Sábado. 12.10.2024
El tiempo

3 medallas para os Judokas de Bergantiños na Fase Norte do Campionato Galego

3 medallas para os Judokas de Bergantiños na Fase Norte do Campionato Galego
3 medallas para os Judokas de Bergantiños na Fase Norte do Campionato Galego Judokas do Club Judo Bergantinos no Campionato Galego

Esta pasada fin de semana celebrábase no Pavillón da Malata, en Ferrol, a fase Norte do Campionato galego de Judo. Houbo presencia bergantiñá, e con grandes resultados. Os Judokas do Judo Club Bergantiños colleitaron unha grandísima actuación conseguindo 3 medallas, 1 de prata e 2 de bronce.

O Judoka Martín Reis na categoría infantil de 66 kg colgouse a medalla de bronce. Na categoría cadete, Andrés Fariña conseguíu a medalla de prata en -46 kg. E Adriana Lema levou a medalla de bronce en 63 kg.

Como nos conta David Pérez Anido, Presidente do Judo Club Bergantiños, os tres judokas conseguiron a clasificación directa para a fase final do campionato Galego que terá lugar o 23 de abril na localidade pontevedresa de Marín. Deste campionato sairán os representantes da comunidade Galega para participar no Campionato de España o dia 7 e 8 de maio en Madrid.

Fonte

Comentarios