Sábado. 21.09.2019
El tiempo

3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate

3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate

1 subcampión galego e 2 bronces foi o balance colleitado polo Club Taekwondo Arte e Movemento no Campionato Galego Infantil de Combate. Un balance máis que positivo unha vez que o clube da Costa da Morte acodía á cita esta pasada fin de semana en As Pontes con tan só 4 deportistas.

Así, o vimiancés Brais Castro acadou o subcampionato, mentres que o fisterrán Lois Benlloch e o carnotán Ismael Senande acadaron o bronce.

O seu entrenador Juan Carlos está moi satisfeito cos resultados. No que vai de temporada, o clube acadou 3 subcampionatos galegos e varios bronces.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios