Mércores. 09.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Seguen vivas as loitas polo liderato e pola 6ª praza

3ª Autonómica: Seguen vivas as loitas polo liderato e pola 6ª praza

Puido o Outes sacarlle o liderado ao Carnota que cumplía a xornada de descanso, pero os de Volantes fixéronlle un favor aos de Carnota arrincándolle un empate aos de Manu Roque que non souberon matar o encontro na segunda metade sendo dominadores do xogo.
Pola súa banda, o Cabana segue en racha negativa e semella que o seu posto será o terceiro.
O resto de postos de playoff están moi vivos e máis trala derrota do Coristanco a mans dun Porteño que segue con esperanza de atacar ao 6º posto aínda que o ten bastante complicado, están a 8 puntos desa 6ª praza, pero cun partido de menos e cun calendario bastante asequible. Dende o Cerqueda (4º) ata o Volantes (7º) tan só hai 2 puntos, aínda que os de Malpica teñen un encontro menos. Faltan cinco xornadas e a loita vai ser moi entretida por saber quen se mete entre os seis primeiros.

Volantes - Outes (1-1)

  • VOLANTES: Iago, Fran, Paquy (Javi, min.46), Juan, Josiño, Brais, Nimo, Ramón (Pardelo, min.85), Seluco, Ivi (Maikel, min.70) e Edu.
  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Chúa, Lago, David, Arturo (Lass, min.81), Fabio, Kin, Pesco e Fernando (Damián, min.71).
  • Goles: 1-0, min.35: Brais, de penalti; 1-1, min.51: Fabio.
  • Expulsión: O local Brais (min.86) por dobre cartón amarelo.
Partido xogado nun ambiente moi bonito, numeroso público e moi hermanado. O bo ambiente foi dentro e fóra do campo e ao final un empate xusto. Os de Baño levaron a iniciativa na primeira metade onde Ivi, en dúas ocasións, e Seluco puideron adiantar aos locais. Quen o faría sería Brais ao materializar un penalti feito por Gato sobre Seluco. Na segunda metade o partido cambiou de cor, os de Outes levaron a iniciativa que se ía acentuando co paso dos minutos polo desgaste físico dos locais. Un pase atrás de Fernando foi aproveitado por Fabio ao pouco de comezar a segunda metade, pero non foron capaces os xogadores de Manu Roque de materializar máis ocasións de gol que tiveron.

Lira - Camelle (2-0)

  • LIRA: Santi, Oscar, Miche, Pelexo, Fran, Iago, Suso Perico, Gabri, Ancho, Suso Patachín e Fran Perico.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René (Diego, min.70), Valiña, Jose (Juan Rubén, min.80), Sergio (Alvaro Tousón, min.75), Mario e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.60: Fran Perico; 2-0, min.72: Iago.
  • Expulsión: Suso Perico (min.89) por dobre cartón amarelo.
Mal partido de parte a parte, pouco ritmo e poucas ocasións. O mellor acerto dos locais foi decisivo para darlle os tres puntos aos lirachos que lle serve para escalar un posto na clasificación a costa do rival do sábado.

Cabana – Independiente (2-3)

  • CABANA: Añón, Jose, David, Pancho, Marcos, Sandro, Fran Martuxa, Josiño, Fernando (Eloi Pereira, min.55), Rubén Rama e Nando.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Rubén, Carlos, Gustavo (Iván Lorenzo, min.80), Héctor (Scot, min.60), Dani, Brais (Toni, min.46), Roberto Sande (Rafa, min.68), Jorge e Ivi (Efren, min.65).
  • Goles: 0-1, min.65: Dani; 0-2, min.70: Scot; 1-2, min.75: Fran Martuxa; 2-2, min.85: Josiño; 2-3, min.93: Jorge.
Mereceu algo máis o Cabana que dominou o encontro e tivo ocasións boas de gol, pero nos minutos finais a fortuna aliouse cos visitantes que seguen nunha racha moi positiva de resultados e de bo xogo. Na primeira metade non houbo goles, pero os locais lanzaron unha falta ao longueiro. Na segunda metade chegaron os cinco goles nos últimos vinte e cinco minutos. Os de Carballo puxéronse por diante por medio de Dani que remataba maxistralmente de cabeza un corner. Pouco despois Scot materializaba unha contra para poñerse cunha renda de dous goles que sería neutralizada polos cabaneses por medio de Fran Martuxa primeiro cun córner e logo Josiño. Xa en tempo de desconto Jorge marcaba dun libre indirecto dende dentro da área grande que lle toca e marca rasa polo pau longo do porteiro.

Muxía - Cerqueda (0-4)

  • MUXIA: Angel Luís (Jose antonio, min.46), Carrera (Felipe, min.59), Martinciño, Pataca, Currás, Angel do Claudio, Raúl (Arxires, min.46), Jose Manuel, Pesqui, Juan do Coral e Julián.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Cota, Dani, Javi, Manu (You, min.63), Maikel, Dieguito, Dani Añón (Juanjo, min.56), Lorenzo e Alex.
  • Goles: 0-1, min.20: Alex; 0-2, min.30: Alex; 0-3, min.48: Alex; 0-4, min.54: Alex.
O Muxía tan só fixo algo de fronte durante os primeiros vinte minutos, dende que encaixaron o primeiro gol viñéronse abaixo e os visitantes xogaron a pracer, cun Alex en estado de graza que marcou os catro goles do seu equipo. Na segunda metade a goleada aínda puido ser maior.

Atl. Pereiriña - Alcaián (4-0)

  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Javichu, Mateo, Simón, Alvaro Fiuza, Poqui, Adán, Morcillo, Javier (Víctor, min.60) e Rafa.
  • ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Nando, Dani, Pombo, Victor Pazos, Daviciño, Victor Freire, Framil (Souto, min.70), Tote e Portillo.
  • Goles: 1-0, min.25: Rafa; 2-0, min.35: Adán; 3-0, min.70: Morcillo; 4-0, min.85: Víctor.

Partido no que os dous equipos chegaban curtos de efectivos. A primeira parte do partido dominou o Pereiriña e aproveitou as ocasións que tivo para chegar o descanso co marcador a favor 3-0. Os locais xogaron un dos mellores encontros da tempada, sobre todo na primeira metade.

Na segunda parte o Alcaián cambioulle a cara ao encontro pero non dou materializado as ocasións de gol que tivo para tentar pórse no encontro e o final o Pereiriña matou o partido nun gol a balón parado que facía o 4-0 e daba por rematado o encontro.

Laxe - Fisterra B (4-1)

  • LAXE: Illote, López, Antonio, Iván, Rellán (Iván Ferreiro, min.69), Roi, Aarón, Darío, Borja (Jacinto, min.65), Manuel e Zúrich.
  • FISTERRA B: David, Juanjete, Pablo, Santi, Dani, Gabi, José Anchoa, Eloy (Crivillé, min.77), Insua (Diego, min.23), Carta e Carlos.
  • Goles: 1-0, min.2: Manuel; 1-1, min.10: Carlos; 2-1, min.40: Zúrich; 3-1, min.45: Zúrich; 4-1, min.76: Zúrich.

O Laxe aumentou a diferenza clasificatoria respecto ao Fisterra B por obra e gracia de Zúrich, o seu xogador máis decisivo, autor dun relucente ‘hat-trick’ no duelo de Cabo d’Area. Non obstante, o filial do Fisterra, pese a dispoñer unicamente de 13 xogadores na convocatoria, chegou a empatar por medio de Carlos antes de cumprirse o primeiro cuarto de hora. O poder goleador de Zúrich quedou patente ao fío do descanso con dúas dianas e tamén como autor da sentencia a pouco da recta final. Marzo terminou de maneira inmellorable para o Laxe, que viña de imporse ao Camelle.

Coristanco - Porteño (0-1)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Marquiños (Sergio, min.70), Germán, Luís, Marcos, Torreira, Arantón, Carlos (Iván, min.46), Adrián (Mallón, min.60), Edgar e Pazos (Benitez, min.46).
  • PORTEÑO: Asiel, Brais, Piti, Iago Sestayo, Gabri, Oscar, Ismael, Cousillas, Brais Grela (Jimy, min.75), Jorgito e Iago (Tajes, min.70).
  • Gol: 0-1, min.30: Oscar.
Gran favor do Porteño aos equipos que están loitando polas prazas de promoción coa vitoria ante o Coristanco. Un solitario gol de Óscar a media hora de partido deulle os tres puntos ao equipo de Gerpe que pese a estar a 7 puntos dos postos de ascenso non vai dar por perdidas as opcións con 15 puntos en xogo e cun partido menos que os seus rivais directos. Os locais reclamaron a xogada do gol, pois estiman que houbo falta previa ao gol sobre un xogador local. Dous equipos cun xogo moi similar provocou que houbera moito control e desgaste defensivo e apenas ocasións de gol. O Coristanco apretou máis na reta final do encontro con balóns colgados, pero defendéronse ben os da Ponte.

Montelouro - Corcoesto (4-0)

  • MONTELOURO: Isma, Bolo, Alvaro, Gercía (Pablo, min.46), Jose, Chema (Edu, min.46), Denís, Raúl, Geiko (Canelo, min.80), Rico e Pesco (Jarondo, min.55).
  • CORCOESTO: Siro, Pichón, Rodri, Edelmiro, Germán, Manuel, Longo, Javi, Martín e Héctor.
  • Goles: 1-0, min.22: Rico; 2-0, min.60: Rico; 3-0, min.75: Jarondo; 4-0, min.80: Rico.
Mal partido de parte a parte, a inferioridade numérica dos visitantes durante os noventa minutos, tan só contaron con 10 efectivos e a posterior lesión de Germán foi aproveitada polo equipo local para golear na segunda metade. Rico volveu a ser determinante para os de Louro marcando 3 goles. Coa derrota do Coristanco e o empate do Volantes, o Montelouro volve a pórse nos postos de promoción de ascenso.

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios