantes, os de Gerpe, que saíron algo relaxados, pouco a pouco foron abrindo ocos ata que David Toja abriu a lata, Brais Grela aumentou e Pejo certificou o 3º antes do descanso.

A ver que decide o Comité este mércores sobre a continuidade do partido, pero a vitoria do líder parece certificada.

Coristanco - Fisterra B (1-1)

  • CORISTANCO: Brais, Rubén, Iván, Jonathan, Torreira, Damián, Magovi (Navarro, min.46), Marcos, Martínez (Cristian, min.60), Gonzalo, Cancela.
  • FISTERRA B: David, Didier (Noé, min.50) (Adrián, min.70), Jorge, Juan, Sheg, Estrella, Dudo, Rivas, Iago, Pana, Manute.
  • Goles: 0-1, min.20: Iago tras un rebote; 1-1, min.87: Gonzalo nun córner.
  • Expulsión: Goyeneche expulsou ó fisterrán Sheg no min.75. e ao adestrador local Rochichiolli.
  • Lesión: Noé.

Empate que sabe a vitoria en Coristanco, que tras unha pequena revolución no vestiario, conseguiu empatar no último instante cun equipo cheo de xuvenís, que a base de brega demostraron a súa valía.

Comezaba o Fisterra controlando o balón, e Iago, tras un rebote, puña por diante aos de Borrasca e Pana. Na segunda o cadro local buscou a iniciativa sobre todo a base de balóns aéreos. Cristian de cabeza, e Gonzalo amenazaron en varias ocasión pero o gol do empate non chegou ata o último suspiro cando Gonzalo remacha un córner a gol.

7º empate este para o filial fisterrán, e varios recibidos nos últimos minutos. Mentres, por Coristanco, esperan que as augas se vaian calmando.

Alcaián - Corcoesto (3-1)

  • ALCAIÁN: Fernando, Jorge, Pombo, Marcos (Diego, min.75), David, Facal, Framil, Daviciño, Iván, Rubén, Marqués.
  • CORCOESTO: Anxo, Angel (Pablo, min.65), Germán, Edelmiro, Sergio, Pablo, Aitor (Pichuco, min.55), Xabi (Couto, min.75), Alberto (Martín, min.60), Rodri, Josiño.
  • Goles: 1-0, min.10: Marqués roubou tras un pase atrás da defensa; 2-0, min.30: Marqués; 2-1, min.40: Edelmiro cun golazo dende case o medio campo; 3-1, min.65: Marqués nunha contra.
  • Lesión: o visitante Aitor cunha dura lesión no xeonllo.

Bo partido do Alcaián ante un Corcoesto que non tivo o seu día. O Alcaián soubo ler mellor o partido, un partido de choque e aproveitou as ocasións. Apretou o Corcoesto ao principio pero un regalou deixou só a Marqués que permitiu que o cadro local fixese o seu partido.

Gardou a roupa o Alcaián, que mantivo ao Corcoesto sen achegarse e buscou contras con balóns longos. Marqués facía o segundo para os locais, pero Edelmiro, co golazo da xornada, reducía distancias antes do descanso. O Corcoesto buscou o empate no segundo tempo ante un ben armado Alcaián, pero non tivo ocasións claras máis que varios lanzamentos dende fóra da área, e o cadro local non viu perigrar o resultado. O propio Marqués completaba o seu hat trick nunha contra.

Xaviña - Cerqueda (1-1)

  • XAVIÑA: Lalá, Chiriví, Galego, Esteban, Juan Antonio, Gatusso, Pirucho, Pequenao (Caamaño, min.55), Frutos, Bieito, Rodrigo.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Pablo, Javi, David (You, min.30), Dani, Manu, Javi Pazos, Lorenzo, Diegueito, Iván Ponte (Juanjo, min.43).
  • Goles: 1-0, min.10: Javi á saída dun córner; 1-1, min.75: Caamaño peiteando lixeiramente unha falta lateral de Pirucho que ía a gol.
  • Lesións: o visitante David no nocello.

Mal partido no Hermanas Patiño, sen demasiado xogo e sen apenas ocasiós que remataba cun xusto empate.
O Cerqueda marcou pronto pero non conseguía dominar e o empate rondou a meta visitante todo o partido. Bieito, Frutos e Caamaño tiveron boas ocasións para empatar, pero a pesar da brega amosada polos de Pirucho, o empate non chegaría ata o min.75, cando unha boa falta lateral botada por Pirucho, era lixeiramente peiteada por Caamaño e se colaba na meta de Rubén.

O partido morría pero xa case que co tempo cumplido, dúas contras do Xaviña puideron supoñer a vitoria local pero os dous pases da morte de Bieito que chegaba ata liña de fondo non atoparon rematador.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios